Galardonado un traballo da Oficina para a
Igualdade de Xénero da UDC.-
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Julio 2014 - 01:21 h.
Comparte:

O traballo elaborado desde a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora (8 de marzo) vén de ser galardoado coa súa selección a
participar na final estatal do certame Ciencia en Acción –convocado entre outros organismos polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)–, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro en CosmoCaixa, Barcelona.
O equipo da UDC, coordinado pola directora da OIX, Ana Jesús López Díaz, e no que tamén participaron os bolseiros Alba Queija, Alexandra Vila e Diego Rodríguez, consistiu na creción dunha páxina web titulada "En procura da igualdade" na que se volcou todo o material elaborado con motivo da exposición "As mulleres nas bibliotecas da UDC", na que se ofrecía unha achega ao traballo desenvolvido por mulleres en diferentes áreas e profesións coa finalidade de visibilizalas.
O traballo foi seleccionado na categoría de "Ciencia, Ingeniería Valores". Na cita de Barcelona, o grupo da institución académica herculina terá que defender o seu proxecto xunto co resto de participantes. Todos loitarán por ser o elixido para acceder á fase europea do certame, a celebrar o vindeiro ano en Londres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario