24.3.08

ASEMBLEA ORDINARIA-2008


ASEMBLEA ORDINARIA-2008.


APROBACION DO INFORME DE XESTION DO ANO 2007.-


Na ASEMBLEA ORDINARIA , celebrada este pasado día 14 de Marzo no salón de Actos do Centro Cultural Municipal “ CARVALHO CALERO”, APRÓBASE ó INFORME DE XESTIÓN que a directiva tiña encomendado realizar durante o ano 2007, así como o
INFORME ECONOMICO.

- Principais acordos de xestión :

PARQUE URBANO .- Presentamos ao Goberno anterior e ao actual un PROXECTO DO PARQUE URBANO no Palco de Animas para desenvolver este plano de actuación, segundo o PXOU, PU-14 e PU-19 , propoñendo que o Concello de Ferrol convocase un CONCURSO DE IDEAS dirixido ao Colexio de Arquitectos e distintos profesionais.


Na actualidade está en fase de expropiación de 4 casas na Rúa Río Xubia, cun orzamento de 350.000 € para este fin.


Contemplamos a necesidade de conservar un HUMIDAL NATURAL que existe neste lugar e que na actualidade a Universidade de Santiago de Compostela, por medio do IBADER, está a estudar a presentación dun INFORME para a súa conservación.

PRAZA DO INFERNIÑO .- Unha vez máis reivindicamos unha ACTUACION INTEGRAL na Praza que sabemos ten moitas deficiencias e padece do continuo abandono dos sucesivos gobernos locais, demandando un maior compromiso para conseguir uns investimentos anuais de mantemento, bancadas, papeleiras, mobiliario.

O PARQUE INFANTIL precisa dunha mellor e especial atención de calidade que sempre necesitan os máis peques.

· PISTA POLIDEPORTIVA .- Continuaremos demandando do Goberno Local unha PISTA POLIDEPORTIVA digna e acorde cos tempos actuais para o exercicio deportivo.

· CENTRO COMERCIAL .- Denunciamos retiradamente o estado actual que permanece este Centro Comercial e o continuo incumprimento do PREGO DE CONDICIÓNS que o Goberno Local debe fiscalizar.

A falla dunha GARDERÍA INFANTIL contemplada claramente no PREGO DE CONDICIÓNS ben sendo unha das nosas denuncias, xunto as reivindicacións do Colectivo de Comerciantes Críticos coa xestión do Centro por parte da Empresa Concesionaria, reclamando ao concello o RESCATE DA CONCESIÓN.

- CENTRO CULTURAL .- Cualificamos a xestión deste Centro como lamentable pola ausencia dunha PROGRAMACIÓN CULTURAL das ARTES ESCÉNICAS.
A Actual Concellaría de Cultura está a estudar as posibilidades de usos deste Centro Cultural e así ofertar unha programación axeitada para esta zona da cidade.

- FEIRON DO INFERNIÑO .- Ante as denuncias feitas pola veciñanza , reunións e xestións desta Asociación co Concelleiro de Facenda, Concelleira de Mercados e Concelleiro de Tráfico, temos o COMPROMISO POLÍTICO de realizar a XESTION DO FEIRON directamente o CONCELLO a partir dos vindeiros meses.


- ASEMBLEAS DE BARRIO .- En este ano 2007 esta Asociación Veciñal O ROSARIO –INFERNIÑO , fixo dúas ASEMBLEAS DE BARRIO os días 1 de Febreiro e 22 de Novembro que da como resultado un verdadeiro exercicio democrático e de unha real PARTICIPACIÓN CIDADÁ.

- LOCAL SOCIAL
.- Nas entrevistas que mantivemos coas distintas Concellerías, demandamos un local para poder traballar dignamente nas demandas da cidadanía. O final parece que os nosos esforzos van a ter o resultado desexado e que, grazas as concellerías de Cultura e Participación Cidadá imos ter nas vindeiras datas o tan desexado local . En principio, e de forma provisional, compartiremos espazo no Centro Cultural.

Outras reivindicacións:


-- Entrevista Concellería de Servizos Sociais: Denuncia dos viaxes que se realizan co suposto patrocinio do Centro municipal de Maiores que parece máis un negociete, ante a falta de garantías da Concellaría de Servizos Sociais para as persoas maiores.


- Petición dunha Gardería para o barrio (Local do Centro Comercial).


- Proposta de cambio de nome do Colexio “Ibáñez Martín”: presentamos tres alternativas que foron rexeitadas polo claustro.


