29.9.07

REUNION CO CONCELLEIRO DE PATRIMONIO E FACENDA I

Vecinos do Ensanche ,-O Rosario-Inferniño, esixen que se regule a actividade do Feirón do Inferniño

Representantes da Asociación Veciñal O Rosario-O Inferniño entrevistáronse o mércores, no Concello, co concelleiro delegado de Facenda e Patrimonio, Ramón Veloso, ao que trasladaron a esixencia de que se regule a actividade do Feirón do Inferniño.

«Achegamos ao concelleiro -explicaron onte- a preocupación dá veciñanza» pola «mala xestión do Feirón do Inferniño, presentado un dossier fotográfico onde obsérvase como os furgóns e todo tipo de vehículos invaden e ocupan os espazos públicos destinados para os viandantes, como as beirarrúas, a praza do Inferniño e a pista deportiva, ademais dous accesos peatonais».

Os representantes veciñais recordan que xa tramitaran varias denuncias «ante os anteriores responsables municipais», nas que sinalaban, segundo eles mesmos recordan, que «a Asociación de Veciños do Ensanche A era responsable dunha mala xestión e control do feirón», e o carácter «irregular» dos cobros «nos diferentes postos».

Neste sentido, apuntan, ademais, que «o silencio do executivo local» levounos a «presentar denuncia ante o fiscal, aceptada en breve prazo no xulgado».
Din, para rematar, que o novo Goberno local comprometeuse a «facerse cargo do feirón a partir de xaneiro».

La Voz de Galicia .-

No hay comentarios: