- - APARCAMENTO INFERNIÑO –
- A Xunta directiva desta Asociación veciñal do Inferniño expresamos a nosa preocupación a respecto do Aparcadoiro do Inferniño- Porta Nova Park- instando a que interveña o Concello de Ferrol co obxecto de mediar no cumprimento desta concesión pública e impulsar este espazo comercial.
- Lembramos que no ano 2012 a empresa concesionaria comprometeuse publicamente a facer un investimento de 200.000 € nestas instalacións para actualizar conforme a legalidade os seus equipamentos e servizos co fin de dotar este aparcamento dun mellor servizo máis atractivo para a veciñanza.Parécenos grave as continuas queixas dos TRABALLADORES deste aparcamento no senso de que non se fai efectivo o pagamento das nóminas dos seus salarios. As empresas que son concesionarias do concello deben ser exemplares no cumprimento dos seus deberes e pregos de condicións. Esiximos ao goberno local o cumprimento destas obrigas laborais e cesionarias.
18.3.16
Aparcamento Inferniño- Traballadores.-
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario