11.5.16

Letras Galegas-2016 - Grupo Rosas .- Centro Maiores Rio Xubia.-


 


   A Asociación veciñal O Rosario do Inferniño informa que o vindeiro sábado, 14 de maio ás 19 horas, celebraremos as LETRAS GALEGAS-2016 coa actuación dun CONCERTO da Asoc. Cultural BRIGANTIA - grupo musical "ROSAS"- con Julia Mª Dopico -bandurria-, José Miguel Calabuig-guitarra y José Luis Mera -rapsoda- no Centro de MAIORES na Rúa Río Xubia do barrio do Inferniño.
 
Foto de Brigantia Asoc Cult.
      Colaboración da Concellaría de Cultura en FERROL A ESCENA-2016  e Servizos Sociais do Concello de Ferrol .

 Entrada aberta e de balde.

 

--
Saúdos

- Directiva .-

6.5.16

Curso fotografìa dixital.

 
- CURSO FOTOGRAFÍA DIXITAL -
 
- PHOTOSHOP -
 

        Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño informa que imos comezar un Curso de Fotografía Dixital impartida por María Loureiro os VENRES ás 17,30 horas no local desta asociación veciñal do Inferniño.



Saúdos

- A directiva .-


--

Info - Asembleas de Barrio.

 
     Esta Asociación veciñal O Rosario-Inferniño CONVIDA e fai un chamamento aos soci@s e veciñanza para participar na ASEMBLEA de BARRIO  deste LUNS-18 ás 19 horas no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVAHO CALERO.

        Esta Asemblea de Barrio está convocada pola Concellaría de Participación Cidadá deste Concello de Ferrol en aplicación ó Regulamento de Participación Cidadá que esta asociación participou tan activamente ate a súa aprobación unánime polo pleno deste concello.

     Animamos a veciñanza a participar no desenvolvemento deste barrio sobre as infraestuturas, programas sociais ou debates de carácter social.

Saúdos


- Directiva .-





--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

18.3.16

ADHESIÓN MOBILIZACIÓNS REFUXIAD@S - MOBILIZACIÓNS.-


 
 
- MOBILIZACIÓN  REFUXIAD@S -
 
 
  A A.Veciñal O Rosario- Inferniño amosamos a nosa ADHESIÓN as MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS por entidades sociais, Foro da inmigración, Marcha Mundial das Mulleres no Edif. da Xunta de Galicia da Praza Porta Nova contra a decisión dos xefes de estado e de goberno da UE que asinen un acordo inmoral e ilegal contra os Refuxiad@s sirios.

  Apoiamos as denuncias das ONG,s Internacionais respecto as políticas da UE e Turquía sobre os REFUXIAD@S sirios por que vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado.

   Esiximos o cumprimento dos Dereitos Humanos e o Estatuto do Refuxiado polo que anunciamos a nosa ADHESIÓN as mobilizacións das entidades sociais e movementos cidadáns este vindeiro SÁBADO-19 ás 19 horas na Praza Amada García da Praza Porta  Nova.


- Xunta directiva.-



 --
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Aparcamento Inferniño- Traballadores.-

 
 
 
 
  • - APARCAMENTO INFERNIÑO –
  •  
     
             A Xunta directiva desta Asociación veciñal do Inferniño expresamos a nosa preocupación  a respecto do Aparcadoiro do Inferniño- Porta Nova Park- instando a que interveña o Concello de Ferrol co obxecto de mediar  no cumprimento desta concesión pública e impulsar este espazo comercial.
  •  
     
         Lembramos que no ano 2012 a empresa concesionaria comprometeuse publicamente a facer un investimento de 200.000 € nestas instalacións para actualizar conforme a legalidade os seus equipamentos e servizos co fin de dotar este aparcamento dun mellor servizo máis atractivo para  a veciñanza.
     
             Parécenos grave as continuas queixas dos TRABALLADORES deste aparcamento no senso de que non se fai efectivo o pagamento das nóminas dos seus salarios. As empresas que son concesionarias do concello deben ser exemplares no cumprimento dos seus deberes e pregos de condicións. Esiximos ao goberno local o cumprimento destas obrigas laborais e cesionarias. 


  •  
      
  •      
  •  Instamos, unha vez máis a INTERVENCIÓN DO GOBERNO LOCAL co fin de  impulsar esta CONCESIÓN PÚBLICA e a empresa faga efectivas as remuneracións que por dereito teñen tod@s @s traballador@s.
     
     
     
  •          Ferrol, a 22 de Febreiro de 2016.-
     
  •  A directiva .-


--

20.2.16

Queixas peches Biblioteca Inferniño

    

 

 

A A.V. O Rosario-Inferniño reclama a apertura

 "permanente" da biblioteca do C. Cultural

   "Carvalho Calero"

 Actualizado 18 Febreiro 2016 -                                


                                           
Interior del centro cultural Carvalho Calero jorge meis
 Interior do centro cultural Carvalho Calero.
 jorge meis
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño descalificou onte a "falta de resposta" por parte das concellarías de Cultura e Persoal do Concello de Ferrol ante as súas demandas de garantir a apertura "permanente" da biblioteca do centro cultural Carvalho Calero.
 O colectivo expresou a súa "decepción ante a falta de resposta municipal caro a un bo funcionamento de apertura diaria" das instalacións, sobre todo "sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta dos estudantes".
Neste sentido, reclamou unha vez máis a adoción de medidas por parte do goberno municipal para garantir a prestación, o que supon dotar de consignación orzamentaria as necesidades de personal cualificado para atender as instalacións.

 Segundo lembra o colectivo, son precisamente estas carencias o que  derivou os continuados peches da biblioteca, unha cuestión que preocupa ao colectivo veciñal e que reiteradamente chega aos responsables municipales.


 
 
                                                

- Diario de Ferrol.-

24.12.15

FELICES FESTAS .-

 
 
 
 
 
A Xunta directiva deséxavos
 
unhas
 
BOAS FESTAS de NADAL
 
 
 
FELIZ ANINOVO - 2016
 
 


Felicitacións e parabéns a nosa presi.-


A ferrolá Ana Jesús López, nova presidenta das

 investigadoras galegas.

A docente da Politécnica dirixirá a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia.-
 
La Voz-Ferrol, 19de decembro de 2015.    
 


 
 
A ferrolá Ana Jesús López é a nova presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) de Galicia. Esta docente da Politécnica Superior do campus de Esteiro xa é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero dá Universidade da Coruña e tras a súa elección manifestou que coa creación da rama galega da AMIT pretende  «dinamizar a actividade dá asociación e contribuír a conseguir a plena igualdade dás mulleres galegas nos eidos dá ciencia e dá tecnoloxía».
 
O obxectivo principal desta asociación pasa por crear iniciativas encamiñadas a lograr a plena igualdade das investigadoras nas aulas e na empresas, así como incrementar o número de mulleres en todos os ámbitos da ciencia.
 
 
 
 
-La Voz de Galicia.-


 

28.11.15

Teatro Oquetiqueiras - 27 Nov-2015 .-

- OQUETIQUEIRAS TEATRO -
 
 Estrea da obra teatral SELFIE no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado venres, día 27 de novembro, dentro do programa FERROL ESCENA-2015 da concellaría de cultura de Ferrol.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



- OQUETIQUEIRAS TEATRO -


- Saúdos .-

26.11.15

TEATRO - Carvalho Calero - venres-27



 
 


 - OQUETIQUEIRAS - TEATRO -




Esta Xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, convida a veciñanza a unha obra teatral "SELFIE" do Grupo Teatro Bazán "OQUETIQUEIRAS" este vindeiro venres-27 de novembro ás 20 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero aberto a toda a cidadanía.


 

Esta actuación corresponde a programación cultural Ferrol a Escena-2015 da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol e organizado por esta Asociación veciñal do Inferniño.


 
Saúdos


- A Directiva.-

 

11.11.15

Solidariedade ANPA Recimil.-


O Inferniño reclama as dúas unidades de

tres anos do colexio de Recimil.-

  Traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA.-

   La Voz Ferrol.
   11 de novembro de 2015.     

Publicidad
  A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA do colexio de Recimil «pola súa determinación na defensa dás unidades educativas de infantil de 3 anos e denunciar ou agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa». Reclaman á Consellería de Educación que devolva ao centro as anteriores dúas unidades e os medios educativos.
 
- La Voz de Galicia .-
--
 

Recortes ensino público -CEIP Recimil.-



    RECORTES ENSINO PÚBLICO – 
 
           Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, manifestamos o noso apoio as familias e ANPA       do Colexio RECIMIL pola súa determinación na defensa das unidades educativas de infantil de 3        anos  e denunciar o agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa.  Esta Xunta directiva entende que as medidas adoptadas pola Consellaría de Educación son continuación das políticas de RECORTES da Xunta de Galicia, quedando xa demostrado o dano causado ao Ensino público. 
  •             Nos sumamos as denuncias da ANPA RECIMIL xa que estas medidas da Administración afectan a  parte da veciñanza e soci@s da Asociación deste barrio do Inferniño por ser a zona de influencia educativa infantil pública. Lembramos que esta Asociación veciñal  ten nas súas reivindicacións a defensa do ensino público de calidade e universal e a sanidade pública polo que continuaremos a denunciar estas políticas de RECORTES como a principal causa de degradación na calidade educativa pública.
     
                A decisión da Administración galega de eliminar un grupo de alumnado de 3 anos, agrupando a todos nunha única unidade,  significa a supresión de profesorado e medios de apoio polo que esta decisión da Consellaría vai a perxudicar claramente a calidade educativa do ensino público.
     
                Expresamos a nosa solidariedade e comprensión coa Xunta Directiva da ANPA RECIMIL e as/os representantes de NAIS e PAIS do Consello Escolar do centro pola decisión de presentar as súas  DIMISIÓNS en bloque motivado a falta de apoios nas súas reivindicacións por parte da dirección deste CEIP RECIMIL.
                Esta Asociación veciñal do Inferniño, pide unha RECTIFICACIÓN da Consellaría de Educación e da Dirección do CEIP RECIMIL co obxecto de devolver ao centro as anteriores dúas unidades de educación infantil de 3 anos e medios educativos.
     
                Ferrol, a   de novembro de 2015.-
  • A directiva .-



--
 

29.10.15

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA .-

 


-      CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

-    29 de Outubro de 2015 -

  

Benquerido/a  socio /a ;

 
        A Xunta directiva CONVOCAVOS a celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA o vindeiro día 29 de Outubro ás 19 h. en primeira convocatoria e ás 19,30 horas na segunda no local social desta Asociación.

 
                                      Orde do día

 
 
1 .- Lectura e aprobación da ACTA  Asemblea Ordinaria anterior.

 
2 .- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL .-

 
3 .- Previsión programa ACTIVIDADES-2015.

           
4.- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio-2014. 

     
                5 .- Previsión económica deste exercicio 2015.
 

 6 .- Suxestións e preguntas.

 
       

                Ferrol, a  19  de  Outubro de 2015 .-



                -  A DIRECTIVA.-

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORD.-


 

- Convocatoria ASEMBLEA EXTRAORDINARIA - 

-    29  de  Outubro  de 2015-


 

 

 

   ESTIMADOS/AS   SOCIOS/AS :

 

   Estamos CONVOCAD@S a celebrar unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o día  (a continuación da Asemblea Ordinaria), ás  20   horas,  no noso LOCAL SOCIAL co obxecto de renovar os membros da Xunta directiva.

  

                                Orde do día

  

     1 .- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.

 
         2 .- Renovación directivos/as da Xunta directiva. Artigo nº 19.  

                       

                        - PRESIDENTA

- VICE-PRESIDENTE

- SECRETARIO       

                        - TESOUREIRA

                        - VOGAIS PARES

                       - VOGAIS IMPARES

 

                Ferrol, a  19 de  Outubro de  2015.-

 

CURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL .-

 
 
Comunicamos que continuamos a organizar un Curso de Fotografía Dixital e Photoshop impartido por María Loureiro Sanjuán para o vindeiro mes de Decembro, no local da Asociación veciñal O Rosario-Inferniño (fronte a parada de taxis- Praza Inferniño), equipados con vosas cámaras dixitais.





Saúdos

- A directiva.-




--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

As condolencias polo pasamento de Luis Matalobos .-




Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño expresamos as nosas condolencias a súa familia e amigxs polo pasamento do activista social LUIS MATALOBOS.

Na súa lembranza, destacamos a súa perseverancia e loita contra as inxustizas e desigualdades na consecución dos dereitos sociais nun mundo máis xusto e solidario.



- Xunta  directiva .-
 








--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Teatro de INTERACTIVO INFANTIL de SOMBRAS - SOCIALIZ ARTE .- venres-23 OUTUBRO.-


Esta Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDA a veciñanza e público INFANTIL a un OBRADOIRO INTERACTIVO da Compañía
SOCIALIZ ARTE este Venres, 23 de Outubro, a partir das 18 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Esta actividade as Artes escénicas forma parte da programación Cultural FEROL A ESCENA-2015 da concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.



 

- A Directiva.-



 

16.6.15

IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK



 
 

 
 
 A Directiva da Asociación Vecinal O ROSARIO- INFERNIÑO , CONVIDA a veciñanza ao IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK deste ano 2015 no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.


 
 
 
- VENRES-19 a partir das 20 horas.
 
 

- Actuación do Grupo de Música CHICULATE.

 
 
 
ESCOLA de GAITAS " De XIRITÉ "



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos
 
- A directiva .-