2.4.11

DIFERENTES ENTREVISTAS CO PSOE E BNG.-



Este pasado LUNS- 14, e o LUNS -28,  mantivemos no LOCAL SOCIAL da Avda. Viveiro,  unha reunión co Grupo Municipal do PSOE e o Grupo Municipal do BNG,  a petición destes, para expresar os principais demandais deste barrio do Inferniño e debater as súas principais necesidades sociais.

Foron varias horas de debate, análise e conclusións, onde fixemos especial referencia na posta en marcha de varios programas de apoio as persoas maiores, infancia, cultura, participación cidadá, inmigración e integración social, xuventude, muller...etc

Coincidimos que temos un barrio con unha grande presenza de persoas de varias nacionalidades polo que demandamos das diferentes area municipais a realización de plans e programas dirixidas a inmigración.

Criticamos a forma con que se está levando a cabo a ESCOLARIZACIÓN e a  escasa implicación de certos colexios polo que demandamos a todos os organismos sociais que se realice un reparto das becas e bolsas que a día de hoxe sabemos da concesión de máis de 100 persoas becadas a diferenza doutros colexios concertados e públicos. Chamamos a atención do perigo de que se formen guetos.
Esiximos a implicación de entidades, ANPAS, Consello Municipal Escolar, Inspección da Xunta de Galicia para inspirar programas dirixidas a prevención de guetos.


GARDERÍA INFANTIL –LUDOTECA-


Comezaremos unha Campaña para reivindicar a construción dunha GARDERÍA ou Ludoteca pública neste barrio, reclamando unha antiga reivindicación contemplada no PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, onde indica textualmente na súa cláusula 1.2 - ...engadir un mínimo de 250 m2 de superficie edificable sobre rasante para destinala a un Centro de ensino, Preescolar- Gardería.

Manifestamos outros programas de PREVENCIÓN DA DELINCUENCIA  e atender aparente repunte de puntos de consumo de drogas asi como alcoholismo.

- Outros temas son as infraestruturas do barrio como a REXENERACIÓN da Praza do Inferniño.
- O desaloxo de Asociacións do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO e posterior ubicación destas asociacións. Reclamamos unha PROGRAMACIÓN CULTURAL permanente para este espazo público.

- Resolver o problema do Centro Comercial, onde existen demasiados locais baleiros e falta de actividade comercial.

- Resolución do abusivo cobramento nas TARIFAS do APARCAMENTO que subiron un 12,5 % as mensuais e un 56 % as tarifas diurnas por parte da empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.L.

Grazas a nosas continuas denuncias, expresamos a nosa satisfacción pola decisión do Goberno Municipal en RESCATAR o COBRAMENTO das TAXAS deste FEIRÓN DO INFERNIÑO, aínda que non sabemos o destino deste diñeiro dende o ano 1.999 que calculamos nuns 6.000 € anuais.

- Continuamos denunciando a nula xestión municipal do Feirón, permitindo de forma permanente a ocupación das beirarrúas e accesos a Praza do Inferniño por máis de 50 -60 vehículos.

- Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, tiña o compromiso da Concelleira de Seguridade, Sandra Ríos, manter unha PATRULLA de Policía municipal permanente neste feirón.
 Tamén esperamos o cumprimento da Ordenanza para implantar a TARXETA IDENTIFICATIVA dos postos, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.

- Continuaremos reivindicando do Concello a XESTIÓN e cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados, co fin de preservar todas as garantías de calidade, sanitarias e unha óptima xestión ao servizo dos usuarios/as.
De non contar coas garantías sanitarias e seguridade, pediremos a REVOGACIÓN deste Feirón.

- Aprobaríamos o TRASLADO DO FEIRÓN a Rúa Río Mera e parte traseira do Centro Comercial –Cultural a partir da ENTRADA e SAÍDA do APARCAMENTO Porta Nova Park.

Tratamos outros temas de interese para o barrio.

No hay comentarios: