A Xunta directiva desta Asociación
Veciñal O Rosario- Inferniño, reiteramos unha vez máis o abandono continuado
dende hai máis dun ano do calamitoso estado da RÚA MANUEL BELANDO a cal está
chea de pucharcas para descontento da veciñanza e condutores.  
Lembramos que se trata dunha antiga demanda
da veciñanza,  dirixida a concellaría de
Obras, onde denunciamos reiteradamente o mal estado e deterioro desta rúa
Manuel Belando, a cal conflúe moito tráfico rodado.
Esperamos unha rápida intervención dos responsables
municipais para dar resposta a esta rúa que entendemos debese resolver  sen complicacións e sen
grandes problemas.
Ferrol,   Xaneiro de 2013
- A xunta directiva.-

No hay comentarios:
Publicar un comentario