2.8.11

Reclamacións usuarios aparcamento

Queixas veciñais polas tarifas «abusivas»

do aparcadoiro de Porta Nova




A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño reiterou onte a súa denuncia polos «cobramentos abusivos» que, sostén, aplica a concesionaria no aparcadoiro de Porta Nova. A entidade asegura recibir «constantes queixas de usuarios» pola aplicación dunha subida de tarifas que, segundo aseguran, ascendeu este ano a un 12,5% na modalidade mensual e a un 56% na tarifa diúrna. Recordan que o Concello requiriu á entidade Portanova Park a subsanación de erros cometidos pola empresa e que se retrotraesen as tarifas aplicadas aos usuarios, pero ante a continuidade da situación, piden ao Concello a súa intervención e a apertura dun expediente.

O concelleiro de Facenda, Alejandro Langtry, sinalou onte que existe unha solicitude de subida de tarifas para o 2011, pero asegura non ter constancia de que sexa aplicada. A súa autorización, asegurou, está condicionada a que a empresa realice nas instalacións melloras como garantir o acceso peonil ou a instalación de cámaras de vixilancia.

La Voz deGalicia.-

No hay comentarios: