29.6.10

VISITA CONCELLEIROS URBANISMO ; MEDIO AMBIENTE- MERCADOS ; OBRAS





VISITA CONCELLEIROS AO BARRIO DO INFERNIÑO


Este pasado día 22 de xuño, mantivemos unha xuntanza cos concelleiros de Urbanismo, Obras e Servizos -Mercados, Medio Ambiente.
Recibimos información do inicio das Obras do PARQUE URBANO do INFERNIÑO (PU-14), que comezarán nos vindeiros días.
Esta obra é produto da insistente reivindicación desta Asociación Veciñal, cando presetamos este proxecto na última campaña electoral municipal .
Temos que manifestar a nosa satisfación pola cometida desta obra que significa unha constante demanda para acometer por fin esta obra necesaria para desenvolver este Parque Urbano. Non obstante amosamos nosa protesta en canto a cosntrución dun aparcamento dentro deste Parque , o cal para nós non ten sentido esta actuación en medio dunha zona verde.
Expresamos a nosa satisfación por comezar nos vindeiros días a segunda fase das obras da Rúa Alcalde Usero ate a Praza do Inferniño.
Tamén expresamos nosas esperanzas de principiar as obras de acondicionamento do futuro e pequeno local da avda. de Viveiro, parada de taxis.
Salientamos a nosas reivindicacións de acometer unha actuación integral da PRAZA DO INFERNIÑO, en canto ao traslado do Palco da Música, bancos novos, un enlousado arredor da zona central da Praza, papeleiras entroutras melloras.
Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, queremos aclarar varias cuestións en relación da xestión do Feirón do Inferniño, entendendo que as concellarías de Facenda, Mercados, Seguridade cidadá, Sanidade chegaron ao compromiso de RESCATAR A XESTIÓN E COBRAMENTO deste feirón do Inferniño, relevando destas funcións a A. VV. Ensanche A.
Queremos manifestar que nosas continuadas reivindicacións, en canto a xestión e cobramento deste Feirón do Inferniño están inspiradas na normativa e Ordenanza reguladora de venda ambulante no concello de Ferrol, aprobada polo Pleno do Concello de Ferrol o día 25 de xaneiro de 2001, e publicado no DOP de data 1 de Marzo de 2001.

Dita normativa establece que o Concello de Ferrol será o único responsable de controlar, fiscalizar, conceder licenzas, autorizar os postos de venda ambulante na vía pública e correspondéndolle o Concello de Ferrol o exercicio de todas estas competencias, así mesmo fixará as TAXAS que terán que aboar polo exercicio da actividade en Dominio Público.

Será o concello quen controle as persoas autorizadas a realizar a venda ambulante, previa Alta de Seguridade Social, estar ao día nas obrigas fiscais ou Facenda Pública, Póliza de responsabilidade civil, cumprimento nos requisitos sanitarios, rexistro de comerciantes ambulantes do Concello de Ferrol e a definitiva AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.

Esta TARXETA, conterá a foto e identidade do Titular, modalidade de comercio ambulante e tipo de venda autorizada, selo do negociado de Sanidade, Consumo e Mercados mediante a exposición pública e visible dunha TARXETA.

A Asociación veciñal O Rosario Inferniño, non comparte estas declaracións e facemos un chamamento para que os responsables competentes ASUMAN AS SÚAS COMPETENCIAS e RESPONSABILIDADES.

Se os responsables municipais “CEDEN” ESTA COMPETENCIAS A ENTIDADES PRIVADAS, estamos nun claro exemplo de abandono de funcións e clientelismo populista.

Unha vez máis esta Asociación Veciñal pide ao Concello que se explique con claridade e exerza as súas funcións nesta cuestión.

Por todo isto:

1 .- Esiximos o cumprimento da normativa e Ordenanza en vigor.

2 .- RESCATAR na súa totalidade a XESTIÓN deste Feirón do Inferniño.

3 .- Realizar por parte do concello o COBRAMENTO das TAXAS, segundo a normativa fiscal.
4 .- Investigar e fiscalizar os ingresos cobrados pola A.VV. Ensanche A durante estes últimos 11 anos mediante a comprobación e presentación de memorias económicas, ingresos e gastos. Entendemos que estes ingresos pertencen ao pobo de Ferrol.

5 .- Continuando co punto anterior, pedimos un informe económico sobre a aplicacións da normativa fiscal deste Feirón do Inferniño nos últimos 11 anos.

6 .- Os CARTEIS informativos deste Feirón deben contemplar lendas de publicidade referidas as concellarías competentes do Concello de Ferrol.

7 .- Propoñemos que a realizacións deste FEIRÓN do INFERNIÑO, sexa rotatorio por trimestres nas diversas prazas públicas como son a Praza da Ilustración e Praza de España.


- A Xunta Directiva.

No hay comentarios: