Ferrol
O naval pasea as súas reivindicacións
pola ría de Ferrol
Traballadores dos estaleiros secundan unha marcha a pé por catro municipios para «desmontar os globos sonda» para o sector
- La Voz de Galicia.-
A Asociación Veciñal “O ROSARIO – INFERNIÑO “de Ferrol, constitúe unha entidade sen ánimo de lucro, que ten o seu ámbito de actuación territorial coñecido histórica e popularmente como o barrio do INFERNIÑO, parroquia do Rosario. avvorosario@gmail.com. Móbil- 649 024612

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, comunicamos que imos solicitar ao Concello de Ferrol a DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO do INFERNIÑO.
Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE E IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO do INFERNIÑO.
Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS; SAN PEDRO e O ROSARIO.
Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.
Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.
Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.
Proporemos este debate con campañas informativas e reunións coa cidadanía, entidades sociais, responsables municipais para rematar cunha SOLICITUDE FORMAL DE DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.
Facemos un chamamento a toda a veciñanza co animo de recibir todo o APOIO para conquerir esta conquista para O INFERNIÑO.
Ferrol, a 4 de Marzo de 2010.
A Directiva.-
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
A asociación do Rosario pide que se
denomine á parroquia barrio do Inferniño
A asociación veciñal do Rosario-Inferniño emprendeu unha campaña informativa para conseguir para a parroquia a denominación de barrio do Inferniño.
A entidade rexeita que se considere Ensanche A tanto á zona da parroquia de San Pedro como a do Rosario pola inconcreción e «confusión» que xera, segundo indicou onte un dos membros da entidade promotora.
Argumentan que un encontro, celebrado hai anos, da Confederación Galega de Asociacións Veciñais de Galicia recoñecía a equiparación de parroquia con barrio sen caer en connotacións relixiosas.
Por iso, reclaman o recoñecemento ao considerar que O Rosario «ten a suficiente entidade e identidade», sen que supoña «ningunha intención de separatismo», sinalou o secretario, Xosé Mel Sanxoán.
A asociación elaborará material informativo e auspiciará reunións coa cidadanía e os responsables municipais conducentes á solicitude formal dunha declaración oficial.
La Voz de Galicia.-



mpune.
Aínda que a xénese de devandito espazo é anterior, bastante anterior, e partindo da base, dunha asociación de veciños, Fontelonga , en Esteiro, que propuxo xa no 2004 a creación dese espazo, iniciativa que todos aplaudiron.







Na década dos anos 40, ao norte da estrada de Castela, comezou a trazarse en Ferrol un novo barrio que os técnicos municipais denominaron “Ensanche Zona A”, e ao que a linguaxe popular chamou “Inferniño”.
Un crecemento desordenado protagonizado pola iniciativa privada caracterizou o novo barrio, os constructores edificaban nas parcelas dispoñibles e, logo, os veciños debían dirixirse ao concello para solicitar os servizos (o pavimentado, alumado público, traída de auga, etc...), a única infraestructura pública do barrio era un novo estadio de fútbol. Case 70 anos despois e xa no século XXI, a veciñanza deste barrio continúa pagando o desastroso “urbanismo” levado a cabo neses anos. Un barrio desordenado, excesivamente edificado e poboado e con escasísimas zonas verdes e servizos.
En decembro do ano 2000 o Concello pleno de Ferrol aprobou o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento urbanístico de ordenación integral do territorio, sendo un dos seus obxectivos mellora-los servizos públicos, as infraestructuras, as dotacións, os equipamentos e a urbanización, dende esta Asociación esiximos aos responsables políticos que garantan o escrupuloso cumprimento do citado Plan Xeral, especialmente nas parcelas aínda sen urbanizar como son o Palco das Ánimas e o Río do Tronco, así como nas construccións que se realizan sobre solares ou edificios vellos que se derruban.
Outro dos problemas que preocupa á veciñanza neste ámbito consideramos que é o chamado “feismo urbanístico”especialmente respecto daquelas parcelas ou solares sen edificar que convértense en vertedoiros de lixo ou autenticas “selvas urbanas” niño de toda bichería posible.
2. ESPAZOS VERDES E DE LECER

| RelojesWeb para Pisos! Quiz1da6 feeTha5e eiKi2roo Quaix4ma DeeXah6k See1ceaw oo3faeQu loTh3boo chee9Phi Tie7queo othe4Ka0 Ooku4aiS yahX5kee aid6XeuS ahch0Bah eeJie9ax |