A Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, expresamos a nosa consternación e pésame as familias das vítimas do accidente de tren Madrid- Ferrol, ocorrido en Santiago de Compostela na véspera do Día de Galicia.
Esperamos o restablecemento das persoas feridas e queremos adherirnos aos 7 días de loito decretado polo goberno galego.
Comunicamos a nosa participación e nosa adhesión as concentracións en lembranza polas vítimas e nosa máis sincera solidariedade con todas as familias que sufriron esta traxedia.
Ferrol, a 25 de Xullo de 2013.
- A directiva .-