As entidades veciñais do Ensanche
enfróntanse polas obras do parque urbano.
Domingo, 08 de Agosto de 2010
A actuación que o Concello de Ferrol acomete na zona que circunda o pavillón polideportivo do Ensanche para convertela nun parque urbano está enfrontando ás dúas agrupacións veciñais do lugar, a AVV do Ensanche A e O Rosario-Inferniño.
Así, a pesar de que as obras responden a unha demanda de anos dos veciños, desde O Rosario asegúrase que estas fixero
n desaparecer o humidal do lugar, o que considera un "atentado ambiental". Ademais, esta asociación insiste nas súas críticas ao proxecto por contemplar a construción dun aparcadoiro na confluencia da rúa Seselle con Río Xubia, unha infraestrutura que considera incompatible cunha área de esparcemento.

Con todo, para a AVV do Ensanche A, maioritaria no barrio, un atentado ambiental sería manter unha charca infecta, como cualifica o humidal, que "afortunadamente desapareceu", engade. Así mesmo, esta asociación considera fundamental o parking previsto e recorda que o goberno municipal en todo momento mantivo aos veciños ao corrente do proxecto.
Unha intervención na que se investirán case 700.000 euros con cargo ao Plan E de 2010, o que a converte nunha das máis ambiciosas deste programa.
O parque urbano dotará ao Ensanche de máis de 100.00 metros cadrados de zona verde.
Diario de Ferrol.-
2 comentarios:
Poden falar eles de "charcas infectas"...
Veciña cabreada
Con elementos coma estes a lagoa de Doniños hai tempo que se tería asfaltado para facer o "tan necesario aparcadoiro..."
Outra veciña cabreada
Publicar un comentario