24.7.14

DÍA DE GALICIA- Banda Ferrolá de Música .-





A Asociación veciñal O ROSARIO – INFERNIÑO, organiza e convida a toda a veciñanza a escoitar a Banda Ferrolá de Música Municipal este vindeiro domingo, día 27 de xullo ás 12 horas na Praza do Inferniño en colaboración coa Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.
 
Esta magnífica Banda Ferrolá de Música municipal do concello de Ferrol está dirixida por Narciso Pillo que nos ofrecerá un concerto cun repertorio variado de música. Contaremos cun servizo de asentos para a cidadanía.
 
 
Este acto de celebración do DÍA DE GALICIA neste 25 de Xullo, expresamos a nosa lembranza a cidadanía que pasa por momentos de desigualdade e desesperanza, demandamos  novos tempos de xustiza social, laboral e económica para todos/as. 
 
 Espereramosvos na parte central desta Praza do Inferniño co fin de deleitar a cidadanía cun concerto de música galega e xeral nesta sinalada data.

 


- Saúdos .-

- A directiva.-

23.7.14

1º Aniversario accidente Alvia-Angrois - Homenaxe.-





   Esta Asociación Vecinal O Rosario-Inferniño, nos sumamos a homenaxe das asociacións de vítimas e familiares do accidente do Alvia en Angrois neste primeiro aniversario do fatal accidente que nunca debeu de producirse, xa que consideramos existen medios tecnóloxicos suficientes para evitar estas situación

   Expresamos a nosa lembranza e solidariedade con todas as vítimas do accidente do Alvia, asi como as familias afectadas desta comarca de Ferrol, lugar de destino final ao que nunca chegou.

  Neste primeiro aniversario, demandamos de todas as administracións públicas, sexan escoitadas as peticións das familias afectadas que demandan XUSTIZA, RESPONSABILIDADES e REPARACIÓN.


 
Ferrol, a 23 de Xullo de 2014.-


 
- Xunta directiva.-
 
 

Partido Xudicial Ferrol.-





   Esta Asociación veciñal do Rosario-Inferniño acordou a nosa ADHESIÓN a esta Plataforma do Partido Xudicial de Ferrol para defender os DEREITOS da cidadanía que son conculcados pola administración do estado e o Ministro de Xustiza.

   Esperamos a retirada deste proxecto de lei de Partidos xudiciais, Lei Rexistro Civil e futura Lei do ABORTO por que son un despropósito  que atenta contra os intereses cidadáns e a administración da Xustiza.

   Esta Xunta directiva pide a DIMISIÓN do MINISTRO DE XUSTIZA - Sr.Gallardón- xa que representa un atranco e unha rémora política para a sociedade civil.



- A directiva .-

--

Oficina Igualdade de xénero da Universidade.-

 
 
Galardonado un traballo da Oficina para a
 
Igualdade de Xénero da UDC.-

 
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Julio 2014 - 01:21 h.
Comparte:



A profesora da EPS, Ana Jesús López, é a directora da OIX j.m.
 

 
 
O traballo elaborado desde a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora (8 de marzo) vén de ser galardoado coa súa selección a
                                                   
participar na final estatal do certame Ciencia en Acción –convocado entre outros organismos polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)–, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro en CosmoCaixa, Barcelona.

   O equipo da UDC, coordinado pola directora da OIX, Ana Jesús López Díaz, e no que tamén participaron os bolseiros Alba Queija, Alexandra Vila e Diego Rodríguez, consistiu na creción dunha páxina web titulada "En procura da igualdade" na que se volcou todo o material elaborado con motivo da exposición "As mulleres nas bibliotecas da UDC", na  que se ofrecía unha achega ao traballo desenvolvido por mulleres en diferentes áreas e profesións coa finalidade de visibilizalas.

   O traballo foi seleccionado na categoría de "Ciencia, Ingeniería  Valores". Na cita de Barcelona, o grupo da institución académica herculina terá que defender o seu proxecto xunto co resto de participantes. Todos loitarán por ser o elixido para acceder á fase europea do certame, a celebrar o vindeiro ano en Londres.
 


 





 
                                     
 

 

8.7.14

Foto Alén de Ancos.- Inferniñofolk-2014.-



INFERNIÑOFOLK-2014
 


Actuación do Grupo de música folk ALÉN de ANCOS no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado 28 de xuño de 2014


 


 
 
 
 

1.7.14

Obras Centro Comercial .-


O Concello dá catro meses de prazo

para repor as fachadas de Porta Nova

A xunta de goberno deu onte luz verde ao proxecto básico e de execución e ao plan de seguridade

