3.2.09

REUNION CONCELLEIRO URBANISMO








A Asocición Veciñal O Rosario-Inferniño pide ao edil de Urbanismo zonas peonís no barrio.




REDACCIÓN > FERROL

O concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, e a directiva da asociación veciñal O Rosario-Infeniño repasaron o pasado venres nunha reunión as actuacións que o Concello ten proxectadas nesta contorna.
Os veciños aproveitaron ademais o encontro para recordar ao edil socialista algunhas das súas demandas. Así, a entidade veciñal manifestou a súa satisfacción pola próxima urbanización da Rúa Alcalde Usero, á vez que instaron ao concelleiro a que reserve zonas peonís para a contorna comprendida entre este viario e a Praza do Inferniño.

Con respecto a esta praza, a AVV O Rosario recordou ao concelleiro a necesidade da súa remodelación, incluída unha nova PISTA POLIDEPORTIVA.

Ademais, piden un plan parcial que permita humanizar a contorna da PRAZA Río do Tronco e confían en que se desenvolva canto antes o prometido PARQUE URBANO -unha histórica demanda deste barrio- e a mellora da Rúa río Xuvia, na que recentemente se demoleron tres antigas casas que a convertían nun tapón urbanístico.
Mato, por outra banda, transmitiulles a estes responsables veciñais que acaba de adxudicar actuacións en cinco espazos que representan a confluencia dunha ducia de rúas.

Para rematar, pediron a adecuación de local cedido na avenida de Viveiro polo Concello para poder desempeñar a súa actividade.

Diario de Ferrol.-


----------------------------------------------------------------------------------------------



O Concello cederá un local na avenida de Viveiro á asociación do Rosario-Inferniño

O concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, anunciou á directiva da asociación veciñal O Rosario-Inferniño a disposición do goberno local a cederlles un local na rúa Viveiro.

Segundo explicou a directiva da entidade, a decisión aínda deberá ser aprobada pola xunta de goberno local. Ademais, os directivos solicitaron que se garantan as condicións de habitabilidade do local, que está en situación de «bastante abandono e que precisa obras».
A entidade valorou o proxecto de pista polideportiva na Praza do Inferniño, aínda que continúa solicitando unha remodelación «importante» dese espazo.

Ademais, a asociación solicitou que se interveña canto antes na rúa Río Xuvia e que se recupere o humidal desa zona. Tamén mostraron o seu respaldo ao proxecto de Urbanismo para reformar a Rúa Alcalde Usero e cinco pequenas prazas en todo o barrio do Inferniño.


http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/02/03/0003_7502792.htm?idioma=galego

La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: