- BIBLIOTECA INFERNIÑO – 
    
C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO
    
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos  a  nosa preocupación de novo,  polo anunciado PECHE PROVISIONAL ata "nova orde" desta BIBLIOTECA MUNICIPAL do  Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
    Esta nova queixa responde a  falta de dilixencia e resposta municipal cara a  un bo funcionamento e apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal  CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade  cultural e sobre todo lugar de estudo  e consulta para  os/as estudantes e lectura da cidadanía.
   Continuaremos denunciando a falta de implicación do goberno local con  este centro da Cultura ante a ausencia dunha Programación Cultural, estable  e permanente os fins de semana.
      Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA  PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de  fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as. 
     Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE Á INMEDIATA  APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL polo que pediremos unha entrevista co Concelleiro  de Cultura co obxecto de dar solución a este reincidente problema que presenta os  peches desta Biblioteca e posibilitar unha programación cultural a este Salón  de Actos, 
 Ferrol, a 16 de  Xaneiro de 2014
- A directiva.-
--

No hay comentarios:
Publicar un comentario