20.6.08

COMUNICADO DE PRENSA- NOVA DIRECTIVA





COMUNICADO DE PRENSA.


A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, comunicamos que o pasado día 13 de Xuño á tarde, celebramos unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA no salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO co fin de elixir unha nova XUNTA DIRECTIVA.

Cabe destacar desta nova xunta directiva unha MAIOR PRESENZA DE MULLERES PARA MPULSAR ESTA ASOCIACIÓN VECIÑAL cuns novos folgos e ánimos, DEMANDANDO DO CONCELLO UNHA MAIOR PROGRAMACION CULTURAL A TODOS OS NIVEIS E CONVIDANDO A VECIÑANZA A UNHA MAIOR PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN SOCIAL .

Como primeira decisión, esta asociación crea a VOCALIA DE MULLER que servirá como mecanismo impulsor e dunha maior participación das mulleres deste barrio do Inferniño para tratar súas demandas a través de Foros femininos ou actuacións que involucren a súa participación.

Pola cantidade de poboación que existe neste barrio, cremos que necesita unha maior oferta de actividade cultural aos nosos soci@s e veciñ@s que pensamos ofertar de xeito inmediato pedindo ao Concello toda a colaboración e axuda necesaria en igualdade de condicións que outras entidades.

Continuaremos coas nosas principais reivindicacións do barrio, que daremos a coñecer en posteriores comunicados despois de trasladar aos responsables municipais nosas demandas.


Ferrol a 19 de Xuño de 2008.


A PRESIDENTA O SECRETARIO


Asdo. Ana Jesús LÓPEZ DÍAZ asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

No hay comentarios: