24.9.07

MANIFESTO CONTRA A PLANTA DE GAS.-









Celebrado no Campus de Esteiro o Acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol
Acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse hoxe sabado 22 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do Vicerreitorado do Campus Universitario de Ferrol, o acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro.

Foi presentado polos membros do CCE:Eliseo Zaera, Lupe Ces, Rosa Méndez, Luz Marina Torrente e Carmelo Teixeiro, que desenvolveron nas súas intervencións os tres puntos do manifesto:

1. A nosa petición de que sexan retiradas toda as denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

3. O noso apoio á MANIFESTACIÓN que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

Explicando tamén os pormenores da organización da Manifestación que se celebrará en Ferrol o domingo, 30 de Setiembre e invitando a toda Galicia á participación.

Tras a lectura do nome dos 200 intelectuais e artistas que xa asinaron o seu apoio a este manifesto, púxose fin ó acto coa firma simbólica dos presentes.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Plataforma Ártabra21 .-

No hay comentarios: