A  xunta directiva informa que esta Asociación abre o prazo de inscrición para CURSOS de GAITA, GUITARRA, DEBUXO, INGLÉS.
GAITA.-
Continuamos  coa ESCOLA DE GAITAS desta  Asociación Veciñal co Mestre gaiteiro Vitor Agulló, con ampla experiencia recoñecida en  toda Galicia.
    - Martes  e Xoves de 18,30 h a  20 horas.
         -      DEBUXO INFANTIL 
     Fundamentos  do debuxo: punto, liña e plano. Teoría da cor. Psicoloxía da cor. Texturas  visuais. Composición. Proporcións, (introdución ao retrato e á representación  do corpo humano). Introdución á historia das Artes. Introdución ao volume.  Creación de esculturas. Reciclaxe. Modelado en pasta de papel.
  
METODOLOXÍA
METODOLOXÍA
    O taller estaría enfocado  dun xeito diferente á tradicional, sen limitarse aos exercicios de sempre con  lapis, cores e papel, engadindo técnicas novas e orixinais que chamen a  atención dos pequenos, experimentando con xices, cola, tintas, fariña, sal...  Faremos tamén exercicios de volume modelando ou ensamblando obxectos.  
Por medio de exercicios prácticos e xogos iremos introducindo os contidos da  materia sobre a marcha, aprendendo así a resolvelos.
  - Profesora SOFÍA PIÑEIRO –LICENCIADA EN BELAS ARTES
  
DEBUXO ARTÍSTICO ADULTOS.-
DEBUXO ARTÍSTICO ADULTOS.-
Contidos de BODEGÓNS  –Traballos ó aire libre –modelos, perpectiva.contraste, equilibrio, retrato.
  Adestrar o ollo, observar a relidaxde, analizar formas.comprender por medio da  LUZ e a SOMBRA. 
Adestrar o gusto, estética..
    Coa Profesora SOFÍA PIÑEIRO –LICENCIADA EN BELAS ARTES
               -       GUITARRA 
    TALLER DE GUITARRA PARA  PRINCIPIANTES. 
    Obradoiro  de GUITARRA para principiantes .
          CONTIDOS 
    A  música e seus elementos principais: harmonía, melodía y ritmo.
    A  guitarra. Afinación. Mantemento. Acordes. Ritmos.
    Lectura  musical: aproximación al solfexo y a la tablatura.
    Aprendizaxe  das cancións.
           Metodoloxía. 
    Aprendizaxe  de acordes maiores e menores.
    Aprendizaxe  de ritmos.
    Aprendizaxe  de cancións: lectura de tablaturas y técnica "de oído".
       INGLÉS.-
MÉTODO CALLAN.-
    Método  de aprendizaxe a través da conversación e comprensión auditiva e estímulo da  memoria. 
    Novo  método revolucionario en máis de 25 países con gran efectividade.
     Grupos  infantís e adultos.
 NOTA.- 
  Estas actividades serán ofertados  para grupos reducidos no LOCAL da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, agás  GAITA que será no Carvalho Calero.
Contacto – avvorosario@gmail.com
           Tfno.móbil -  649 024 612
- A directiva.-

No hay comentarios:
Publicar un comentario