22.4.09

REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ - FASE FINAL

O regulamento de participación deberá esperar

informes externos.


REDACCIÓN > FERROL
O Regulamento de Participación Cidadá elaborado desde esta área municipal en colaboración con entidades e asociacións da cidade está unicamente á espera dun floco para a súa aprobación plenaria e a súa posterior entrada en vigor.
O traballo levado a cabo polo Grupo de Análise e Proposta (GAP) concluíu que a aprobación deste regulamento debería producirse por maioría absoluta, con todo, o secretario do Concello de Ferrol aposta por que esta proposta se saque adiante unicamente con maioría simple.
Ante estas discrepancias, tal e como explicou o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, solicitouse informes á FEMP e á Fegamp para que se sitúen sobre esta cuestión.
O regulamento será abordado nun pleno extraordinario con este único punto na orde do día, unha vez que se conte cos infomes pertinentes.
Orzamentos > Continuando co traballo da área de participación, o vindeiro martes terá lugar no salón de plenos unha reunión para abordar o modelo experimental dos orzamentos participativos.
A convocatoria é aberta e nela valoraranse os criterios que deben funcionar para poder implantar unha experiencia piloto no municipio de Ferrol.
Exporase, así mesmo, ás asociacións veciñais que presenten propostas de investimento en cada barrio co fin de ver como poderíanse reflectir estas no documento económico.
Será a primeira toma de contacto no proceso de elaboración.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: