Mostrando las entradas con la etiqueta Biblioteca.. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Biblioteca.. Mostrar todas las entradas

20.2.16

Queixas peches Biblioteca Inferniño

    

 

 

A A.V. O Rosario-Inferniño reclama a apertura

 "permanente" da biblioteca do C. Cultural

   "Carvalho Calero"

 Actualizado 18 Febreiro 2016 -                                


                                           
Interior del centro cultural Carvalho Calero jorge meis
 Interior do centro cultural Carvalho Calero.
 jorge meis
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño descalificou onte a "falta de resposta" por parte das concellarías de Cultura e Persoal do Concello de Ferrol ante as súas demandas de garantir a apertura "permanente" da biblioteca do centro cultural Carvalho Calero.
 O colectivo expresou a súa "decepción ante a falta de resposta municipal caro a un bo funcionamento de apertura diaria" das instalacións, sobre todo "sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta dos estudantes".
Neste sentido, reclamou unha vez máis a adoción de medidas por parte do goberno municipal para garantir a prestación, o que supon dotar de consignación orzamentaria as necesidades de personal cualificado para atender as instalacións.

 Segundo lembra o colectivo, son precisamente estas carencias o que  derivou os continuados peches da biblioteca, unha cuestión que preocupa ao colectivo veciñal e que reiteradamente chega aos responsables municipales.


 
 
                                                

- Diario de Ferrol.-

14.1.15

Outro Peche Biblioteca Municipal Inferniño.-





                     BIBLIOTECA INFERNIÑO –
             C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO
 
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, denunciamos, unha vez máis, os continuos PECHES da BIBLIOTECA  do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
    Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento de apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e lugar de estudo e consulta para estudantes.
 
              Parécenos moi grave a falta de resposta das concellarías municipais de Cultura e  
        Persoal ante a obriga de dar solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar 
        este referente cultural.
     
   Esta Xunta directiva da A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA, ampliando horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as en xeral.
Por todo isto, pedimos a APERTURA da BIBLIOTECA MUNICIPAL do INFERNIÑO, acompañadas de medidas de asignación de persoal cualificado e permanente para atender estas instalacións culturais.
 
Ferrol, a 13 de Xaneiro de 2015.-


 
- A directiva .-



--

1.3.14

Biblioteca pechada.-


 A A.Veciñal O Rosario- Inferniño súmase ás críticas polas goteras no Carvalho Calero.




REDACCIÓN FERROL | Actualizado 25 Febreiro 2014 -



 A Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño denunciou a través dun comunicado que a biblioteca situada no centro cultural Carvalho Calero continúa pechada e critica ademais "a falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo das computadoras públicas, ademáis doutras salas do centro cultural". A protesta súmase á realizada o mes pasado pola Asociación de Veciños do Ensanche A, que ten, ademais, a súa sé en leste mesmo edificio.

 A entidade O Rosario reclama a apertura permanente da biblioteca, con horarios que inclúan os fins de semana para poder facilitar este servizo a estudantes e lectores, así como que se reparen os tellados para evitar os problemas de goteiras.


 Noutra orde de cousas, a asociación continúa denunciando a ocupación da praza do Inferniño por parte de camións de feira e atraccións, no que considera unha "teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados".


 O Rosario -Inferniño pide ao goberno que rectifique na concesión de permisos de ocupación e que desaloje estes camións a lugares "máis discretos" para permitir, sobre todo ás persoas maiores, o uso da praza.


- Diario de Ferrol.-


--

1.2.14

Peche biblioteca e ocupación da Praza do Inferniño.-


 


  A asociación vecinal do Inferniño denuncia a ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira e o peche da biblioteca municipal do barrio

A asociación vecinal  do Inferniño denuncia a ocupación ilegal do espazo público de lecer por camións de feira e o peche da biblioteca municipal do barrio

         


Peche da Biblioteca pública do Inferniño,
Centro Cultural Municipal Carvalho Calero



Continuamos denunciando o peche da biblioteca municipal do Centro Cultural municipal Carvalho Calero, que ante a pasividade do goberno local segue privando a estudantes e a veciñanza o uso deste servizo cultural, que lembramos estamos en vésperas de exames da universidade.


A situación agravase  aínda máis pola falta de mantemento e as consecuentes pingueiras que caen enriba desta biblioteca e mesmo as computadoras públicas, ademais doutras salas do Centro Cultural.


Esta A. Veciñal O Rosario - Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.


Por todo isto, pedimos a redacción dun proxecto de ARRANXO dos tellados co fin de abrir ao público esta BIBLIOTECA MUNICIPAL e cubrir as prazas vacantes deste importante servizo cultural.


