11.11.14

Tala árbores Praza Inferniño.-




Esta asociación Veciñal O Rosario- Inferniño pregunta polas motivacións para chegar a talar esta árbore desta Praza do Inferniño .

Consideramos un EXCESO, sen excusas, a tala desta cerdeira.
Non apreciamos unha motivación que xustifique esta acción polo que pedimos explicacións do goberno local o cal denunciamos a súa falta de argumentos e falta de comunicación e diálogo.
 
 

Aínda que esperamos resposta, esta actuación NON XUSTIFICA as talas de árbores con estes métodos tan agresivos, podendo recorrer a outras solucións máis respetuosas co medio ambiente.

 
 
 

 

- A directiva.-


 

No hay comentarios: