20.6.08

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA-



Convocatoria ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

13 de XUÑO de 2008.

Benqueridos SOCIOS/AS :


A XUNTA DIRECTIVA CONVOCAVOS a unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA para o día 13 de XUÑO, Venres, ás 19, 30 horas en primeira convocatoria e ás 20, 00 horas na segunda, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

En relación con esta CONVOCATORIA, esta se fundamenta nas competencias propias da ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que no seu ARTIGO 27 , letra b), de nosos Estatutos entre outros di :
- Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que da Xunta Directiva.
As CANDIDATURAS poderanse presentar ate ás 19,30 horas do mesmo día 13 de xuño, cerrado este prazo a MESA procederá a comprobar que se cumpren todos os dereitos e as obrigas estatuarios.
O presidente, conforme aos estatutos, Art. 32. a), informará á ASEMBLEA do proceso de aceptación de candidaturas para conformar unha Xunta Directiva, Art.18.
Terán dereito a VOTO OS/AS SOCIOS/AS FUNDADORES e NUMERARIOS, admitidos pola Xunta Directiva e que estean ao día nas súas COTAS.


Orde do día


Punto 1 .- Motivacións da ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.

“ 2 .- Elección da Xunta Directiva.

“ 3 .- Rogos e preguntas.


Ferrol a 30 de Maio de 2008.


O Presidente / O Secretario




Asdo. Xosé M. SANXOAN CAAMAÑO / Asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO

No hay comentarios: