28.10.14

TEATRO INFANTIL "SOCIALIZ ARTE"

 
 
 
 
 


    A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño, CONVIDA a veciñanza e ao público infantil a disfrutar dunha actuación interactiva de TEATRO INFANTIL do Grupo SOCIALIZARTE este vindeiro VENRES-31 a partir das 18 horas no Centro Cultural Carvalho Calero co gallo de celebrar a festa celta do Samaín .


Saúdos


- A directiva.-




24.10.14

Actuacións barrio .-



Porta Nova, só pendente da colocación do

 panelado exterior

O Concello de Ferrol espera que se cumpran os prazos fixados para as actuacións

         
Imaxe actual da obra exterior do centro comercial. anxo manso
         

As reparacións no centro comercial Porta Nova están unicamente pendentes da colocación do panelado exterior, tal e como confirmou onte a portavoz municipal Martina Aneiros, que engadiu que polo tanto o Concello espera que se cumpran os prazos fixados para as actuacións. Un prazo de catro meses que se fixou o pasado 1 de xullo
..
Precisamente a Asociación veciñal O Rosario-Inferniño solicitaba o mércores información sobre estas intervencións, pedindo incluso unha reunión co concelleiro de Obras, Borja Carro, que no entanto precisou que pertencen á área de Servizos, encabezada por Guillermo Evia.
 
Así mesmo, os veciños reclamaron información da rúa Manuel Belando, á que lle falta o aglomerado tras os labores de fresado. Tragsa xa terminou os traballos en cálelas Instituto, Cuntis e Ortigueira; quedando pendentes, ademais de Manuel Belando, as de Bertón, Colombia, Velezuela e Villasoledad. Iniciouse o pintado en Camiño do Tiro, dá Valenta, do Castro e de Chao, e sinalizaranse horizontalmente as rúas Magdalena, Real e estrada de Catabois.
 
- La Voz de Galicia.-
 

Lembrando que hoxe, venres, 10 de Outubro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán unha moi importante mesa de debate: A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) - Mañá Sábado, 11 de Outubro, está convocado un Día de Acción Europea contra o Acordo - En Ferrolterra unha Concentración con Asemblea Aberta, ás 6 da tarde no Cantón de Ferrol






A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate, o vindeiro venres 10 de Outubro ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Ao día seguinte Sábado 11 de Outubro, está convocado un Día de Acción Europea contra o Acordo - En Ferrolterra unha Concentración con Asemblea Aberta, ás 6 da tarde no Cantón de Ferrol



As Marchas da Dignidade Ferrolterra organizan unha acto público baixo o titulo "A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate", este vai ser o vindeiro venres 10 de Outubro ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán, que ten como fin informar sobre o denominado Tratado de Libre Comercio e Inversións entre EEUU e a Unión Europea que se está a negociar de costas á cidadanía e sen intención de solicitar a súa aprobación en referendum. Un tratado que, de firmarse segundo as directrices das corporacións e lobbys industriais e financeiros que dirixen dende a sombra a negociación, pode supoñer unha catástrofe para as persoas e os pobos en materias como a saúde, a educación, as relacións laborais, a alimentación, o medioambiente e a economía en xeral.

Contaremos coa destacada intervención de Isabel Vilalba Seivane, labrega que traballa unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego e integrante da coordinación europea da Via Campesiña e Manuel Martín, médico especialista en medicina familiar e comunitaria portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública. Presentará o acto o compañeiro das Marchas da Dignidade, Celso Posada.

Outra importante:

Ao día seguinte Sábado 11 de Outubro, está convocado un Día de Acción Europea contra o Acordo Trasnatlántico (TTIP). En Ferrolterra constituíu-se unha Plataforma Cidadá que convoca para ese día unha Concentración con Asemblea Aberta, ás 6 da tarde no Cantón de Ferrol -Diante do Palco da Música (+ info), como mellor xeito de contribuír a acción contra un tratado que se vai poñer por encima dos dereitos humanos e dos pobos, unha supra-constitución antidemocrática que antepón os intereses das grandes corporacións multinacionais, fronte aos dereitos das persoas. Non podemos deixar que se nos impoña un acordo escurantista e antidemocrático, paremos o TTIP.

Máis información en:

http://noalttip.blogspot.com.es/

http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
||||||||||||||||||||||||||||
--



 





Nota de Prensa do CCE sobre o Recurso de Casacion no Tribunal Supremo


Nota de Prensa do CCE sobre o Recurso de Casacion no Tribunal Supremo



Admitido o Recurso de Casación contra do Auto que denega a Nulidade do Novo PGOM de Mugardos en execución de Sentencia.

O Tribunal Supremo cuestiona as manobras do Concello de Mugardos para legalizar Reganosa.

O día 15 de setembro o Tribunal Supremo comunicou ás asociacións que constitúen o Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) que admitía o seu recurso de casación, presentado por ter aprobado o Concello de Mugardos no ano 2012 unha modificación urbanística que pretendía legalizar a instalación de Reganosa.

Esta modificación foi aprobada polo Concello de Mugardos e a Xunta de Galicia coa máxima urxencia, en apenas 15
dias, debido a que o mesmo Tribunal Supremo en sentencia inapelable, o dia 22 de abril do ano 2012, ditaminaba a ilegalidade de Reganosa.
O CCE, e o Tribunal Supremo, considera esta aprobación como unha manobra e un intento das institucións para saltarse a sentencia do T.S. motivo polo cal admite o recurso.



-
 

Rua Manuel Belando.-

 
 

 
 



A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, reiteramos unha vez máis o abandono continuado da RÚA MANUEL BELANDO sobre a cal amosamos fotos do seu estado actual e chea de pucharcas.
 

Lembramos que se trata dunha antiga demanda da veciñanza, onde denunciamos reiteradamente o mal estado e deterioro desta rúa Manuel Belando, a cal conflúe moito tráfico rodado e pensamos que necesita unha actuación integral desta estrada e de súas beirarrúas.

 

Ferrol, a 23 de setembro de 2014.-
    
 














- A xunta directiva.-