15.5.07

PASEO polos DESPROPÓSITOS


FERROL

Un paseo para denunciar os despropósitos urbanísticos
Os colectivos que se opoñen aos proxectos urbanísticos do goberno local continúan co seu labor de oposición ata durante a campaña electoral.
A Plataforma Ártabra21 organiza para o vindeiro domingo, día 20 de maio -unha semana antes da celebración dos comicios-, un "Paseo urbano polos despropósitos do goberno municipal" que inclúe percorridos polos principais puntos onde está previsto executar ou están xa en marcha proxectos polémicos que suscitan a oposición vecinal.
REDACCIÓN > FERROL
O percorrido partirá de Sartaña, onde os veciños protagonizarán varias concentracións.
O "paseo" empezará ás once da mañá na praza de Sartaña, onde o colectivo que rexeita a construción dun centro de lecer e saúde dará os seus argumentos.

A continuación a marcha desprazarase a praza de Sevilla para escoitar as demandas dos veciños no sentido de que o barrio de Recimil sexa rehabilitado e non demolido, como suscitaba o grupo de goberno, aínda que finalmente optouse por recuperar as vivendas de acordo coa Consellería de Teresa Táboas.

A seguinte parada realizarana os participantes en Canido, onde continúa pendente de solución o problema das expropiacións para a urbanización que promove a inmobiliaria Albantur.


No baluarte deste barrio, a Plataforma Ártabra21 referirase tamén aos "planos especulativos" do goberno local para a fraga de Menáncaro, onde tamén está previsto construír chalés de luxo e un hotel. O paseo reivindicativo concluirá en Ferrol Vello, onde se demandará unha vez máis o traslado de Reganosa a un emprazamento fóra da ría.

O acto concluirá coa lectura dun manifesto.
Información elaborada a partir de fontes propias, Axencia Efe, Europa Press e Axencia Galega de Noticias

No hay comentarios: