Mostrando las entradas con la etiqueta Reunión Concello.. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Reunión Concello.. Mostrar todas las entradas

23.10.09

PROXECTO PRAZA DE ESPAÑA - PORTA NOVA.

Irisarri apela aos veciños para que o

centro deportivo salga adiante.

O rexedor municipal e o concelleiro de Urbanismo reuníronse con representantes veciñais.



Luís Polo P.R.C.

A unha semana do pleno no que se debaterá a convocatoria do concurso para adxudicar o centro deportivo da praza de España, o alcalde, Vicente Irisarri, apelou a unha vintena de representantes cidadáns para pedirlles que lancen un SOS á clase política ferrolá co fin de que se dea o visto e prace ao proxecto e poidan finalizarse as obras, dunha vez por todas.


Foi esta a expresión máis repetida onte na reunión convocada polo goberno no que será a futura cafetería da praza. Non se baixou á rúa antes porque o equipo de Irisarri non quería engadir máis leña ao lume dun debate xa de seu quente, pero vémonos acurralados, recoñeceu onte Irisarri, e polo tanto decidiuse explicar en profundidade cal é a idea do goberno e buscar a complicidade duns cidadáns fartos de anos de obras que o que máis desexan é que estas finalicen.


Con este ánimo convocouse o encontro de onte, no que o alcalde comezou por aclarar que a idea que se baralla para o subsolo da praza de España é a mesma que tiñan Partido Popular e Independentes por Ferrol.
Explicou que é o proxecto da dereita e considerou, xa que logo, inxustificable que agora se lle poñan peros, asegurando que a única diferenza é a forma de financiamento.

Queren amolar ao goberno socialista, e están amolando á cidade, concluíu.


Canon -


E precisamente con respecto ao financiamento, sinalou que a empresa que resulte adxudicataria terá que desembolsar cinco millóns de euros para as obras, un máis para equipamento, un para o Concello a modo de canon -preferiuse que se abonase todo xunto en lugar de repartilo ao longo dos 40 anos de concesión previstos- e outro canon, este anual, de 30.000 euros.

Acusou neste sentido de falsear a realidade a quen acusan ao goberno de vender a praza -ao cabo dos 40 anos as instalacións reverterán ao Concello- e de favorecer á empresa cun canon demasiado baixo.
Neste sentido, Irisarri insistiu en que son seis millóns de euros os que a firma en cuestión deberá desembolsar e non só os 30.000 anuais.
Noutras condicións, dixo, quizá non houbese posibilidade de que as tres empresas que ata o momento interesáronse polo proxecto estivesen dispostas a participar no concurso, sobre todo porque os prezos pola utilización das instalacións deportivas estarán taxados polo Concello.

A outra opción, dixo Irisarri, era financiar as obras con fondos municipais, pero nin se dispón desta cantidade nin había posibilidade de recorrer a unha entidade bancaria para conseguila, apuntou.
O alcalde cargou contra PP e Independentes por Ferrol dicindo que non teñen argumentos para oporse a un proxecto que eles mesmos defenderon no seu día.


Explicou así mesmo que se recolleron algunhas das propostas de Esquerda Unida relacionadas con que non haxa outra cafetería no interior do centro deportivo e coa limitación das subcontrataciones, á vez que se reclamou desta formación política que, se non apoiaban o proxecto, polo menos abstivésense no pleno.
Con respecto ao BNG, invitounos a dar un paso valente e votar a favor no pleno.


Nesas estamos, sentenciou.


Diario de Ferrol.-


----------------------------------------------------------------

urbanismo.-

Irisarri busca apoio veciñal para

o ximnasio da praza de España.

O alcalde presentou onte o proxecto nunha das casetas dese espazo público



O alcalde, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, reuníronse onte con membros do tecido veciñal de Ferrol nunha das casetas da praza de España.
O motivo, como explicou reiteradamente durante o último mes, era o de explicar en detalle o proxecto para dotar o subsolo da praza dun centro deportivo municipal.

Con isto, o rexedor espera granxearse o apoio popular nunha iniciativa na que se atopou coa oposición de todos os grupos da corporación no pleno ordinario de finais de setembro.
O prego de condicións para sacar a concurso a redacción do proxecto, a construción e a explotación durante un máximo de 40 anos das instalacións non convenceu a PP, EU e IF, que mostraron a súa intención de votar en contra coa única abstención do BNG, grupo que tamén mostrou entón o seu descontento.

A situación en minoría do PSOE no salón de plenos forzou ao rexedor a retirar ese punto da orde do día para discutilo e alcanzar un acordo cos grupos ao longo deste mes.
No entanto, fontes da oposición destacaron onte que non se produciu ningún encontro formal para negociar a aprobación.

O proxecto consiste en construír no soto da praza un centro con piscina terapéutica e salas de ximnasia.

La Voz de Galicia.-

10.5.09

ENTREVISTAS CONCELLEIR@S DE CULTURA, PARTICIPACIÓN E DEPORTES, FACENDA.



A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O Rosario -Inferniño, mantivemos unha serie de reunións cos Concelleiros de Participación Cidadá, Concelleira de Cultura e Concelleiro de Facenda.
LOCAL

Concellaría de PARTICIPACIÓN CIDADÁ –DEPORTES.-
Expresamos noso total apoio ao REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ a cal valoramos como un grande avance social e un maior compromiso da cidadanía coa xestión e participación de caracter público.
Achegamos nosa preocupación motivado a excesiva tardanza da cesión do LOCAL, aprobado polo goberno municipal hai xa un ano.

Solicitamos do concelleiro a mediación e coordinación entre as distintas concellarías afectadas na busca dunha solución na consecución deste LOCAL, lembrando que somos a única entidade veciñal urbana que non dispón de local.


PISTA POLIDEPORTIVA

Infórmanos o concelleiro de Deportes en detalle da renovación da PISTA DEPORTIVA da Praza do Inferniño, que realízanse durante este mes de maio, rematando con probabilidade a mitade deste mes de amio.

Explica as diferentes capas de materiais que levará esta PISTA cun orzamento de 54.000 € dos Fondos Estatais.

Comunícanos que esta PISTA estará cerrada e acotada a ACTIVIDADES EXTRADEPORTIVAS QUE NON TEÑAN RELACIÓN CO DEPORTE, co fin de protexer esta superficie.
Dámoslle o noso apoio e coincidimos en que esta zona deberá estar destinada exclusivamente para actividade deportiva.


PROGRAMACION CULTURAL

Concellaría de CULTURA .-
Solicitamos da Concellaría de Cultura e do asesor cultural unha PROGRAMACION CULTURAL para o Centro Cultural CARVALHO CALERO para realizar actividades das ARTES ESCENICAS no salón de Actos, dirixida a todos os públicos.
Expoñemos un avance da progaramación para celebrar as LETRAS GALEGAS-2009.

AULA

Solicitamos un AULA no Centro Cultural Carvalho Calero, en igualdade de condicións que o resto das asociacións para poder ofertar no vindeiro outono as nosas actividades culturais.

FEIRON

Concelleiro de Facenda .- Pedimos información ao Concelleiro do compromiso do goberno en rescatar a xestión e cobramento do FEIRON DO INFERNIÑO.
Así nos confirma o Concelleiro de Facenda que unha vez aprobados os ORZAMENTOS MUNICIPAIS neste mes de maio en Pleno, o Concello vai recuperar a xestión do Feirón.


Ferrol a 5 de maio de 2009.


Asdo. Ana J. López – Presidenta / asdo.Xosé M. Sanxoán- Secretario

9.11.08

REUNIONS CONCELLEIRAS DE CULTURA E SERVIZOS SOCIAIS.



ENTREVISTAS CONCELLEIRA CULTURA, ENSINO.

SERVIZOS SOCIAIS, XUVENTUDE.




A Xunta Directiva desta ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unhas entrevistas coas concelleira de CULTURA - EDUCACIÓN e a Concelleira de SERVIZOS SOCIAS , XUVENTUDE, este pasado día 3 de Novembro



-CENTRO CULTURAL MUNICIPALCARVALHO CALERO.-

REGULAMENTO DE USOS

Expresamos a necesidade de dotar a este centro cultural da cidade de Ferrol dun REGULAMENTO DE USOS, para poder definir as súas finalidades e necesidades, cuns fins ben definidos para posibilitar e dotar este centro de contido totalmente CULTURAL.


- Dotar de megafonía e proxector público, suprimindo todo o soporte actual de caracter privado.


- Melloras estruturais e reformas propias de camerinos, escenario, accesorios que cumpran coas mínimas condicións onde desenvolver as ARTES ESCENICAS, que demanda a veciñanza e un importante sector social.




CEIP IBAÑEZ MARTIN


Como zona de influencia de ensino público deste barrio, manifestamos que este centro ten problemas de masificación no servizo de comedor polo que pedimos se atendan as necesidades e demandas do CONSELLO ESCOLAR deste Centro.

A concelleira de educación está conforme e informa que debe ser trasladado a Consellaría de Educación da Xunta, motivado a que ten máis capacidade económica e de medios para realizar unha obra de maior envergadura.

Cómpre cambiar o nome deste centro en base ao cumprimento da lei da memoria histórica e buscar nomes alternativos adecuados por parte da comunidade educativa.


Esta Asociación xa propuxo os nomes:


ANTÓN PAZ .- Ex-Presidente da Federación de ANPAS, defensor e loitador pola DEMOCRACIA no réxime franquista.


ANXELES ALVARIÑO .- Científica nada en Serantes, ensinando e investigando nas principais universidades de Norteamérica.


RECIMIL .- Nome propio do lugar onde está este colexio.


CENTRO SOCIAL DE MAIORES.


- Solicitamos da Concelleira de Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, información do Centro de Maiores da Rúa Río Xubia que ante algunhas denuncias de funcionamento nos manifesta que xa están os traballadores sociais do concello atendendo este centro, que irá dotando de mais medios e programación lúdico- cultural.

Mostramos certas sospeitas de usar aos maiores para programar excursións sen demasiado control, convertendo estes destinos sociais e obxectivos con animo de lucro baixo os logotipos do Concello de Ferrol, ao que nos comunica que a Concellaría tivo que intervir para suspender algunha destas excursión por razóns bastante obvias.

Tamén nos comunica que en vindeiras datas sairá á concurso a CESIÓN do servizo de hostalaría deste Centro de Maiores, esixindo máis calidade en todos os sentidos.


Nosa asociación apoia e defende calquera proposta de implantar un servizo de GALESCOLA da Xunta de Galicia para este barrio como tamén ampliar os servizos e atencións de novos CENTROS DE MAIORES que este barrio do Inferniño necesita.


Non esquecemos que a gardería infantil contemplada do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, nunca chegou a se construír, polo que deberíase ter en conta para unha posible futura actuación dunha LUDOTECA INFANTIL PUBLICA.


Ferrol a 6 de Novembro de 2008.


- A Presidenta - / - O Secretario




Asdo. Ana J. López Díaz / asdo. Xosé M. Sanxoán

6.8.08

XUNTANZA CONCELLEIRO TRANSPORTE PUBLICO E AAVV NO CONCELLO

A Xunta recuperará entre o 80 e 90% do servizos suprimidos por Rialsa .

Delegados dunha ducia de asociacións de veciños participaron no encontro no salón de plenos
CARBALLEIRA REDACCIÓN > FERROL
O concelleiro de Tráfico e Transporte Público, Gerardo López (PSOE), transmitiu onte aos representantes das asociacións de veciños da zona urbana e rural de Ferrol, que antes de que finalice o mes estarán de novo operativas entre o 80 e o 90% das liñas suprimidas por Rialsa.
O edil avanzou que esta semana manterá unha reunión coa Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial e a empresa concesionaria na que se fixará cales son os servizos que se retomarán e que custo terán.
Neste sentido, transmitiu aos responsables da ducia de entidades veciñais que participaron neste encontro a vontade da administración autonómica e do Concello de pór fin a este problema.
Creo que a semana que vén a supresión das liñas estará solucionada, dixo.
Gerardo Castrillón explicou que a Xunta autorizou a Rialsa a deixar de prestar boa parte dos seus servizos porque non se cumpriron as previsións en canto ao crecemento da porcentaxe de viaxeiros contempladas no Plan de Transporte Metropolitano, que o cifraba nun 7% anual desde a súa implantación en 2005, cando en realidade apenas alcanzou o 2%.
En calquera caso, trátase dunha medida que prexudica aos veciños das parroquias do rural, así como ás persoas que utilizan as liñas en dirección a Narón, Valdoviño e Cedeira, ao ser estas as eliminadas.
As entidades veciñais criticaron a actitude do Concello de non alegar á redución das liñas anunciada pola compañía, así como de impedir que as asociacións expuxésenas por non habelas informado con antelación.
O edil respondeu que o Concello presentará recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Transportes.
Os representantes veciñais tamén lamentaron que o bipartito PSOE-EU non apoiase as mocións presentadas por PP e BNG -e apoiadas por IF- no pleno ordinario do pasado mes de xullo contra a supresión destas liñas.
As AAVV consideraron esta decisión unha debilidade á hora de demandar a resposición das liñas.
Así mesmo, os veciños expuxeron ao concelleiro que posibilidades existen de retirar a concesión do servizo a Rialsa, firma xa que, segundo denunciaron, estao prestando de xeito deficitario desde fai anos.
Plan de mobilidade
Ademais de analizar a actual situación do transporte público de viaxeiros, a reunión de onte serviu para expor ás entidades veciñais a proposta de novas liñas elaborada pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona.
Unha das principais novidades é a implantación dun microbús para percorridos pola zona vella da Magdalena e Ferrol Vello, así como novos traxectos e frecuencias para o rural.
A de onte foi a primeira dunha serie de reunións que o Concello e a axencia manterán coas AAVV para perfilar un novo plan de transporte urbano que mellore o actual.
Respecto diso, Gerardo López recordou que a vixencia do Plan de Transporte Metropolitano termina o 31 de decembro.
Diario de Ferrol.-

31.7.08

ENTREVISTA CONCELLEIRO DE FACENDA



REUNION CONCELLEIRO DE FACENDA

29 xullo de 2008.

A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, comunicamos que no día de hoxe a mañá, mantivemos unha xunta co Concelleiro de Facenda para achegarlle varias demandas veciñais e sociais do barrio do Inferniño.


LOCAL SOCIAL








En primeiro lugar a XUNTA DIRECTIVA, despois de varios anos de reclamacións e xestións, por fin !! COMPRACENOS COMUNICAR QUE O GOBERNO VAINOS CEDER UN LOCAL SOCIAL, SITO NA AVENIDA DE VIVEIRO COA ESTRADA DE CASTELA, (Parada de Taxis).
Queremos convidar e compartir cos veciños e veciñas do barrio do Inferniño para que sexan participes neste proxecto común na consecución dun barrio mellor.

Expresamos os nosos agradecementos aos membros do goberno local por nos facilitar estas instalacións necesarias para desenvolver o noso traballo social coa veciñanza.

CENTRO COMERCIAL




Demandamos do goberno local que continúe realizando todas as xestións necesarias para sacar adiante certos problemas do CENTRO COMERCIAL, aínda que nos din que son moi particulares e obedecen a circunstancias económicas e complexas.

Trasladamos ao goberno a preocupación dos comerciantes que como ultimo responsable destas instalacións están a denunciar unha situación incerta ou irregular que esixe moita xestión na busca dunha solución.
Denunciamos o aumento de peches de establecementos comerciais e cales son as súas as causas reais.

Pídennos tempo e unha confianza razoable nas xestións, esperando que todos estes pasos e requirimentos na xestión dean resultados nun tempo razoable para comezar a sacar conclusións máis concretas.


APARCAMENTO

O Concelleiro de Facenda continúa informando que a situación do APARCAMENTO DA PRAZA DO INFERNIÑO, se está actualizando e poñendo ao día aínda que con certos retrasos de caracter legal.
Informamos xa con anterioridade que este aparcamento presenta moitas carencias de carácter sanitario, de homologación e un certo abandono no seu mantemento.
O Concelleiro comunícanos que o concesionario vai realizar un importante INVESTIMENTO para adecuar o aparcamento as súas necesidades e normativas, seguindo os trámites necesarios.


PARQUE URBANO–EXPROPIACION ANTIGAS VIVENDAS

Comunica que as casas situadas no Palco de Animas están expropiadas e pagadas aos seus antigos propietarios.

Significa que continúan os trámites necesarios para a consecución dun PARQUE URBANO, ( PU-14 ), nunha antiga aspiración e reivindicación desta asociación veciñal para o cal pediremos proximamente máis información ao Concelleiro de Urbanismo.


