"Ferrol coas Irmandades da Fala" sábados de abril.-
      
                                                    
                                                    
                                                    
                        
                      
                    
O Concello                                                          celebra o                                                          centenario da                                                          Irmandades da                                                          Fala de Ferrol                                                          (1917-2017) cun                                                          roteiro todos os                                                          sábados de abril                                                          para divulgar a                                                          memoria da                                                          cidade e                                                          recuperar a súa                                                          autoestima                                                     
O Concello de                                                      Ferrol anima á                                                      cidadanía a                                                      participar nesta                                                      ruta urbana que                                                      comeza este sábado 1                                                      de abril ás 17 horas                                                      desde a praza de                                                      Amboaxe. Repetirase                                                      todos os sábados de                                                      abril (1, 8, 15, 22,                                                      29). "Ferrol coas                                                      Irmandades da Fala"                                                      está deseñado en                                                      sete paradas que                                                      veñen resumidas                                                      nunha pequena                                                      publicación                                                      realizada para o                                                      evento. Trátase,                                                      deste xeito, de                                                      contribuír desde o                                                      concello á                                                      celebración dos 100                                                      anos das Irmandades                                                      da Fala e pór en                                                      valor a cidade e o                                                      papel ás veces                                                      descoñecido, pero                                                      ben importante, que                                                      tivo Ferrol no seu                                                      nacemento. Foi un 15                                                      de abril de 1917                                                      cando se funda a                                                      Irmandade da Fala de                                                      Ferrol. O Concello                                                      quere converter este                                                      abril de 2017 no mes                                                      das Irmandades.
-                                                         No uso do galego latexa a nosa liberdade. Nesta parada inicial reivindícase a primeira vez que se usou a lingua galega de forma íntegra en Ferrol nun acto público. Foi o 11 de Febreiro de 1917 no Salón Amboaxe, un antigo cine situado no colexio dos Mercedarios. Pronunciounas Antón Vilar Ponte. O 15 de Abril dese mesmo ano, logo deste acto, fican constituidas as Irmandades de Ferrol, con Xaime Quintanilla como conselleiro primeiro.
 -                                                         Xaime Quintanilla, irmán da fala. A segunda parada do roteiro reivindica o papel do ex alcalde como principal dinamizador das Irmandades na cidade e fundador da editora Céltiga. Lémbrase, por tanto, a súa casa como punto de encontro da intelectualidade ferrolá, onde mantiña un faladoiro no que participou o propio Carvalho Calero.
 - Toxos e Froles, fachenda das nosas raíces. Malia que semelle todo dito sobre o coro, cómpre facer fincapé en que é pioneiro como coro do proletariado e na incorporación da muller ao mesmo, no período 1020-1923, durante o que ingresaron cinco mulleres, entre elas a actriz Pilar Suárez.
 - El Correo Gallego contra o galego. Desde a Rúa Real 181, o director de El Correo Gallego bufaba contra as Irmandades. O xornal chegou a publicar que «defender os intereses galegos era un crime de lesa patria». Coa lingua por bandeira, porén, inaugurouse o primeiro local das Irmandades de Ferrol na rúa Rúal o 13 de decembro de 1917.
 - En Ferrol naceu a primeira editora en galego. A Irmandade da Fala fundou Céltiga, o primeiro proxecto editorial no noso idioma. Na súa colección apareceron trece títulos que combinaban os autores da cidade con outros de relevancia no ámbito galego como Castelao.
 - A Capela Sisitina Galega Bello Piñeiro asina o conxunto mural co que se inaugura o Casino de Ferrol (1925). Unha creación de cento cinco metros cadrados ao que se lle chama a Capela Sistina Galega malia ser pouco coñecida para o público en xeral, incluso nestes tempos nos que a pintura mural está a ter un grande protagonismo social e cultural en case todas as grandes vilas e cidades.
 - Un teatro para facer país. O teatro Jofre convértese no epicentro do teatro galego. É neste escenario onde se estrean as obras máis importantes das Irmandades da Fala, entre elas: Donosiña, de Xaime Quintanilla, que xa en 1920 tentaba rachar tabús abordando o tema do adulterio feminino.
 
Todos                                                        os sábados de                                                        abril ás 17.00h                                                     
Praza                                                        de Amboaxe
Inscricións                                                        698 157 414
      
No hay comentarios:
Publicar un comentario