4.5.11

FEIRA DE ARTESANIA E COMERCIO-INFERNIÑO

        


A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño  e  o  Grupo de Diversidade Funcional, organizan unha FEIRA DE ARTESANÍA E COMERCIO para os vindeiros días 6, 7 e 8 de Maio na PRAZA DO INFERNIÑO.




Esperamos contar cuns 30 postos de diferentes temáticas e materiais, ademais de diversas actuacións música folk, malabarismos,  animación , gaitas, etc...

Celebraremos este evento dentro da Praza do Inferniño, arredor do Palco da Música e rúa de Viveiro.

Convertiremos esta Rúa de Viveiro en zona PEONIL a partir do mediodía destes días disfrute da veciñanza.


Convidamos a toda a cidadanía a disfrutar desta feira a partir deste venres, sábado e domingo durante as mañás, tardes e noites con diversas animacións e postos de gastronomía típica.

Este Venres-6 contaremos coa actuación do Grupo de música folk " ALÉN DE ANCOS" a partir das 10 h da noite.

Haberá espectáculos de malabares que actuarán en varios pases diarios de tarde e noite.

A gastronomía correrá a cargo do coñecido hosteleiro O´Cabazo e unha Haima para os postres e té , na beirarrúa peonil da rúa Viveiro.

Por outros motivos, consideramos necesario  informar que contamos cos correspondentes PERMISOS  e informes favorables de medio ambiente- bombeiros, policía e o pagamento das conseguintes TAXAS MUNICIPAIS.

Convidamos a toda a corporación municipal, no acto  de apertura deste VENRES a partir das 6 h da tarde e a toda a veciñanza de Ferrol, movemento asociativo, para disfrutar desta Feira de Artesanía este fin de semana na Praza do Inferniño.

Saúdos veciñais.

-A Directiva.-

No hay comentarios: