II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013
    
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, xunto coa Asoc. Cultural  Terra Meiga,  estamos  a organizar o II Festival INFERNIÑOFOLK-2013 no Palco da Música desta Praza  do Inferniño o vindeiro venres, día 5 de Xullo.
Contaremos neste Festival INFERNIÑO FOLK coas actuacións dos Grupos de  música folk –galego "ALÉN DE ANCOS" ,  o  Grupo de Música Tradicional ARNELA e as Cantareiras  ALGARABIA - GRUPO CHIRIBICO - 
Convidamos a toda a veciñanza a disfrurtar deste festival durante a tarde-noite do venres-5 no Palco da Musica da Praza do Inferniño.
A participación dos grupos será mediante o procedemento do Intercambio de Actuacións con Alén de Ancos (programa Rede Cultural da Deputación da Coruña) , unha forma de promocionar os nosos grupos locais dentro e fora de Ferrol. Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e coma invitado as Cantareiras ALGARABIA acompañadas polo Grupo Música Tradicional CHIRIBICO da AVV. de Lago-Valdoviño.
  Saúdos
  
No hay comentarios:
Publicar un comentario