FEIRON DO INFERNIÑO

Comunica o Concelleiro que por fin a XESTIÓN DO FEIRON no INFERNIÑO VAI MUDAR no senso de que se vai facer unha nova ORDENANZA para regularizar o funcionamento, venda e xestión deste Feirón.
Segundo nos informa o Concelleiro de Facenda a xestión do Feirón vai retomala directamente o Concello para finais deste ano.
Tamén a Concelleira de Mercados e Servizos nos ratifica os cambios que se van producir no Feirón posto que xa está o Concello catalogando os postos de venda, decidindo o método de cobramento, reforzando o control sanitario. Asegúranos que se está avanzando nas conversacións coas partes; comerciantes, vendedores e asociacións, para comunicarlles os mencionados cambios na xestión que se levará a cabo directamente desde o Concello.

Expresamos a nosa satisfacción polo ben do barrio e os usuarios do Feirón posto que existen moitas queixas da hostalería e veciñanza, lembrándolle que a xestión do Feirón vai a peor debido a invasión de toda clase de vehículos dos feirantes nas beirarrúas, Praza do Inferniño, accesos...etc., denunciando que existe un pasotísmo total.

Desexamos e esperamos que a xestión do Feirón se normalice e se aplique de verdade a normativa municipal para unha mellor convivencia veciñal. Desde a nosa asociación levamos reclamando como necesaria e urxente esta implicación directa do concello na xestión e control da actividade do Feirón así como a erradicación definitiva de certas prácticas de xestión e cobramento que se poderían cualificar, como mínimo, de irregulares e bastante discutibles. E por iso nos alegramos de que por fin vaia ser o Concello quen realice esas funcións que entendemos lle corresponde.

Ferrol a 29 de Xullo de 2008.


A PRESIDENTA / O SECRETARIO


Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / Asdo. Xosé M. SANXOÁN

29.9.07

REUNION CO CONCELLEIRO DE PATRIMONIO E FACENDA I

Vecinos do Ensanche ,-O Rosario-Inferniño, esixen que se regule a actividade do Feirón do Inferniño

Representantes da Asociación Veciñal O Rosario-O Inferniño entrevistáronse o mércores, no Concello, co concelleiro delegado de Facenda e Patrimonio, Ramón Veloso, ao que trasladaron a esixencia de que se regule a actividade do Feirón do Inferniño.

«Achegamos ao concelleiro -explicaron onte- a preocupación dá veciñanza» pola «mala xestión do Feirón do Inferniño, presentado un dossier fotográfico onde obsérvase como os furgóns e todo tipo de vehículos invaden e ocupan os espazos públicos destinados para os viandantes, como as beirarrúas, a praza do Inferniño e a pista deportiva, ademais dous accesos peatonais».

Os representantes veciñais recordan que xa tramitaran varias denuncias «ante os anteriores responsables municipais», nas que sinalaban, segundo eles mesmos recordan, que «a Asociación de Veciños do Ensanche A era responsable dunha mala xestión e control do feirón», e o carácter «irregular» dos cobros «nos diferentes postos».

Neste sentido, apuntan, ademais, que «o silencio do executivo local» levounos a «presentar denuncia ante o fiscal, aceptada en breve prazo no xulgado».
Din, para rematar, que o novo Goberno local comprometeuse a «facerse cargo do feirón a partir de xaneiro».

La Voz de Galicia .-

12.9.07

DEMANDAS VECIÑAIS DAS ASOCIACIÓNS.-

As.Veciñais de Esteiro e O Rosario-Inferniño fan chegar as súas demandas ao Concello ferrolán.

REDACCIÓN > FERROL .
............................
.....................................

........Pola súa banda, a AVV O Rosario dirixiuse ao Concello para porse á súa disposición co fin de colaborar na mellora do barrio e solicitar, xa que logo, unha reunión con responsables municipais.
O Palco de Ánimas, a praza do Inferniño, a pista deportiva, o parque infantil, o feirón do barrio ou a praza Río do Tronco son algunhas cuestións que pretenden debater.
Tamén piden unha reunión específica co edil de Facenda e Patrimonio sobre o centro comercial.

Diario de Ferrol .-