Mostrando las entradas con la etiqueta C.C. CARVALHO CALERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta C.C. CARVALHO CALERO. Mostrar todas las entradas

31.1.13

C.Cultural Carvalho Calero.-

 
 
O BNG insta a reparar o centro
 
cultural Carvalho Calero

 26 Xaneiro 2013 -
los nacionalistas aseguran que el edifico arrastra deficiencias desde hace años jorge meis
                                                 
 Os nacionalistas aseguran que o edifico arrastra deficiencias desde hai anos jorge meis

O grupo municipal do BNG urxiu onte ao goberno local, no transcurso da comisión de Cultura, a reparación dos problemas que presentan as instalacións do centro cultural Carvalho Calero. A formación asegura que "as múltiples deficiencias que arrastra desde hai anos este centro son unha cuestión da que non pode seguir a evadirse ou equipo de Rei Varela".
Ademais, os nacionalistas denunciaron que a actitude do goberno local "condena aos usuarios deste centro a ter que soportar as múltiples pingueiras existentes".

Desde o BNG incídese en que os populares ferroláns carecen de escusas posibles e instan ao Concello a promover unha actuación na cuberta das mencionadas instalacións, que albergan unha das bibliotecas públicas da cidade e nas que se desenvolven diversas actividades ao longo do ano. "Cremos que xa vai sendo hora de desterrar dous corredores e instancias desde centro cultural vos caldeiros que recollen a auga dás pingueiras existentes", afirman os nacionalistas ferroláns.

Así mesmo, desde a mencionada formación inciden en que o feito de que o problema se prolongue no tempo - só indica a desatención do goberno municipal do PP para vos centros públicos dá nosa cidade-.

Diario de Ferrol .-
 

14.5.12

C.C. M. Carvalho Calero - Coro Mixto Diapasón en concerto





 O venres día 11 de maio ás 20,15 h. no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero, con entrada de balde e organizado polo Ateneo Ferrolán, haberá un concerto do CORO MIXTO DIAPASÓN baixo o lema:

"Homenaxe á diversidade lingüística"

 CORO MIXTO DIAPASÓN
   O Coro Diapasón créase no ano 2010 froito da fusión de dous grupos corais, un deles xuveníl, que iniciaban a sua andáina neses intres.
A coincidencia o participar ámbolos dous nun obradoiro de música contemporánea, impartido polo seu director Juan Brage, foi o desencadeante e elemento decisivo no devir do Coro, xa que Diapasón interpreta fundamentalmente música coral contemporánea, tanto culta coma popular.
O Coro e unha interesante mixtura de persoas de diferentes idades. Está formado por 22 membros, moitos deles, os máis xóvenes, estudantes no Conservatorio de música de Ferrol.
No concerto de hoxe, Diapasón fará un percorrido por varios lugares do mundo, cantando temas compostos en diversas falas hasta oito distintas- tratándo de homenaxear así ó máis importante instrumento de comunicación e entendemento entre as persoas, a linguaxe.

PROGRAMA

Gabriel`s Oboe
E. Morricone / (Film La Misión) Italia. Latín

Open thou mine eyes
J. Rutter. Inglaterra Inglés

Hanacpachap cussicuinin
Anónimo. Perú. Quechúa

An Irish blessing
Popular Irlanda. Inglés

*Dirait-on
M. Lauridsen. EE.UU. Francés

*A Gaelic blessing
J. Rutter. Inglaterra. Inglés

*AveVerum
W. A. Mozart. Austria. Latín

*Unchained melody
A.North/ (Film Ghost) EE.UU. Inglés

Boiadeiro
Cavalcanti - Caldas. Brasil. Portugués

Duerme negrito
A.Yupanki / (J.Brage). Argentina. Castelán

Esta tierra
J.Busto España. Castelán

What a wonderful world
Weis-Thiele. EE.UU. Inglés

Mamma mía
ABBA / (J.Brage) Suecia. Inglés

Il Cu- cú
O. Berti. Italia. Italiano

*Os teus ollos C. Enriquez - C. Chané. Galicia. Galego

*Pomba dourada
A.Cunqueiro - L. E. Batallán. Galicia. Galego

Cada noite
R..Castro - M..Zumalave / (Domínguez). Galicia. Galego

Canto de berceR.Groba Galicia. Galego

*Acompañamento de piano (Iago González)
Director: Juan Brage


--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
http://www.ateneoferrolan.org/
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com

16.3.11

EXPOSICIÓN "EDUCANDO EN DEREITOS DAS NENAS E NENOS"..


O Concello inaugura este xoves no Centro Cultural Carvalho Calero a exposición “Educando en dereitos desde a cidade.
Os dereitos das nenas e dos nenos”

Martes, 15 de marzo de 2011
A mostra inclúe paneis con viñetas de Castelao, Francesco Tonucci ou Xaquín Marín, pinturas alusivas aos dereitos da infancia e fotografías de varios lugares da zona urbana e rural. Celebraranse visitas organizadas dirixidas aos centros de ensino e ao público en xeral, que deben remitir a solicitude ao Negociado de Educación. A ficha pódese descargar en www.ferrol.es

A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, presentou esta mañá a exposición didáctica “Educando en dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos” que será inaugurada este xoves, 17 de marzo, ás 19.30 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 29 de marzo e está composta por 26 pinturas alusivas aos dereitos da infancia e 16 fotografías de distintos lugares da zona urbana e do rural co obxectivo de que nos nenos e nenas coñezan espazos abertos nos que tamén poden xogar e relacionarse. Preténdese por outra banda que entendan que poden facer actividades ata onde os leve a súa imaxinación nestes lugares baleiros e transmitirlles a idea de que non sempre é necesario un parque de xogos.

A exposición complétase con dez paneis de textos de pensadores, escritores e políticos como Rousseau, Saint Exuperi, Isaac Díaz Pardo ou Pascual Maragall e con 30 paneis que conteñen viñetas de Castelao, Xaquín Marín, Xosé Lois González, Ó Carrabuxo e Francesco Tonucci. Neste senso, Xaquín Marín e Ó Carrabuxo escolleron, dentro da súa obra, aqueles debuxos máis axeitados para este traballo -que é continuidade doutros programas que está a desenvolver a Concellería de Educación-. Respecto ás realizadas por Castelao, de quen neste 2011 lembraranse os 125 anos do seu nacemento, escolléronse dentro dos seus debuxos aqueles de maior importancia para poder traballar nas escolas e deste xeito facilitar que o alumnado poida descubrir a figura poliédrica que foi Castelao. A selección dos debuxos de Francesco Tonucci tamén foi realizada pola Concellería de Educación.

Todos estes autores fan alusión, a través das súas obras, aos dereitos das nenas e dos nenos a ter un nome e unha nacionalidade, a ter unha familia que os queira e oriente, a coidados médicos, a non ser tratados de forma diferente por razón da cultura, relixión, raza ou idioma ou a ter unha educación gratuíta e de calidade. Outros dos dereitos que se reflicten na mostra son os relativos a expresar as opinións e que estas sexan tidas en conta pola familia, a ser protexidos contra os malos tratos, os abusos sexuais e humillacións ou a vivir en paz, non ser recrutados como soldados e recibir unha protección especial en caso de ser refuxiados ou vítimas dunha desastre natural, entre outros.

Os contidos da exposición “Educando en dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos” pódense coñecer de luns a venres de 18.00 a 20.00 horas e os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Así mesmo, existe a posibilidade de realizar visitas organizadas de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, anunciou ao fío disto a posibilidade de que os centros educativos realicen visitas guiadas. Unha iniciativa que se enmarca dentro dos programas educativos municipais 2010-2011 e para a que é necesario remitir a ficha que se pode descargar na web municipal (www.ferrol.es/90-36educacion.aspx) ao Negociado de Educación (ao número de fax 981 945 110).

 Estas visitas realizaranse tamén de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 horas e cada grupo que participe nas mesmas recibirá un exemplar da publicación “Educando en Dereitos desde a cidade. Os dereitos das nenas e dos nenos”, editada polo Concello de Ferrol. A orde de chegada das peticións determinará a súa reserva de data e horario.

Finalmente, a concelleira Mercedes Carbajales destacou que a cidade de Ferrol forma parte da rede de Cidades Educadoras desde o ano 1993 “e polo tanto temos un compromiso de facer todo o que estea ao noso alcance para aplicar os principios polos que se rexe este organismo”.

A este respecto, subliñou que “entendemos que toda a sociedade ten a obriga de implicarse na Educación dos cidadáns e cidadás que a compoñen, e como en todas as decisións que tomamos, tentamos construír unhas bases sólidas para que sobre elas logremos unha sociedade máis igualitaria, máis xusta e máis feliz”. Por iso, defendeu que “a familia, o profesorado, pedagogos, políticos, etc. temos a responsabilidade de defender os dereitos da infancia, dereitos que en moitas ocasións non temos en conta”.

ferrol.es

17.2.11

POR FIN APERTURA DA BIBLIOTECA.-

O Concello anuncia que a Biblioteca

Municipal da Praza do Inferniño

reabre mañá as súas portas

• A concelleira Mercedes Carbajales avanzou que as instalacións, ubicadas no Centro Cultural Carvalho Calero, abrirán de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00

• A Biblioteca ofrece conexión a Internet a través da tecnoloxía Wifi, servizo de consulta e lectura en sala, préstamo a domicilio, hemeroteca e unha sección infantil


Ferrol, 17 de febreiro de 2011.-
A concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales, anunciou esta mañá que a Biblioteca Municipal do Inferniño reabrirá mañá, venres, as súas portas, polo que estará novamente a disposición de todos os veciños e veciñas que o desexen. ¿Horario de atención? De luns a venres, de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00.

Deste xeito, e tras a contratación dunha nova profesional -a anterior xubilouse-, os usuarios e usuarias poderán desfrutar da ampla variedade de servizos que ofrece esta biblioteca sucursal, entre os que figura a conexión a Internet a través da tecnoloxía Wifi con custe cero, un servizo do que se pode beneficiar a cidadanía co seu portátil e do que dispoñen tamén a Biblioteca de Caranza e a Biblioteca Central da Praza de España.

Así mesmo, as ditas instalacións, que teñen capacidade para albergar ata a 80 usuarios e usuarias, están dotadas con seis ordenadores con conexión a Internet e outro a maiores para acceder ao catálogo. Outros dos servizos son a consulta e lectura en sala de libros, revistas e publicacións periódicas ou o préstamo a domicilio. Non só iso, a Biblioteca dispón tamén dunha pequena hemeroteca e unha sección infantil destinada aos máis novos da casa.


Saúdos; Gabinete de Comunicación

20.1.11

EXPOSICIÓN CARVALHO CALERO.-

O Concello invita aos centros educativos a

solicitar a través de www.ferrol.es  ,

unha visita guiada á mostra Carvalho Calero,

de Ferrol para o mundo.

Xoves, 20 de xaneiro de 2011.-
As peticións deberanse remitir ao Negociado de Educación tras cubrir a solicitude que se pode descargar na web municipal. A edil Mercedes Carbajales anuncia que se poderán facer de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas e incluirán un percorrido pola mostra e/ou o visionado de vídeos sobre o ilustre ferrolán. A mostra clausurarase o vindeiro 5 de febreiro e forma parte do calendario de iniciativas organizadas polo Concello para conmemorar o centenario do seu nacemento en 2010

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, invita aos centros de ensino da cidade a solicitar unha visita guiada á exposición biobibliográfica “Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo”, inaugurada este martes no Centro Cultural Carvalho Calero polo alcalde, Vicente Irisarri. Para iso é necesario acceder á web municipal www.ferrol.es/90-36educacion.aspx e cubrir a solicitude correspondente, que se deberá remitir por fax ao Negociado de Educación ao número 981 945 110. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, quen informou de que os centros interesados deberán cursar a súa petición facilitando os datos do mesmo, o alumnado co que se traballará a temática da mostra, o número de estudantes e profesores que acudirán á actividade, a data e banda horaria de preferencia.

E a este respecto, avanzou que estas visitas guiadas se poderán facer de luns a venres de 11.00 a 14.00 horas e inclúen tres posibilidades: ver a exposición, que se clausurará o vindeiro 5 de febreiro, visionar os vídeos temáticos sobre aspectos da vida e obra de Ricardo Carvaho Calero ou ambas as dúas opcións -isto deberase especificar nas solicitudes-. E ao fío disto, a edil lembrou que o público en xeral pode visitar esta exposición de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00, de luns a sábado.

“Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo” inclúese no calendario de actividades deseñadas polo Concello de Ferrol para conmemorar o centenario do nacemento de Carvalho Calero en 2010 e, con ela, preténdese lembrar e pór en valor a figura do intelectural e profesor ferrolán. Para a súa montaxe contouse coa colaboración de familiares de Carvalho Calero, da Biblioteca do Parlamento Galego -que cedeu manuscritos e libros do homenaxeado- e da TVG, que aportou material audiovisual. A exposición está integrada por libros, fotografías, escritos, documentos sobre diferentes etapas da vida do pensador ferrolán ou obxectos persoais como plumas, un bastón, o seu birrete, a súa medalla de membro da Real Academia Galega, un reloxo de pulseira ou un chisqueiro, entre moitos outros.

A exposición consta de diversos paneis con información relacionada coa biografía de Carvalho Calero, estruturados cronoloxicamente. Estes preséntanse baixo os títulos “1910-1926. Ferrol: nacemento, infancia e mocidade”; “1926-1932. Universitario en Santiago de Compostela”; “1932-1936. Ferrol e a República”; “1936-1941. Guerra Civil e cárcere”; “1941-1950. Regreso a Ferrol”; “1950-1965. Vida e traballo en Lugo”; “1965.1980. Profesor na Universidade de Santiago”; “1980-1990. Esperar contra toda esperanza”; “1990. Benvido á inmortalidade”; “Adicatorias a Carvalho Calero”, “Obra Póstuma, estudos e homenaxes” e “2010. Centenario desde o Concello de Ferrol”.

Respecto á relación de vídeos que compoñen a dita exposición, estes teñen unha duración aproximada de hora e media e a súa temática é variada. Trátase dun dotal de dez audiovisuais emitidos, a meirande parte deles, pola TVG. Entre eles, “Intervencións en A trabe de ouro”, en 1987; “Galegos de Honra”, emitido en 2003; “Biografía no programa As de ouros”, do ano 1990 ou “Intervencións en A dúas bandas”, de 1987. Así mesmo, pódense ver vídeos sobre o 60 aniversario do Colexio Fingoi de Lugo, onde Carvalho Calero exerceu a docencia ou das xornadas organizadas polo Concello de Ferrol a finais de 2010 co gallo do centenario do seu nacemento, entre outros.

Finalmente, a edil de Educación, Mercedes Carbajales, anunciou que se dixitalizará todo o material que sexa posible coa intención de volcalo posteriormente nuns paneis que quedarán como patrimonio do Concello a modo de exposición. A idea é ofrecela posteriormente a centros educativos, entidades ou institucións que desexen afondar na vida e obra de Carvalho Calero. E ao fío disto, avanzou que xa foi solicitada polo IES Carvalho Calero, onde permanecerá unha vez se clausure no Centro Cultural do Inferniño.

ferrol.es

19.1.11

EXPOSICION CARVALHO CALERO NO CENTRO CULTURAL INFERNIÑO

Carvalho Calero regresa a Ferrol cunha

exposición que ilumina o seu legado.



A esperada exposición sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero pode verse desde onte no centro cultural que leva o nome do intelectual no Inferniño.
Ante un numeroso público con presenza de políticos, profesores e xente da cultura e da vida social de Ferrol, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales destacou o traballo realizado nesta mostra bibliográfica e persoal do escritor, e anunciou dúas novas publicacións sobre Carvalho, unha coas ponencias do congreso celebrado en decembro e outro cos artigos do escritor publicados na prensa galega.

Así mesmo, Carbajales agradeceu as facilidades na elaboración desta mostra prestadas polo Parlamento Galego, TVG e a familia. Precisamente foi unha filla de Carvalho Calero, Margarida, quen agradeceu o cariño e o traballo feito na elaboración da mostra. Pola súa banda, o alcalde Vicente Irisarri, manifestou estar “contento cando Ferrol responde ante os seus mellores veciños” e tras celebrar “como se merece o centenario de Carvalho e mercar a súa casa natal o próximo obxectivo é axudar a que se repare unha inxustiza e ao noso veciño se lle adiquen as Letras Galegas”.

Dixitalización .-

 A mostra inaugurada onte permanecerá aberta un mínimo de quince días e conta cun importante contido persoal e profesional que vai desde fotografías, libros, documentos varios ou escritos sobre diferentes etapas da vida do escritor e profesor ferrolán, así como plumas, un bastón, un reloxo de pulseira, chisqueiros, placas de homenaxe, o seu birrete así como a medalla como membro numerario da Real Academia Galega entre outros obxectos persoais.

O material bibliográfico presente nesta mostra sobre Carvalho dixitalizarase coa intención de convertelo posteriormente nunha serie de paneis que, como propiedade do Concello, poderán visitar centros educativos ou institucións que queiran afondar na traxectoria do intelectual.
 
Diario de Ferrol.-

6.1.11

APERTURA DA BIBLIOTECA O DÍA 20 XANEIRO.-



A biblioteca do Carvalho Calero podería

reabrir as súas portas o próximo día 20.

Xoves, 06 de Xaneiro de 2011 00:00
redacción > ferrol
¿A Asociación de Veciños Ensanche A asegura que a biblioteca municipal do centro cultural Carvalho Calero podería reabrir as súas portas o próximo 20 de xaneiro?, data en que, ao parecer, incorporarase unha persoa para atender o arquivo, substituíndo así á que se xubilou o pasado mes de decembro, situación que provocou o peche por parte do Concello de Ferrol.

A entidade veciñal considera que, de levarse a cabo esta apertura, cumpriríase a solución proposta pola alcaldía fai un mes, que se comprometeu a resolver o problema o máis rápido posible a pesar das dificultades que tiña para contratar persoal.

A agrupación Ensanche A non descarta a continuidade das xestións que emprenderon fai máis de dúas semanas no caso de que fose necesario.


O Rosario-Inferniño.-
 A outra asociación veciñal do barrio, a do Rosario-Inferniño, emitiu recentemente unha queixa formal no rexistro do Concello de Ferrol para reivindicar a apertura da mencionada biblioteca, a cal consideran unha referencia cultural da cidade naval necesaria para todos os habitantes en xeral e especialmente para os estudantes.

Esta mesma semana recordaron que a súa solicitude non implica unicamente que o arquivo do Carvalho Calero se volva a pór en marcha, senón que, ademais, consideran que debería permanecer aberto todos os días da semana e de xeito ininterrompido, en lugar de facelo só ?...

Desde esta asociación anunciaron que denunciarán ante o Consello Sectorial de Normalización Lingüística a falta de compromiso neste centro.

Diario de Ferrol.-

5.1.11

DENUNCIA DO PECHE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO C.C.CARVALHO CALERO.-

A AVV O Rosario-Inferniño reivindica a

apertura da biblioteca do Carvalho Calero

 Mércores, 05 de Xaneiro de 2011.


A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño manifestou o seu rexeitamento ao peche da biblioteca municipal do centro cultural Carvalho Calero, por parte do Concello de Ferrol.

Desde a directiva desta entidade aseguran non entender o proceder do consistorio neste sentido, sobre todo porque alegaron que a causa principal é a xubilación da traballadora que se encargaba deste arquivo.

A asociación considera que desde o Concello non se está tendo en conta nin a relevancia da biblioteca como referencia cultural nin a cantidade de cidadáns que necesitan do uso destas instalacións, situadas nunha zona que alberga varios barrios que suman un total duns 25.000 habitantes. De todos eles os estudantes son, para a agrupación, os principais afectados.

Logo de presentar no rexistro xeral do Concello unha queixa formal en relación a este asunto o pasado mes de decembro a Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño continuará reivindicando a apertura da biblioteca do seu barrio, xa que non se conforman coa resposta que obtiveron do Concello, que se limitaron a confirmar que " Esta biblioteca permanecerá cerrada hasta nuevo aviso".

Por iso, a presidenta da entidade, Ana Jesús Díaz López asegurou nun comunicado que continuarán denunciando o que, na súa opinión, é unha falta de implicación do goberno local cun centro cultural ao que están privando dunha programación estable e permanente os fins de semna.

Ademais, desde a asociación non só solicitan a apertura da biblioteca do Carvalho Calero durante os sábados e domingos, senón que consideran necesario que o seu funcionamento sexa diario e de xeito ininterrompido.

Desde o seu punto de vista a concellaría de Cultura é a principal responsable desta situación, cando debería ter a obrigación de proporcionar este servizo co fin de que a cidadanía poida utilizar unha referencia cultural de Ferrol.
Así mesmo, a asociación de veciños denunciará ante o Consello Sectorial de Normalización Lingüística a falta de compromiso da normativa neste centro cultural.

Diario de Ferrol.-

9.12.10

Biblioteca PECHADA






A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos nosa queixa e decepción motivada pola falta de dilixencia no funcionamento da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible e de máxima prioridade cultural.

Na actualidade esta BIBLIOTECA municipal permanece PECHADA tres días a semana; LUNS, XOVES e VENRES todo o día coa desculpa de falta de persoal, abrindo só TRES horas de mañá os MARTES e MÉRCORES, SEN SERVIZO TODAS AS TARDES.

Nos parece moi grave esta situación, onde os responsables municipais das areas de Cultura e Persoal teñen a obriga de cubrir esta praza co fin de que a cidadanía poda usar esta casa de referencia cultural.

Non se ten en conta a cantidade de persoas, en concreto,  estudantes que necesitan usar estas instalacións municipais nunha zona entre varios barrios cunha poboación de 25.000 habitantes.

 Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño o que reivindica  é a apertura permanente da BIBLIOTECA TODOS OS DÍAS SEN INTERRUPCIÓN e SÁBADOS POLA MAÑÁ. Non entendemos como se permiten ACTIVIDADES PRIVADAS NESTE CENTRO CULTURAL MUNICIPAL a una asociación tamén privada durante todos os días da semana, incluídos os Sábados a mañá, é dicir, este Centro Cultural permanece aberto os sábados sen ningún control de persoal municipal.
  
Seguiremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este Centro Cultural por nos privar dunha programación Cultural  estable e permanente os fins de semana. O goberno terá que decidir se este Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, continuará a ser una sede veciñal para realizar actividades privadas o poderá ser utilizado polo resto da cidadanía.

Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE PARA A INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL e unha PROGRAMACIÓN CULTURAL ESTABLE DO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL.



Ferrol, a 9 de Decembro de 2010.


   A PRESIDENTA            /                O SECRETARIO

 Asdo. Ana Jesús LOPEZ -     Asdo. Xosé M. SANXOÁN 




10.12.09


Estimados amigos,


Diríxome a vostedes co fin de comunicarlles que o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos, quere conmemorar o vindeiro día 10 de decembro o Día internacional dos dereitos dos animais.

Con este fin, organiza unhas charlas dirixidas as Asociacións de Veciños de Ferrol.

As charlas enmárcanse nunha “Campaña de información e sensibilización: refuxio de animais do Concello de Ferrol”.

Os contidos da charla, impartida por un veterinario, serán os seguintes:

· Informar sobre os coidados básicos que precisan as mascotas.
· Dar a coñecer as medidas de convivencia.
· Promover a adopción de animais.
· Dar a coñecer creación dun novo “Refuxio de Animais” en Ferrol.
· Recompilar as propostas dos veciños e veciñas de Ferrol

A actividade terá lugar o vindeiro 10 de Decembro de 2009, ás 17:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero.

A Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos pon en marcha esta campaña desexando que a acollida entre as asociacións de veciños as que vai dirixida sexa boa e positiva.

Esperando contar coa súa colaboración, aproveito para enviarlles saúdos afectuosos.


21.10.09

EXPOSICIÓN - MANUEL AZAÑA E A II REPÚBLICA.-


O Carvalho Calero acolle unha mostra


sobre Manuel Azaña e a II República.


Onte pola tarde estaban rematando de montar a exposición


redacción > ferrol
O Centro Cultural Carvalho Calero acollerá desde hoxe e ata o vindeiro 6 de novembro a mostra didáctica “Manuel Azaña e a segunda República”, unha exposición itinerante que, da man da Asociación Cultural Manuel Azaña de León, está a percorrer toda a xeografía española. Proba delo é que ata hai dous días o material que agora se pode visitar en Ferrol exhíbiase en Tarifa.

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o presidente da entidade leonesa, Joaquín Rodero, explicaron onte que se trata dunha mostra didáctica que pretende achegar á cidadanía o traballo do que fora o presidente da II República recuperando, deste xeito, a memoria histórica máis recente do país.
Neste senso Carbajales sinalou que “falar de Azaña é un acto de xustiza, é un personaxe ó que España lle debe moito”, afirmou. “A pesar delo todavía é un personaxe descoñecido aínda que os historiadores traballan moito sobre a súa figura”, sinalou. Ó fío disto, a concelleira explicou que desde a súa área estanse a organizar excursións culturais para que os colexios da cidade se acheguen polo centro do Inferniño para que os rapaces poidan visitar a mostra.

Pola súa banda o coordinador da exposición, Joaquín Rodero, explicou que esta conta co apoio do Ministerio da Presidencia a través de subvencións para a recuperación da memoria histórica.

O alcalde, Vicente Irisarri, será o encargado de inaugurar as oito da tarde a exposición “Manuel Azaña e a Segunda República”.
A mostra permanecerá no centro cultural Carvalho Calero ata o 6 de novembro.
Poderá visitarse de luns a venres en horario de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.
Diario de Ferrol.-

10.10.09

ACTOS CULTURAIS - C.C. CARVALHO CALERO.-



-CULTURA NOS BARRIOS-











- Comeza este sábado, 10 de outubro, no Centro Cultural CAVALHO CALERO, unha serie de actos culturais para estes meses.







- Concellaría de Cultura.-
- Concello de Ferrol.-


-----------------------------------------------------------------

Áncora presenta hoxe no Carvalho Calero

a un “suicida” profesional e solidario


Gustavo Pernas, no último dos ensaios antes da estrea de onte á tarde en Culleredo




M.J. RICO > FERROL
Gustavo Pernas e Ánxela G. Abalo inauguran hoxe ás sete da tarde, no Carvalho Calero, o programa “Cultura nos Barrios”, que alternará actuacións cada fin de semana no Inferniño e en Caranza.

-Fano con “Colgados”, unha peza novísima -estreárona onte en Culleredo-, cun orixinal plantexamento no que o protagonista ofrécese para descargar sobre os seus ombreiros as penalidades dos espectadores.
“En época de crise hai moito colgado e o noso é un colgado profesional, que se colga polos demais. El ten a experiencia, a profesionalidade e a técnica para non mancarse. Hai aí unha transferencia e os problemas desaparecen”, explica Ánxela G. Abalo, directora da producción. “É moi sensible, percibe tódalas preocupacións da xente: un que está no paro, un que está arruinado, o outro que lle puxo os cornos á muller... tódalas preocupacións dos que estamos aí no patio de butacas. Ademais reivindica que o seu é un servizo público”.

Gustavo Pernas defende durante máis dunha hora un texto do que tamén é autor. Un traballo actoral “durísimo”, aclara Abalo, que, dentro das claves da comedia, mantén a responsabilidade que caracteriza a Áncora nos seus vinte anos de existencia.
“Nas obras de Gustavo sempre hai un trasfondo moi forte, xa sexa crítico, xa sexa irónico, sempre hai varias lecturas. Tratamos de seguir mantendo ese claro compromiso coa sociedade en que vivimos”.

Os monólogos de “Colgados” seguen a ampla tradición teatral na que se incriben Darío Fo, El Brujo ou Pepe Rubianes.

Gustavo Pernas enfróntase ós espectadores en solitario. “O estar só ante o público é un desafío enorme para calquera actor”, explica Ánxela G. Abalo. “De todas formas, ‘Colgados’ busca o apoio do público continuamente, está interactuando con eles porque lles está contando as cousas que lle pasan”.

Ademais, “cando hai unha dirección desde fóra hai unha marcaxe moitísimo maior, hai un ollo que está controlando absolutamente todo o que fai o actor en escena e iso dá moita máis confianza porque dalgunha maneira o director establece as vías para que o actor vaia transitando”, comenta respecto do seu papel.

“Colgados” chega no vixésimo aniversario da compañía, que prepara, para 2010, “Concurso Levi”, unha montaxe teatral para varios actores

Diario de Ferrol.-

8.9.09

EXPOSICION DA TORTURA INTELECTUAL CONTRA Ó GALEGO.

Unha exposición amosa no Carvalho Calero

a “tortura intelectual” do franquismo ó galego


carlos carballeira
redacción > ferrol

A “Obra completa” de Cabanillas editouse en Buenos Aires porque, en España, a censura esixía a supresión de 25 poemas;
“A esmorga”, de Eduardo Blanco Amor; tampouco pasou o férreo control franquista da moral dos seus administrados;
e a tradución dun ensaio filosófico de Heidegger, feita por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, non obtivo os parabéns dos censores por ousar empregar o galego para outra cousa que non fora a lírica ou a exaltación da Galicia folclórica e costumista.
“En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía alemana con ritmo de gaita”, escribía Juan Aparicio, Director General de Prensa en 1956.
A historia da censura da ditadura á edición en galego, desde que se recupera a finais dos anos 40, co punto de inflexión da Ley de Prensa e Imprenta de 1966, e ata despois da morte do ditador Francisco Franco, pode verse desde hoxe á tarde -a inauguración é ás sete- e ata o 30 de setembro, no Carvalho Calero.
A través de documentos da época que saen á luz por primeira vez, de edicións mutiladas, paneis explicativos e de esclarecedoras entrevistas a Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, pódese comprender como funcionaba o aparato represor do franquismo no tocante a cuestións intelectuais.

Algunhas características deste control político, moral e relixioso compártense co resto do país, pero en Galicia padécese ademais a persecución do idioma propio. Tal e como explicaba onte Xosé Manuel Dasilva, comisario desta mostra promovida pola Fundación Penzol e Galaxia, existía unha represión da lingua “cando este á empregada para determinados usos”.
A idea da inferioridade do galego está moi presente no ánimo dos censores (erixidos incluso en críticos literarios), desterrando o galego a certos rexistros e invalidándoo como lingua de prestixio.

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, animou ós ferroláns a ver unha mostra que aclara “cal era a tortura intelectual que padeceu Galicia durante o réxime franquista”. “Hai cantidade de xeracións que non puidemos ler o que tiñamos que ler no seu momento, e iso non se recupera”, engadiu. “Tamén hai que dicirlles ós novos que houbo moito polo que loitar e aínda hai moito que recuperar para saber como foi aquilo”.

“Editar en galego baixo a censura franquista” chega a Ferrol logo de pasar por Vigo, Pontevedra, Ourense e O Barco.
Despois aínda itinerará por Foz, Lugo e A Coruña.
Poderase ver no Carvalho Calero (no Ensanche A) ata finais de mes, de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.30 horas.
Diario de Ferrol.-

14.11.08

EXPOSICION PINTORES FERROLÁNS NO CARVALHO CALERO.

Oito pintores ferroláns no 150 aniversario da

cidade.
















Onte inaugurouse a exposición no centro cultural Carvalho Calero.


CARLOS CARBALLEIRA > FERROL
O alcalde, Vicente Irisarri, inaugurou onte a terceira exposición que con motivo do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol ábrese ao público.
Neste caso, a fotografía actual e antiga deixa paso aos fondos pictóricos municipais, con oito artistas locais. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, inaugurou onte no centro cultural Carvalho Calero a exposición Escola pictórica ferrolá, que recolle obras de Fernando Álvarez de Sotomayor, Felipe Belo Piñeiro, Máximo Ramos, José Leyra Domínguez, Luís Jaime, Ricardo Segura Torrella e José González Collado.
O rexedor municipal, Vicente Irisarri, a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o pintor José González Collado -o único vivo deste grupo pictórico- interviñeron no acto celebrado na tarde de onte.
A exposición Escola pictórica ferrolá recolle unha representación de obras de artistas ferroláns que aínda que non pertencen a unha escola pictórica en sentido estrito si permitiron situar á cidade nun dos primeiros postos da escena pictórica galega.
O gusto polo costumismo, a presenza da figura humana e o paisaxismo están presentes nas obras destes oito autores que presentan, con todo, diferenzas moi notables entre eles.
A mostra estará aberta ata o próximo 12 de decembro e poderá ser visitada en horario de 10.30 a 13.30 e de cinco a oito da tarde. Tamén se atopan abertas sendas exposicións fotográficas no centro cultural Torrente Ballester e na sala de exposicións de Exponav.
Diario de Ferrol.-

8.11.08

PROGRAMACIÓN INFANFIL "SABACTIVOS"






Os Sabactivos regresan a partir da vindeira semana ao Carvalho Calero



-Nenos durante un obradoiro

REDACCIÓN > FERROL
Os Sabactivos, a oferta de ocio infantil do Concello de Ferrol, regresan a partir da vindeira semana con importantes novidades. Entre elas, cabe destacar a súa ubicación.
Se ata o de agora as actividades tiñan lugar no Centro Cultural Carvalho Calero (no barrio do Inferniño) a partir do mes de decembro estas trasladaranse tamén á Casa da Infancia, no Cantón.
Deste xeito a Concellería de Xuventude pretende expandir a oferta de ocio infantil a toda a cidade.
A programación dos Sabactivos para o outono inclúe unha chea de actividades para nenos de entre 3 e 12 anos de idade.
Haberá obradoiros para elaborar menús saudables, de reciclaxe, informática, danza ou dereitos humanos. Así mesmo tamén se impartirán clases de expresión drámatica, co obxectivo de que os rapaces poidan indagar nas bases de creación escénica ou xogos cooperativos, unha acción que busca fomentar valores como a responsabilidade, o respeto ou o esforzo.
A concelleira de Xuventude, Benestar Social, Muller e Solidaridade, Beatriz Sestayo, lembrou que os obradoiros comezarán o sábado 15 no Carvalho Calero e o 6 de decembro na Casa da Infancia.
En ámbolos dous casos o horario será de 11.30 a 13.30.
Os pais interesados en apuntar aos seus fillos nestas actividades poden facelo ben acudindo á Casa da Xuventude (rúa Almendra) ou directamente ao Carvalho Calero o próximo sábado.
Diario de Ferrol.-

5.11.08

ACTOS CULTURAIS NO CENTRO C. CARVALHO CALERO.-

Música e contos para toda a familia no Carvalho Calero.

Un momento do taller do contacontos .








MARTA QUINTEIRO > FERROL
As actividades de recuperación do folclore infantil galego e de fomento da lingua galega, impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka chegan hoxe ao seu remate en Ferrol cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público en xeral.

Hai dúas semanas unha campaña itinerante chegaba a Ferrol. Baixo o nome de “Cantar e contar: ler a nosa lingua” conseguiu que, durante eses quince días, uns 1.250 escolares ferroláns, de entre catro e once anos, pasaran polas diferentes actividades que traía consigo. Contacontos, obradoiros de escrita creativa e unha exposición de ilustracións orixinais dos artistas galegos foron algúns dos eixos desta campaña. E todo foi acompañado de música popular galega interpretada en directo, con instrumentos como o clarinete, o acordeón ou a pandeireta .

Ademais, os docentes dos centros que participaron nas actividades tamén se sumaron ás sesións para adquirir claves educativas a partir das adaptacións de contos tradicionais e grandes obras da literatura infantil e xuvenil.

Hoxe esta campaña chega a súa fin na nosa cidade e o fai cunha sesión especial no Centro Cultural Carvalho Calero na que nenos e maiores poderán disfrutar, a partir das 18:30 horas, da música e dos contos que a organización preparou para a despedida.

Pero a campaña continúa a súa viaxe pola comunidade. Despois de visitar as cidades de Marín e Ferrol, as súas próximas paradas serán as localidades de Vilagarcía, neste mes de novembro, e Carballo en decembro.
Diario de Ferrol.-

21.10.08

CENTRO CULTURAL CARVALHO CALERO.-





A campaña escolar «Ler na nosa lingua» chega a Ferrol .



O Carvalho Calero acolleu onte a primeira xornada, dirixida aos profesores.




A campaña Cantar e contar: Ler na nosa lingua , iniciativa destinada a impulsar o uso da lingua galega promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e desenvolvida pola editorial Kalandraka, iniciou onte as súas actividades en Ferrol, cidade na que as súas actividades continuarán ata o día 5 de novembro.
O programa de actividades, que terá por escenario todos os días o Centro Cultural Carvalho Calero, iniciouse onte cun encontro ao que acudiron profesores de todo o municipio. E proseguirá, a partir de hoxe, coa participación de escolares de entre 4 e 11 anos de idade, pertencentes a diferentes colexios ferroláns, que «participarán en sesións de contos e música e obradoiros de escrita creativa», ademais de dispor de «un espazo de lectura» e de poder visitar «unha exposición de ilustracións e elementos orixinais de cultura popular».
Os promotores da campaña subliñan que «o papel dos docentes é fundamental para que os contidos e obxectivos das actividades transcendan o ámbito da campaña e prolónguen durante todo o curso escolar». De feito, o encontro celebrado na tarde de onte tiña como principal obxectivo, ademais de mostrarlles os recursos lúdicos cos que conta a campaña Cantar e contar: Ler na nosa lingua , facerlles chegar «propostas educativas que se poidan realizar as aulas».
Deseño de Pérez Porto
Nas actividades da campaña, cuxa imaxe foi deseñada polo ceramista fenés Francisco Pérez Porto, participarán, segundo as previsións dos seus organizadores, 5.000 escolares galegos.
Tras o seu paso por Ferrol, continuará en Vilagarcía e Carballo.
Sempre prestando unha especial atención, tamén, a «recuperar o folclore infantil galego, que se está perdendo».
O diálogo entre os textos escritos e a súa lectura en voz alta establécese a través de realatos como A verdadeira historia de Carapuchiña , A casiña de chocolate , os tres osos , A ratiña presumida , O coelliño branco e Solaina .
As sesións, dirixidas a nenos de entra 4 e 8 anos de idade, compleméntanse con música en directo de instrumentos tradicionais e con cantigas, adivinanzas e refráns.
Haberá, ademais, talleres de escritura creativa, aínda que este caso dirixidos de forma específica a escolares de entre 9 e 11 anos de idade.
«A partir delas -explican os organizadores- faranse propostas de creación literaria en galego, coas que se pretende potenciar a imaxinación dous asistentes».
A exposición está formada por ilustracións orixinais de contos de Kalandraka.
La Voz de Galicia.-

17.10.08

EDITORIAL KALANDRAKA E ACTOS CULTURAIS GALEGOS









Kalandraka recupera o folclore infantil galego entre os escolares.



Yolanda Díaz, Marisol López e Xosé Ballesteros na presentación C.C.



REDACCIÓN > FERROL
Máis de mil escolares de entre 4 e 11 anos da cidade participarán desde o vindeiro luns e ata o 5 de novembro na campaña “Cantar e contar: ler na nosa lingua” que a editorial Kalandraka elaborou para a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que desenvolverá en Ferrol.
A iniciativa, que ten por obxectivo recuperar o foclore infantil galego entre os pequenos, levarase a cabo no centro cultural Carvalho Calero, onde ademais das actividades previstas, haberá un espazo de lectura e unha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular.

A primeira das actividades terá lugar o vindeiro luns, a partir das seis da tarde, e estará dirixida aos profesores dos centros educativos, aos que se lles ofrecerá unha visita guiada e unha presentación dos contidos para que eles os poidan aplicar unha vez remate a campaña nas aulas.
Xa nos seguintes días, os protagonistas serán os rapaces.
Eles serán os destinatarios das propostas deseñadas pola editorial, e que consistirán, no caso dos escolares de 4 a 8 anos, en sesión de contacontos sobre “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Os sete cabritos”, “A casiña de chocolate”, ou “A ratiña presumida”, entre outros, que se completarán con música en directo de instrumentos tradicionais e coa introdución de cantigas, adiviñas e refráns.
Por outra banda, obras como “Imaxina animais” ou “Confundindo historias” servirán de apoio para os obradoiros de escrita nos que participarán grupos de 25 estudantes de 9 a 11 anos e que pretenden potenciar a imaxinación dos asistentes.
O derradeiro día da campaña, o 5 de novembro, celebrarase, a partir das 18.30 horas, unha festa especial aberta a todas as familias, que dende o vindeiro luns tamén poderán visitar a exposición en horario de apertura do centro.

Mostra >

Ademais, durante toda a campaña, o centro cultural Carvalho Calero convertirase nun pequeno museo da man da mostra artística configurada por ilustracións orixinais de contos tradicionais publicados por Kalandraka.

Como complemento, haberá un espazo adicado á exposición de instrumentos musicais e antigüidades.
A imaxe da campaña corresponde a unha ilustración do ceramista de Fene Francisco Pérez Porto para o libro-disco “Solaina” publicado pola devandita editorial.

O seu director, Xosé Ballesteros, a concelleira de Cultura de Ferrol, Yolanda Díaz, e a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentaron onte a campaña no Carvalho Calero.

Todos destacaron a importancia de potenciar entre os máis cativos o emprego da lingua galega como xeito de asegurar a súa pervivencia e vitalidade xeración tras xeración.

Diario de Ferrol.-

20.9.08

COMEZA PROGRAMA "INFERNIÑO CIRCUS"


O Centro Cultural Carvalho Calero dá este sábado a benvida aos máis pequenos co inicio do programa "Inferniño Circus"

Venres, 19 de setembro de 2008

O espectáculo, destinado a nenos e nenas de entre 2 a 6 anos acompañados dos pais ou titores, ten restrinxido o aforo.

O teatro infantil cobra corpo este sábado, a partir das 19.00 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero da man do espectáculo Katarsis, que pon en escena a compañía Pacama e que ten como destinatarios a nenas e nenos de entre 2 e 6 anos acompañados polos pais ou titores.

Baixo o ciclo “Inferniño Circus”, unha das tres programacións –xunto a Jazz Caranza e Músicas Migratorias- que compoñen as actividades deseñadas pola Concellería de Cultura para os barrios da cidade, os máis pequenos da familia están chamados a unha función na que a interactuación con actores e familias é a peza indispensable dunha escenografía non verbal e na que dous amigos descobren un mundo de aventuras no seu cuarto que lles distrae do sono.

A lúa e as estrelas son o marco deste espazo tan divertido e acolledor en que apetece tanto xogar como descansar.

A función ten limitado o acceso por motivos tanto de seguridade como de escenificación.

O espectáculo é totalmente gratuíto.

Concellaría de Cultura.-

6.9.08

PROGRAMACION C.C.CARVALHO CALERO-2008

A música e o teatro chegan ó Carvalho Calero e ó Centro Cívico de Caranza.






O Centro Cívico de Caranza e o Centro Cultural Carvalho Calero acollerán ata finais de ano tres novos ciclos culturais, dous adicados á música e un ás artes escénicas.


Así o anunciou onte a concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, quen explicou que con esta aposta o seu departamento pretende “iniciar o proceso de descentralización da Cultura botando man dos centros culturais da cidade”.

Así mesmo, Díaz sinalou que ademais de achegar a cultura a todos os barrios da cidade outro dos obxectivos que persegue esta iniciativa é “que o resto da cidade se desprace ata os diferentes centros para poder desfrutar dos ciclos”. Por último, Yolanda Díaz agradeceu a colaboración das diferentes asociacións veciñais á hora de sacar adiante estes proxectos.

Ó Centro Cultural Carvalho Calero, no barrio do Inferniño -o que maior número de inmigrantes acolle de toda a cidade-, chega esde esta tarde o programa “Músicas Migratorias”, un proxecto “multicultural para integrar tendencias migratorias”. Nel participarán artistas de diferentes nacionalidades.


O grupo brasileiro Café Forte será o encargado de abrir ás oito da tarde o ciclo que continuará con tres actuacións máis ata decembro.


“Inferniño Circus” é a segunda proposta que chega ata o Carvalho Calero.


Trátase dun proxecto de carácter interdisciplinar dirixido principalmente a un público infantil. Nos dous casos a entrada será gratuíta.
A música jazz será a protagonista no Centro Cívico de Caranza. Alí chega a partir do 13 de setembro “Caranza Jazz”, un programa musical no que segundo anunciou Yolanda Díaz “é unha boa oportunidade para iniciarnos no jazz”, xa que nel participarán “músicos de primeira magnitude” sinalou a concelleira. Os concertos ao igual que nos casos anteriores serán sábados alternos e terán carácter gratuíto.


Ademais, neste mesmo espazo continuará o ciclo de teatro afeccionado “Domingos a escena”.
Biblioteca


A última das propostas de Cultura ubícase na Biblioteca Municipal. Alí, desenvolverase un taller de banda deseñada impartido por Kiko Dasilva, Fran Nuevo, Siro López e Xaquín Marín. Serán obradoiros teórico-prácticos de cinco sesións de duración. As clases comezarán o vindeiro xoves, día 11, ás 19.30 horas e terán un periodicidade semanal. Para participar nestes obradoiros de carácter gratuíto non é preciso inscribirse previamente. Con esta iniciativa a Concellería de Cultura quere, segundo explicou Yolanda Díaz, “poñer en valor esta arte”.


MÚSICAS MIGRATORIAS NO CARVALHO CALERO

Ritmos multiculturais
O grupo Café Forte chegado dende Brasil será o encargado de inaugurar esta tarde o ciclo “Músicas Migratorias”.

A formación nace coa intención de amosar unha música con cualidade armónica rítmica, que amosa un novo aspecto da música popular do Brasil, pouco explorada en Galicia, o “forró”, unha melodía que parte da mistura de influencias africanas e europeas.


O concerto será a partir das oito do serán.
O 4 de outubro a coruñesa Lucia Aldao collerá o relevo para dar un concerto onde a música brasileira, a dos anos 70 e 80 e a actual fusiónanse.
Case un mes despois actuará o grupo vocal Aisis creado en 1987 coa idea de cultivar un estilo musical escasamente practicado, cun repertorio que abrangue desde o madrigal renacentista até as obras dos máis importantes compositores contemporáneos.

O ciclo pechase o 6 de decembro coa orquestra de acordeóns Lembranzas formada por alumnos do Xan Viaño.
INFERNIÑO CIRCUS NO CARVALHO CALERO

Teatro, malabares e circo

Unha representación de Katarsis
Haberá que esperar ata o 20 de setembro para poder desfrutar do primeiro espectáculo incluido dentro deste ciclo.
Será a cargo da compañía Katarsis que achegará o seu espectáculo “Pacama” para rapaces a partir de dous anos.

O teatro xestual, a danza, as acrobacias e os malabares chegarán o día 18 de outubro con Fredi, un personaxe un tanto especial que precisará da axuda dos nenos da público para resolver os seus problemas.


O 22 de novembro chegará ata o Inferniño a obra gañadora do Festival Internacional de Clown 2006, “Concerto Bífido” de San & San. Trátase dun espectáculo cómico a base de “sketches” sobre o mundo da música clásica que mistura o clown e a fantasia do teatro do absurdo.
A compañía de Ferrol Mariclown pechará o ciclo o 20 de decembro coa súa obra “ A vida de Rosa... día tras día”, escrita por Lino Braxe e Marta Villar e gañadora de varios premios.


Diario de Ferrol.-