PARQUE URBANO PALCO DE ANIMAS
- CONCURSO -                                  
A ASOCIACION VECIÑAL  O ROSARIO- INFERNIÑO , a proposta de persoal técnico e analizados os argumentos e diferentes proxectos para este lugar, queremos manifestar que se cumpra estritamente o Plano Xeral de Ordenación Urbano de Ferrol, presentando unha serie de recomendacións complementarias para que este PARQUE URBANO dispoña de todos os elementos necesarios propios os fins deste entorno , dando a este proxecto unha prioridade de Especial relevancia para o barrio.
   1º .- Conexións mediante pasos de cebra investidos e outras medidas das illas verdes, primando sempre a circulación peonil á rodada.
   2º .- Conexión no espazo , unificar as illas en todos os eixes, unificándoas e xerando un único equipamento, integrando nas propostas o edificio existente.
   3º .- Contemplar a posibilidade de cubrir a vía e desenrolar o equipamento ata a propia estación de tren.
   4º .- Convocatoria dun CONCURSO DE IDEAS a nivel estudante e profesional .
   5º .- Levantamento topográfico do entorno para facilitar o traballo do concurso.
   6º .- Vincular á información pública  na páxina do Concello.
   7º .- Redacción das BASES do CONCURSO por técnicos e integrantes do tribunal.
   8º .- Un tribunal conformado por maioría de técnicos/as arquitectos/as, urbanistas, ademais da pluralidade política- social.
   9º .- Divulgación do CONCURSO en Escolas e Colexios de Arquitectos.
Ferrol a 1 Febreiro de 2007.
asdo. Xosé M. Sanxoán .- Presidente     /   asdo. Pedro Cachaza - Secretario
- Sr. Concelleiro - Delegado de Obras .-
- Sr. Concelleiro - Delegado de Urbanismo .-
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario