Mostrando las entradas con la etiqueta Inferniñofolk. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Inferniñofolk. Mostrar todas las entradas

28.9.16

Inferniño folk-2016 - Berros do Castro

 




 
 
 
 
 
  Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño e Asociación Cultural TERRA MEIGA organizan  o Inferniñofolk-2016 o venres, 1 xullo às 20.30h no salón de actos do Centro  Cultural municipal  Carvalho Calero a unha actuación do Grupo de Musica galega tradicional "BERROS DO CASTRO" dentro da programación cultural FERROL ESCENA-2016 da concellaría de Cultura.
 
 
 
 
 
 
Tamén abrirán este festival as Cantareiras "FARAGULLAS"
 
 
 
Saúdos

 



 

14.6.16

V INFERNIÑO FOLK - 2106 .-

 

 
 
 
 - V  INFERNIÑO FOLK -2016 -
 
Centro Cultural Municipal
Carvalho Calero
 
 
   Esta Asociación veciñal O ROSARIO. INFERNIÑO  e a Asociación Cultural TERRA MEIGA convida a cidadanía a disfrutar da actuación musical folk galega a cargo do Grupo ALÉN DE ANCOS este vindeiro Venres-17 a partir das 21h no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, neste barrio do Inferniño.
 
    Esta actividade cultural forma parte do programa FERROL ESCENA -2016 da Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.
 

Saúdos
 


- Asoc. V. Inferniño -

- Terra Meiga .-

INFERNIÑO FOLK -2016 - Venres-17


- INFERNIÑO FOLK-2016 -
Centro Cultural Municipal
Carvalho Calero
Venres -17

- Imaxe ALÉN DE ANCOS -


    Esta Asociación veciñal O ROSARIO INFERNIÑO e a Asociación Cultural TERRA MEIGA convida a cidadanía a disfrutar da actuación musical folk galega a cargo do Grupo ALÉN DE ANCOS este vindeiro Venres-17 a partir das 21h no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, neste barrio do Inferniño.

Esta actividade cultural forma parte do programa FERROL ESCENA -2016 da Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.



Saúdos



- Asociacións V. Inferniño e Terra Meiga.
 

-

16.6.15

IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK



 
 

 
 
 A Directiva da Asociación Vecinal O ROSARIO- INFERNIÑO , CONVIDA a veciñanza ao IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK deste ano 2015 no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.


 
 
 
- VENRES-19 a partir das 20 horas.
 
 

- Actuación do Grupo de Música CHICULATE.

 
 
 
ESCOLA de GAITAS " De XIRITÉ "



 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Saúdos
 
- A directiva .-

INFERNIÑOFOLK-2015 .- BERROS DO CASTRO.-

 
 
 
 
 
IV FESTIVAL
 
- INFERNIÑOFOLK -
 
 

 
 
- GRUPO MÚSICA TRADICIONAL GALEGA -
 
- BERROS DO CASTRO .-
 
 

9.6.15

IV INFERNIÑOFOLK .-



 
 
 
IV FESTIVAL
INFERNIÑOFOLK


 


Cartaz anunciador do IV FESTIVAL INFERNIÑOFOLK deste ano 2015 no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.


- VENRES-12 a partir das 19 horas.


- Actuación do Grupo de Música BERROS DO CASTRO.


ESCOLA de GAITAS da ASOCIACIÓN VECIÑAL        do  INFERNIÑO.











Cartaz IV Inferniñofolk .-
 

--

8.7.14

Foto Alén de Ancos.- Inferniñofolk-2014.-



INFERNIÑOFOLK-2014
 


Actuación do Grupo de música folk ALÉN de ANCOS no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado 28 de xuño de 2014


 


 
 
 
 

24.6.14

III FESTIVAL INFERNIÑOFOLK -2014

 
 
 
- III  INFERNIÑOFOLK-2014 -
 
 
 
    
 Esta Asociación veciñal do Inferniño, convida a veciñanza para disfrutar da música galega neste  III FESTIVAL INFERNIÑO-2014 no Salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO o vindeiro SÁBADO, día 28 de xuño a partir das 19,30 horas.
 


 
- Actuarán o Grupo de música folk galega "ALEN DE ANCOS" e o Grupo de música tradicional "BERROS DO CASTRO".


 
 
 
Entre estas dúas actuacións de música galega,  escoitaremos un repertorio do cancioneiro  de música tradicional ESCOLA DE GAITAS da Asoc. INFERNIÑO.
 
 





 
 
 
 
 
- Esperamos a vosa visita musical e participación .-
 
 
- Saúdos musicais.-
 
 
- Directiva.-
 
 
 

26.7.13

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013


  
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 
MEMORIA
 

   Esta Asociación Vecinal O Rosario-Inferniño e a Asociación Cultural Terra Meiga queren expresar o noso agradecemento as persoas aos grupos ALGARABÍA e CHIRIBICOS, ARNOLA e ALÉN DE ANCOS que actuaron neste Festival urbano de INFERNIÑO FOLK
 
 
 
Manifestamos a nosa vontade de continuar organizando este festival INFERNIÑO FOLK nos vindeiros anos co fin de impulsar a música tradicional, folk como parte de nosa cultura galega.
 
 
 
Pedimos a maior colaboración das institucións e entidades co fin de consolidar no futuro este evento cultural.
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS no Palco da Música na Praza do Inferniño para pechar este festival de música folk.
 
 

 
 Grupo de Música Tradicional ARNELA .
 
 
 
 

SAÚDOS
 


8.7.13

Grupo Musica Tradicional ARNELA

 
 
 

INFERNIÑO FOLK-2013
 
 
Palco da Música
Praza do Inferniño
 
5 de Xullo de 2013

 
Neste ano participaron o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e como invitado as Cantareiras ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional CHIRIBICO e pechando este Festival o Grupo de Música Folk ferrolán ALÉN DE ANCOS .

 Palco da música da praza do Inferniño foi o lugar de encontró deste INFERNIÑO FOLK.
 
 
 





--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Grupo Música Folk - CHIRIBICO

 
 
 
- INFERNIÑO FOLK-2013 -
 
 
 - FESTIVAL FOLK GALEGO -
 
 

 
Grupo de música folk CHIRIBICO de Lago, Valdoviño que debutaron como grupo neste festival.
 

  
 
 
 
- actuación MUSICAL deste venres-5 de xullo-2013.


 

CANTARIERAS ALGARABÍA.-


 
 

INFERNIÑO FOLK
 
5 de XULLO-2013
 
 
Grupo de Música CANTAREIRAS ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   Palco da música da Praza do Inferniño deste venres-5 de Xullo-2013
 
 






- Actuando no Festival de Música tradicional- folk galega.

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013

 

 
 
 
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 


   O lugar para a celebración do concerto elixido para esta segunda edición foi o Palco da música da Praza do Inferniño
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS para pechar este festival de música folk.
 
 

4.7.13

II Festival Inferniño-folk

 FERROL .-


A II edición do Inferniño Folk achega varios rostros da música tradicional
| Actualizado 03 Julio 2013 -
                               
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero

                                                
Para dar a coñecer os diferentes estilos que conviven no seo da actual música tradicional galega (cuartetos, cantareiras, etc.), a asociación Terra Meiga volve apostar polo Festival Inferniño Folk, que este ano cumpre a súa segunda edición  no barrio onde  a entidade cultural e musical ten a súa sede.

 Así, o próximo venres ás 20.00 horas a praza do Inferniño acollerá esta cita coa música tradicional que está organizada conxuntamente coa Asociación de Veciños O Rosario- Inferniño e o grupo de música folk Alén de Ancos.

 Precisamente esta formación (que comparte varios membros con Terra Meiga) está formado por sete músicos novos pero cunha longa traxectoria musical. Así, en 2012 particiaparon na XXXII Edición do Festival Irmandiño de Moeche e foron finalistas no Proxecto Runas do XXXVIII Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.
cantareiras-

 Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral, e como invitado as Cantareiras Algarabía, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   O lugar para a celebración dos concertos será o palco da música da praza do Inferniño, que era o sitio elixido xa na primeira edición do festival que, finalmente tivo que levarse a cabo no Centro Cultural Carvalho Calero.
 Segundo os prognósticos meteorolóxicos que manexa a organización, parece que este ano terán máis fortuna.
 
Diario de Ferrol.-
 

II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013



 
 
II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013

 
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, xunto coa Asoc. Cultural Terra Meiga,  estamos a organizar o II Festival INFERNIÑOFOLK-2013 no Palco da Música desta Praza do Inferniño o vindeiro venres, día 5 de Xullo.
 

 



Contaremos neste Festival INFERNIÑO FOLK coas actuacións dos Grupos de música folk –galego "ALÉN DE ANCOS" ,  o Grupo de Música Tradicional ARNELA e as Cantareiras ALGARABIA - GRUPO CHIRIBICO -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
Convidamos a toda a veciñanza a disfrurtar deste festival durante a tarde-noite do venres-5 no Palco da Musica da Praza do Inferniño.


Estes grupos de música Folk Alén de Ancos, un grupo de música folk relativamente xoven,  componentes cunha longa traxectoria musical. Podemos destacar que no ano 2012 particiaparon na XXXII Ed. do Festival Irmandiño de Moeche e coma Finalistas no Proxecto RUNAS do XXXVIII Ed. Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.

A participación dos grupos será mediante o procedemento do Intercambio de Actuacións con Alén de Ancos (programa Rede Cultural da Deputación da Coruña) , unha forma de promocionar os nosos grupos locais dentro e fora de Ferrol. Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e coma invitado as Cantareiras ALGARABIA acompañadas polo Grupo Música Tradicional CHIRIBICO da AVV. de Lago-Valdoviño.

 

 

Saúdos

  
     
                     A directiva.-
 
 
 
 

 
 


1.7.13

II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013



 
 
II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013

 
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, xunto coa Asoc. Cultural Terra Meiga,  estamos a organizar o II Festival INFERNIÑOFOLK-2013 no Palco da Música desta Praza do Inferniño o vindeiro venres, día 5 de Xullo.
 

 



Contaremos neste Festival INFERNIÑO FOLK coas actuacións dos Grupos de música folk –galego "ALÉN DE ANCOS" ,  o Grupo de Música Tradicional ARNELA e as Cantareiras ALGARABIA - GRUPO CHIRIBICO -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Convidamos a toda a veciñanza a disfrurtar deste festival durante a tarde-noite do venres-5 no Palco da Musica da Praza do Inferniño.
 
 
Saúdos


 
 
A directiva.-
 
 
 
 
 
 
 

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

7.7.12

I INFERNIÑO FOLK

I INFERNIÑO FOLK

Actuación de ESPERABAS QUE VIÑERAS de Mugardos no Centro Cultural Carvalho Calero este Venres-6 de Xullo.




































Fotos I Inferniño Folk

I  INFERNIÑO FOLK


Actuación de ALÉN DE ANCOS este venres-6 no Centro Cultural Carvalho Calero.






























I INFERNIÑO-FOLK - Cartel

A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño  e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizamos un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES , día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.
Neste  Festival I INFERNIÑOFOLK, contaremos cos Grupos de música folk ALÉN DE ANCOS  e ESPERABA DE VIÑERAS , coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña , dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.
 Informacións artísticas:
Alén de Ancos é un grupo de Ferrol en constante actualización desde o seu nacemento no 2007. Despois de diversas probas musicais, o estilo defínese como FolkFusión dada a mestura de cancións tradicionais con outras de composición propia.
Levando as rendas da sonoridade musical temos whistles e uilleann pipe, sempre apoiados nos acordes de guitarra e piano, e seguindo os ritmos de bodhran e caixón.
Esta nova agrupación naceu coma un 'hobby' para un grupo de amigos que se coñeceran no seo de diferentes entidades e bandas da comarca. Pouco a pouco, e tras moitas horas de ensaio, déronlle forma ó seu son ata elaborar un estilo propio.
A traxectoria musical do grupo comeza coas actuacións esporádicas en pequenos locais e festivais cercanos a Ferrol, ata consolidarse definitivamente con un concerto no XII Quantum Music Festival organizado polos alumnos da Facultade de Física de Santiago de Compostela, aló polo 2008.
Despois deste gran debut coma grupo propiamente dito, participamos la inauguración dos "Mércores Folk" da xa clausurada Sala RunRum; Contratáronnos coma músicos-actores no Asalto ó Castelo de Monterrei (Ourense), dous anos consecutivos; Colaboramos no "Festival Benéfico En Feminino" organizado por AECOFE no 2008; Quedamos como semifinalistas no Concurso Escenario PRAU 2010 de Cantabria; Entre outras actuacións, tamén tocamos  en lugares como Neda (Belelle Folk 2009), Lires (Cee 2011), Carballo (2011), e San Sadurniño (San Pipote 2011).
Destacamos neste ano:
-          Ferrol Lidera 16 Marzo 2012 (Ferrol). Accésit 100 €.
-          Finalistas Proyecto Runas 2012 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
-          Festival Irmandiño de Moeche
Actualmente temos gravada a nova maqueta gravada co persoal técnico de Groove Punch Studios e así ter máis oportunidades á hora de solicitar novas actuacións.
Os integrantes de Alén de Ancos son: Pablo Díaz [Gaita e Whistles], Fausto Escrigas (Saxo e Whistles) Rubén Gómez [Guitarra], Aitor Rodríguez [Percusións], Iago Casal [Teclado], Carlos Caaveiro [Uilleann pipe], e Dolores Melgar [Pandeireta].
Para coñecernos máis recomendamos que visiten a páxina www.facebook.com/alendeancos
Poden contactar con nós por correo electrónico alendeancos@gmail.com
 - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Música folk con ritmos de rock e blues
Biografía
O Grupo Folc "ESTIMABA QUE VIÑERAS" nace alá polo ano 2007 en San Xoan de Piñeiro, Mugardos.
A súa música é unha mistura de pezas de gaita tradicionais co poemario galego e propio do noso país todo isto acicalado cun toquiño rock que lle aporta carácter á festa.
Os compoñentes veñen de distintos estilos musicais, o que lle aporta diversidade ao repertorio.
Ante todo son un grupo de amigos que gostan da música do país.
Contan xa cunha ampla cantidade de actuacións entre as que caben destacar algunhas de relevancia: "FESTIFOLK SAN XOAN DE PIÑEIRO" en Mugardos, "FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA" no Muiño de Pedroso-Narón, "FESTIVAL ANTROSPINOS" en Taragoña-Riaxo, "FESTIVAL SOLIDARIO, UNHA MAN POR HAITÍ" en Pontedeume, no "FESTIVAL IRMANDIÑO" de Moeche e nun sinfín de actuacións en festas e sociedades culturais da nosa bisbarra.
Compoñentes
Carliños, Tino, Andrés, Moncho, Mon. (fundadores e cando que eles queiran Rubén  e Serxio Platas), ademási o novo e flamante Guitarrista Gabi, e o estelar acordeoanista Diego Feal.