Ferrol, a 30 de Xaneiro de 2014








Ocupación ilegal do espazo público
de lecer por camións de feira


Enviamos fotos amosando a ocupación da Praza do Inferniño por concesión do concello e a teima do goberno local en privatizar espazos públicos con fins privados.


As persoas maiores están fartas de que lles coloquen camións e atraccións, privándolles do seu dereito a permanecer nestes espazos de uso e disfrute público.


Pedimos ao goberno local que rectifique na concesión de permisos de ocupación de espazos públicos e desaloxe este camións e atraccións a lugares máis discretos.




Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2014





 - A directiva.-



 

16.1.14

Peche biblioteca.-

         
 
 
- BIBLIOTECA INFERNIÑO

C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO

 
      A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, expresamos a  nosa preocupación de novo,  polo anunciado PECHE PROVISIONAL ata "nova orde" desta BIBLIOTECA MUNICIPAL do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
    Esta nova queixa responde a  falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento e apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e sobre todo lugar de estudo  e consulta para  os/as estudantes e lectura da cidadanía.
     
   Continuaremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este centro da Cultura ante a ausencia dunha Programación Cultural, estable e permanente os fins de semana.
      Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.
     
     Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE Á INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL polo que pediremos unha entrevista co Concelleiro de Cultura co obxecto de dar solución a este reincidente problema que presenta os peches desta Biblioteca e posibilitar unha programación cultural a este Salón de Actos,
 
 Ferrol, a 16 de Xaneiro de 2014
 
 
- A directiva.-
 
 

--

28.2.12

Biblioteca Municipal do Inferniño.-


BIBLIOTECA INFERNIÑO –
C.C. MUNICIPAL CARVALHO CALERO


       A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, queremos expresar, unha vez máis, a nosa preocupación polo PECHE PROVISIONAL dende hai dúas semanas da BIBLIOTECA MUNICIPAL do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Expresamos a nosa queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal cara a un bo funcionamento e apertura diaria da BIBLIOTECA do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, sabendo que se trata dun tema sensible de máxima prioridade cultural e dun lugar de uso e consulta para estudantes.

Parécenos moi grave a falta de resposta das concellarías municipais de Cultura e Persoal ante a obriga de dar solución a este servizo co fin de que a cidadanía poda usar este referente cultural.


Continuaremos denunciando a falta de implicación do goberno local con este Centro Cultural por nos privar dunha Programación Cultural  estable e permanente os fins de semana. O goberno terá que decidir se este Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, continuará a ser una sede veciñal para realizar actividades privadas o poderá ser utilizado como referente CULTURAL para a cidadanía.


Esta A. Veciñal O Rosario –Inferniño, reivindica a APERTURA PERMANETE  da BIBLIOTECA con horarios de fin de semana e poder facilitar este servizo aos estudantes e lectores/as.


Por todo isto, esiximos se dea a máxima PRIORIDADE Á INMEDIATA APERTURA DESTA BIBLIOTECA MUNICIPAL e unha PROGRAMACIÓN CULTURAL ESTABLE a ESTE EDIFICIO CULTURAL.



Ferrol, a 27 de Febreiro de 2012
- A directiva.-


Petición apertura da biblioteca.-

A Asociación Veciñal O Rosario critica o peche

da biblioteca do Centro Carvalho Calero.

Martes, 28 de Febreiro de 2012.
 redacción > ferrol .
A xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño emitiu un comunicado no que expresa a súa preocupación polo peche, que se fixo efectivo fai xa dúas semanas, da biblioteca municipal do Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Esta medida, que na nota é cualificada de provisional, é considerada como moi grave pola entidade, que esixe do Concello "que se dea a máxima prioridade á inmediata apertura desta biblioteca e unha programación estable a este edificio cultural".

O Rosario mostra desta forma a súa "queixa e decepción ante a falta de dilixencia e resposta municipal" en retomar a normalidade no funcionamento dun recinto xa que, afirman, "trátase dun tema sensible de máxima prioridade cultural e dun lugar de uso e consulta para estudantes". Segundo a organización veciñal, tanto as concellarías de Cultura como as de Persoal estanse mostrando incapaces para dar resposta á situación creada, o que é considerado así mesmo como moi grave.

Ademais de retomar a actividade normal da biblioteca, esta entidade volve insistir na necesidade de que o centro cultural do Inferniño conte cunha programación estable e permanente que inclúa así mesmo as xornadas de fin de semana, horarios en sábado e domingo que esperan incorpórense á biblioteca cando esta volva abrirse.