- Visita do Alcalde e equipo de Goberno:

O día 11 de Decembro-07 fixo unha visita ao noso barrio o Alcalde ,Vicente Irisarri, acompañado polos concelleiros de Participación Cidadá, Xavier Galán, de Medio Ambiente, María López, de Patrimonio, Ramón Veloso e de Obras, Miguel Raimúndez. Fixemos un percorrido polo barrio para reunirnos co Alcalde no Centro Comercial que visitamos a continuación. Nesta visita puido escoitar da propia voz de varios comerciantes as súas queixas e manifestáronlle de maneira unánime o seu descontento coa actuación da Xerencia do Centro e o estado de abandono do mesmo.


ACTIVIDADES CULTURAIS.- Realizamos diversas actividades culturais de ARTES ESCENICAS, ademais das TRADICIONAIS coma son O ENTROIDO, LETRAS GALEGAS, MAGOSTO , SAMAÍN... ETC.


- - - - - * * * * - - - - -

PLATAFORMA ARTABRA21 .- Como membros FUNDADORES da PA21, o ano 2007 tivemos moita actividade reivindicativa motivada por UN GOBERNO ESPECULATIVO COS ESPAZOS PUBLICOS , outros excesos e abusos municipais .


- Proxecto PISCINA PRIVADA de Sartaña.- Manifestamos o noso apoio ó colectivo de Sartaña en contra do proxecto que o anterior goberno municipal trataba de levar a cabo, e que afortunadamente co novo goberno municipal parece que está en vías de solución satisfactoria para a veciñanza de Sartaña.

- Praza de España - Praza de Porta- Nova .- Convocamos a cidadanía de Ferrol para defender a PRAZA nas TRES MANIFESTACIÓNS CIDADÁNS
contra a construción dun EDIFICIO PRIVADO de 21 metros de altura e cafetarías dentro da Praza.
NA ACTUALIDE O ANTERIOR ALCALDE MAIS DOCE CONCELLEIR@S DO ANTERIOR EQUIPO DE GOBERNO ESTAN IMPUNTAD@S .

- FRAGA DE MENANCARO .- Ante o Intento por parte do anterior goberno municipal, en concreto o Tente. Alcalde e Concelleiro Juan Fernandez, na súa teima especulativa como propietario , trata construír unha URBANIZACION de 69 chalés na FRAGA DE MENÁNCARO, onde esta Plataforma opúxose fortemente á mesma.

Actualmente dende a entrada do novo goberno municipal esta barbaridade está a ser reconducida para declarala como patrimonio natural.

- REDE LITIRAL VIVO.- A Plataforma Artabra21 ingresou o pasado mes de Febreiro-07 nesta rede de comunicación informativa de colectivos e plataformas, tendo como principal función a protección do Medio Ambiente e o control de Urbanismo na Franxa Litoral.
Acórdase facer unha manifestación en Santiago o día 6 de Maio-07 co lema:

¡ GALIZA NON SE VENDE !


-" REDE GALIZA NON SE VENDE ".- Ante a DENUNCIA SOCIAL da especulación das costas e nosas terras do interior de Galicia, dado o éxito do LEMA DA MANIFESTACIÓN do pasado día 6 de maio en Compostela , o pasado mes de Novembro-07 as distintas organizacións sociais, Plataformas e diversos colectivos, decidimos RENOMEAR a rede LITORAL VIVO por “REDE GALIZA NON SE VENDE”, acordando unha nova
MOBILIZACIÓN NACIONAL GALEGA para o día 17 Febreiro do 2008.

- PLANTA DE GAS .- Mantivemos unha clara oposición contra o actual emprazamento e situación da Planta de Gas dentro da Ría.
Acudimos ás diversas mobilizacións convocadas polo Comité de Emerxencia.

Recomendamos visitar o BLOG da Plataforma Artabra21 para obter todo tipo de información de moito interese con ENLACES a outras organizacións.

Durante o ano 2007 tivo máis de 80.000 entradas, habendo días de 1.800 visitas diarias nas principais mobilizacións cidadáns en defensa da Praza de España- Porta Nova e a Planta de Gas.
www.artabra21.blogspot.com


- - - - * * * * - - - - - -

Amosamos así de xeito esquemático noso desexo de acadar unha sociedade máis xusta, dinámica, solidaria, libre e plural; o firme propósito de nosa Asociación e dar os pasos necesarios por este vieiro.

Para máis información , amosamos a nosa dirección de noso BLOG;



Ferrol a 14 de Marzo de 2008.

Visto e prace
O Presidente / O Secretario


asdo. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO / asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO

No hay comentarios: