A A.V. O Rosario-Inferniño reclama a apertura
"permanente" da biblioteca do C. Cultural
"Carvalho Calero"
Actualizado 18 Febreiro 2016 -

Interior do centro cultural Carvalho Calero.
jorge meis
jorge meis
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño descalificou onte a "falta de resposta" por parte das concellarías de Cultura e Persoal do Concello de Ferrol ante as súas demandas de garantir a apertura "permanente" da biblioteca do centro cultural Carvalho Calero.
O colectivo expresou a súa "decepción ante a falta de resposta municipal caro a un bo funcionamento de apertura diaria" das instalacións, sobre todo "sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta dos estudantes".

Neste sentido, reclamou unha vez máis a adoción de medidas por parte do goberno municipal para garantir a prestación, o que supon dotar de consignación orzamentaria as necesidades de personal cualificado para atender as instalacións.
Segundo lembra o colectivo, son precisamente estas carencias o que derivou os continuados peches da biblioteca, unha cuestión que preocupa ao colectivo veciñal e que reiteradamente chega aos responsables municipales.