BIBLIOTECA INFERNIÑO – 
             C.C. MUNICIPAL CARVALHO  CALERO
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, denunciamos, unha vez  máis, os continuos PECHES da BIBLIOTECA  do Centro Cultural  Municipal CARVALHO CALERO.
    Expresamos  a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a  un bo funcionamento de apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural  Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima  prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes.
              Parécenos moi grave a falta de resposta das  concellarías municipais de Cultura e   
        Persoal ante a obriga de dar  solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar  
        este referente  cultural.
   Esta Xunta directiva da A. Veciñal O  Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA, ampliando horarios de fin de  semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as en xeral.
Por todo isto, pedimos a APERTURA da BIBLIOTECA  MUNICIPAL do INFERNIÑO, acompañadas de medidas de asignación de persoal cualificado  e permanente para atender estas instalacións culturais.
Ferrol,  a 13 de Xaneiro de 2015.-
- A directiva .-
--

No hay comentarios:
Publicar un comentario