- MOBILIZACIÓN REFUXIAD@S -
A A.Veciñal O Rosario- Inferniño amosamos a nosa ADHESIÓN as MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS por entidades sociais, Foro da inmigración, Marcha Mundial das Mulleres no Edif. da Xunta de Galicia da Praza Porta Nova contra a decisión dos xefes de estado e de goberno da UE que asinen un acordo inmoral e ilegal contra os Refuxiad@s sirios.
Apoiamos as denuncias das ONG,s Internacionais respecto as políticas da UE e Turquía sobre os REFUXIAD@S sirios por que vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado.
Esiximos o cumprimento dos Dereitos Humanos e o Estatuto do Refuxiado polo que anunciamos a nosa ADHESIÓN as mobilizacións das entidades sociais e movementos cidadáns este vindeiro SÁBADO-19 ás 19 horas na Praza Amada García da Praza Porta Nova.
- Xunta directiva.-
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario