Manifestación Sanidade Pública 27 Xuño
Como sabedes a Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCAN para o xoves 27 de Xuño en todo Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública.
En Ferrol SOS Sanidade Pública e a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, CONVOCAMOS unha MANIFESTACIÓN que sairá ás 19 horas do Xoves 27 de Xuño da Praza de España e, logo de percorrer varias rúas, rematará na Praza do Concello-P. de Armas.
Achegamos un cartaz da convocatoria para que o peguedes nas vosas áreas de actuación.
O éxito da mobilización depende de que as 50 entidades que a conformamos fagamos o esforzo de traballar en Defensa da Sanidade Pública facendo o posible por chegar ao maior número de persoas .
Do mesmo xeito que o día 12 as rúas de Ferrol se ateigaron de persoas que pedían CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA, é preciso que as rúas de Ferrol se enchan de xente en DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.
Para o martes día 25 de Xuño ás 12:30 na Galería Sargadelos de Ferrol, está convocada unha Rolda de Prensa, a que debemos acudir todas as entidades que conformamos a PDSPF, para facer a presentación da MANIFESTACIÓN
A Saúde non é un Negocio
- A Comisión Permanente.-
- Comunicacións.-
--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
No hay comentarios:
Publicar un comentario