20.2.16

Queixas peches Biblioteca Inferniño

    

 

 

A A.V. O Rosario-Inferniño reclama a apertura

 "permanente" da biblioteca do C. Cultural

   "Carvalho Calero"

 Actualizado 18 Febreiro 2016 -                                


                                           
Interior del centro cultural Carvalho Calero jorge meis
 Interior do centro cultural Carvalho Calero.
 jorge meis
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño descalificou onte a "falta de resposta" por parte das concellarías de Cultura e Persoal do Concello de Ferrol ante as súas demandas de garantir a apertura "permanente" da biblioteca do centro cultural Carvalho Calero.
 O colectivo expresou a súa "decepción ante a falta de resposta municipal caro a un bo funcionamento de apertura diaria" das instalacións, sobre todo "sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta dos estudantes".
Neste sentido, reclamou unha vez máis a adoción de medidas por parte do goberno municipal para garantir a prestación, o que supon dotar de consignación orzamentaria as necesidades de personal cualificado para atender as instalacións.

 Segundo lembra o colectivo, son precisamente estas carencias o que  derivou os continuados peches da biblioteca, unha cuestión que preocupa ao colectivo veciñal e que reiteradamente chega aos responsables municipales.


 
 
                                                

- Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: