30.11.09

NOSAS PROPOSTAS .- PLANO E

Propostas veciñais para o Plan E de 2010.

REDACCIÓN > FERROL
As asociacións veciñais de Esteiro, Pedro Padrón da Magdalena e O Rosario-Inferniño tomaron a dianteira ao Concello e presentaron as súas propias propostas de actuacións a financiar con cargo ao Fondo de Investimento Local de 2010 (Plan E).
Dos 5.000 millóns de euros cos que o Goberno central dotou este segundo plan anticrisis, á cidade naval correspóndenlle ao redor de oito, fronte aos 13,3 millóns de euros dos que dispón no presente exercicio e que están permitindo o financiamento dun paquete de 37 obras no municipio.
O Rosario-Inferniño, unha das dúas asociacións de veciños do Ensanche A, inclúe nas súas peticións de obras a financiar con cargo ao Fondo de Investimento Local de 2010 a construción do parque urbano, unha vella demanda do barrio.
Outra infraestrutura que esta agrupación veciñal considera necesaria para a zona é habilitar unha rotonda na avenida da Paz, co fin de regular o tráfico procedente da estrada de Castela e da avenida dás Pías.
A remodelación da praza do Inferniño, co cambio de localización do palco da música, o cambio da pavimentación, a instalación de mobiliario;
e do centro cultural Carvalho Calero, de tal forma que poida acoller unha programación cultural estable, forman parte das peticións do Rosario.
Para rematar, esta asociación non se esquece doutra vella demanda: dispor dun local social propio para realizar as súas actividades.
Diario de Ferrol.-

25.11.09

RESCATE DO FEIRON.-

O goberno comprométese a xestionar
o feirón do Inferniño desde xaneiro.
REDACCIÓN > FERROL
As continuas queixas da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño con respecto aos problemas que ocasiona a celebración do feirón deste barrio, o segundo sábado de cada mes, parece que chegarán ao seu fin ao asumir o propio Concello a xestión desta actividade a partir do próximo mes de xaneiro.
Así llo comunicaron as edilas de Mercados, María López, e de Seguridade, Sandra Ríos, aos representantes veciñais do Rosario nunha entrevista mantida en datas recentes.
Deste xeito, a asociación asegura ter o compromiso do goberno municipal de rescatar a xestión do feirón e relevar á outra asociación de veciños do barrio, Ensanche A, da xestión do mesmo e do cobramento das taxas, que serán pagadas anticipadamente polos feirantes semestralmente, tal e como establece a normativa.
Así mesmo, parece ser que dende ese momento farase cumprir a ordenanza municipal reguladora da venda ambulante no concello de Ferrol polo que se esixirá un cartón ou licenza de venda en lugar visible, con información sobre o tipo de mercancías, foto do propietario e sinatura do responsable municipal, que sereverá de garantía aos consumidores e usuarios.
A entidade veciñal espera que a promesa do goberno sexa unha realidade nun breve espazo de tempo na medida de que este feirón non quede nunha explotación oportunista senón que dispoña dunha convivencia ordenada e festiva para toda a veciñanza, tal e como se explica desde O Rosario-Inferniño.
A entidade veciñal xa denunciara en varias ocasións a permanencia de coches tras as cargas e descargas con invasión de beirarrúas, accesos á praza e pista así como a inexistencia dun plan de seguridade e vixilancia.
Diario de Ferrol.-

ALUMEADO DA PRAZA INFERNIÑO E PISTA DEPORTIVA.-


A asociación cidadá do Rosario-Inferniño

demanda melloras de iluminación na zona



A xunta directiva da asociación veciñal O Rosario-Inferniño difundiu un comunicado no que informa de que «trasladamos á responsable da concellería de Parques e Servizos a permanente denuncia da veciñanza no que atinxe ao alumeado da Praza do Inferniño e a súa pista polideportiva».


No escrito, rubricado pola presidenta do colectivo, Ana López Díaz, demándase «unha pronta solución, instalando uns puntos de luz ecolóxicos acordes coas características» do mencionado recinto de goce público.



Lembra a titular da asociación O Rosario- Inferniño que nunha reunión previa coa mencionada concelleira, María López, esta comprometeuse a «enviar aos técnicos para avaliar as necesidades de luz» tanto na praza como no recinto polideportivo.

Compromisos;

Conclúe Ana López Díaz indicando que se espera que desde o Concello cúmprase cos anuncios realizados «e se poña luz suficiente nesta praza, que consideramos sería necesaria ante as demandas» realizadas polos propios cidadáns.




La Voz de Galicia.-






23.11.09

MÁIS ALUMEADO NA PRAZA DO INFERNIÑO- PISTA DEPORTIVA.-




ALUMEADO PRAZA DO INFERNIÑO.


A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, trasladamos á responsable desta Concellaría de Parques e Servizos a permanente denuncia da veciñanza no que atinxe ao alumeado da Praza do Inferniño e súa Pista Polideportiva.


Solicitamos unha pronta solución, instalando uns puntos de luz (ecolóxicos) acorde coas características desta Praza do Inferniño.

Nunha reunión coa concelleira de Parques e Servizos, achegou con nós a un compromiso de enviar aos técnicos para avaliar as necesidades de luz na Praza e Pista polideportiva do Inferniño.

Esperamos que o concello atenda con este compromiso e poña luz suficiente nesta Praza que consideramos sería necesaria ante as demandas da propia veciñanza.
- Noutro orde de cousas pedimos que se clarifique a sinalización fronte ao Centro Cultural CARVALHO CALERO.

Ferrol, a 20 de Novembro de 2009.

11.11.09

CELEBRACIÓN SAMAÍN-2009






SAMAÍN-2009







Este pasado Sábado, día 31 de Outubro, como ven sendo habitual, celebramos a tradicional festa do SAMAÍN-09 na Praza do Inferniño.




-




Acompañamos as familias e pequenos con as suas Cabazas deseñadas xa con certa maestría que a medidada que pasan as diferentes edicións son estas máis artísticas e mellor traballadas.



-


Realizamos a XIRA DO SAMAÍN pola Praza do Inferniño, acompañados dun grupo de GAITEIROS para dar a nota tradicional aos cales expresamoslles o noso agradecemento polo seu altruísmo nesta celebración.



-Varios nenos e nenas nos troixeron os tradicionais COLARES DE ZONCHOS que as avoas e avós tratan de recuperar desta parte do Magosto e Samaín.


A xunta directiva.-