Ferrol
O naval pasea as súas reivindicacións
pola ría de Ferrol
Traballadores dos estaleiros secundan unha marcha a pé por catro municipios para «desmontar os globos sonda» para o sector
Escrito por:
Ferrol 15 de maio de 2014

Os traballadores do naval ferrolán iniciaron ás doce da mañá unha camiñada que lles levará por catro municipios da ría para mostrar á cidadanía as súas reivindicacións e criticar publicamente os «globos sonda» para o sector, que se concretaron nas últimas semanas con anuncios para a fabricación de varios buques que aínda non teñen data de inicio.
Os operarios partiron da antiga Bazán e reuniranse cos da antiga Astano en Fene, desde onde continuarán a marcha por Neda e Narón, onde xantarán. Posteriormente, iniciarán o regreso a Ferrol pola estrada de Castela.
Ataviados con camisetas reivindicativas de carga de traballo e a maioría protexidos do sol con viseras -algún incluso con paraugas- os operarios reclaman que o Goberno fixe o arranque da obra do Buque de Acción Marítima (BAM) prometido pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e que a dirección de Navantia informe sobre as posibilidades de novos encargos, como os dous barcos butaneros de Repsol.
Ignacio Naveiras, portavoz do comité de Navantia Ferrol, cualificou de «lastimoso e penoso» o papel dos responsables da compañía pública, apartados dos anuncios públicos dos posibles contratos.
- La Voz de Galicia.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario