20.11.07

COVOCATORIA ASEMBLEA DE BARRIO


CONVOCATORIA ASEMBLEA ABERTA DE BARRIO.

23 de Novembro de 2007.

Benqueridos socios/as e veciños/as do Barrio de O Rosario- Inferniño .- Estades convocados para a celebración dunha ASEMBLEA DE BARRIO para VENRES, día 23 de Novembro ás 7 h. da tarde, no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero , aberta a toda a veciñanza para así debater nos diferentes temas na procura de mellorar o ESTADO ACTUAL DO BARRIO.


Orde do día


1 .- Información do FEIRON DO INFERNIÑO.
Cambio na xestión para o vindeiro ano 2008.

2 .- Informe e situación actual do CENTRO COMERCIAL .-
Denuncia do Colectivo Crítico de COMERCIANTES.
Centro Cultural CARVALHO CALERO.

3 .- PROXECTO DO PARQUE URBANO.

4 .- Información da TARIFA ELECTRICA NOCTURNA.

5 .- VARIOS.-



Ferrol a 17 de Novembro de 2007.



Visto e prace
O Presidente O Secretario



Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO / asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO

1 comentario:

FEIRANTE dijo...

jua jua jua



O fiscal non ve delito na xestión do mercadillo do Inferniño


A Fiscalía considera que non existe delito na xestión do mercadillo que se monta na praza do Inferniño, os segundos sábados de cada mes. Unha nova asociación veciñal do barrio denunciara que un grupo da outra entidade veciñal da zona realizaba o cobro dunha especie de taxa aos vendedores cousa que, segundo a agrupación, é unha competencia exclusivamente do Concello de Ferrol.
No seu escrito, o Ministerio Fiscal indica que o feirón ou mercadillo naceu por iniciativa conxunta da asociación do Ensanche A, da asociación de comerciantes da zona, o centro comercial Porta Nova e a Agrupación Única de Vendedores Ambulantes e Autónomos da provincia da Coruña. «O Concello -di a Fiscalía- non estableceu ningún tipo de taxa que gravase aos vendedores. Tal e como recoñece a presidenta dos vendedores, os representantes da asociación veciñal e o propio Concello». O concelleiro delegado en 1999 tamén se pronunciou neste mesmo sentido.
No entanto, nunha reunión dos mencionados representantes co concelleiro de Mercados, en febreiro de 1999, tomouse o acordo de compensar á asociación veciñal pola organización e mantemento do feirón cunha achega de 1,4 euros, aproximadamente, por metro lineal de cada posto.
Por iso, o fiscal estima que estes feitos non teñen cabida nun tipo delituoso