         
Na foto, tomada onte, vista do centro Porta Nova. anxo manso
ADVERTISEMENT
O Concello de Ferrol completará as obras de urxencia no centro comercial Porta Nova cunha reposición de fachadas da instalación de titularidade municipal, construída hai vinte anos. A xunta de goberno deu onte luz verde ao proxecto básico e de execución e ao plan de seguridade e saúde para acometer os traballos, declarados de urxencia, «e cos que se porá fin á falta de mantemento e conservación que presenta ou centro practicamente dende a súa apertura».
O proxecto completará os traballos de urxencia realizados xa en maio polo desprendemento de parte da fachada e que consistiron en desmontar a folla exterior da parede do centro que está orientada á avenida de Viveiro.
Solución «rápida»
 
O edil de Urbanismo, Guillermo Evia, explicou que os traballos aprobados onte suporán, basicamente, a retirada das follas exteriores da fachada de Porta Nova substituíndoas por paneis de aluminio, unha solución que o concelleiro considera a máis rápida, limpa e estética.
O Concello destinará 374.374 euros a estas tarefas, que teñen un prazo de execución de catro meses. Deste xeito, o goberno municipal sinala que garante «a seguridade do centro comercial do Inferniño» e segue adiante coa súa iniciativa «para relanzar estas instalacións, para conseguir que sexan un punto de dinamización do barrio de Ensanche A».
 
Desde o Concello conclúese sinalando que «cómpre lembrar que ou executivo local ten dado pasos para retirar a xestión de Porta Nova ao seu concesionario, así como para recuperar os locais baleiros de actividade».
 
- La Voz de Galicia.-
 

24.6.14

III FESTIVAL INFERNIÑOFOLK -2014

 
 
 
- III  INFERNIÑOFOLK-2014 -
 
 
 
    
 Esta Asociación veciñal do Inferniño, convida a veciñanza para disfrutar da música galega neste  III FESTIVAL INFERNIÑO-2014 no Salón de Actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO o vindeiro SÁBADO, día 28 de xuño a partir das 19,30 horas.
 


 
- Actuarán o Grupo de música folk galega "ALEN DE ANCOS" e o Grupo de música tradicional "BERROS DO CASTRO".


 
 
 
Entre estas dúas actuacións de música galega,  escoitaremos un repertorio do cancioneiro  de música tradicional ESCOLA DE GAITAS da Asoc. INFERNIÑO.
 
 





 
 
 
 
 
- Esperamos a vosa visita musical e participación .-
 
 
- Saúdos musicais.-
 
 
- Directiva.-
 
 
 

Convocatoria Asemblea Ordinaria.-

 



 CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
   
                                                      - 7 de XULL0 de 2014 -

 
    
Benquerido/a  socio /a ;

                A Xunta directiva CONVOCA aos socios/as para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, no local social, o vindeiro día 7 de Xullo ás 11 h. en primeira convocatoria e ás 11,30 horas na segunda.

                                              Orde do día

  

1 .- Lectura e aprobación da ACTA  Asemblea  
      Ordinaria anterior.
    

2 .- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL .-

 
3 .- Previsión programa ACTIVIDADES-2014.
                

4.- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio-2013.-
      
         
5 .- Previsión económica deste exercicio 2014.

 
6 .- Suxestións e preguntas.
    
       

                Ferrol a 14 de XUÑO de 2014.-

  

       - Directiva .- 

Convocatoria Asemblea Extraordinaria.-

 



 Convocatoria ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

  7 de Xullo de 2014

 
     

   ESTIMADOS/AS   SOCIOS/AS :

 

  Estamos CONVOCADOS a celebrar unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o día 7 de Xullo (a continuación da Asemblea Ordinaria), ás 12,15 horas,  no noso LOCAL SOCIAL co obxecto de renovar os membros da Xunta directiva.

 
      
                               Orde do día

 
     
1  .- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
 
        
2 .- Renovación directivos/as da Xunta directiva. Artigo nº 19. 
                      

                       - PRESIDENTA

 - VICE-PRESIDENTE

- SECRETARIO      

                      - TESOUREIRA

                      - VOGAIS PARES

                      - VOGAIS IMPARES

 
 
          Ferrol a 14 de Xuño de 2014.-
     

 - Directiva.-
             

15.5.14

Sanidade pública - FERROL- 14 maio-2014




Mobilizacións no Hospital Arquitecto Marcide da área sanitaria de Ferrol este 14 de maio.







--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol




 

Reivindicacións dos traballadores do Naval



O naval pasea as súas reivindicacións

pola ría de Ferrol

Traballadores dos estaleiros secundan unha marcha a pé por catro municipios para «desmontar os globos sonda» para o sector

Escrito por:
Ferrol  15 de maio de 2014                                            
          
PROPIAS       
ADVERTISEMENT
Os traballadores do naval ferrolán iniciaron ás doce da mañá unha camiñada que lles levará por catro municipios da ría para mostrar á cidadanía as súas reivindicacións e criticar publicamente os «globos sonda» para o sector, que se concretaron nas últimas semanas con anuncios para a fabricación de varios buques que aínda non teñen data de inicio.
 Os operarios partiron da antiga Bazán e reuniranse cos da antiga Astano en Fene, desde onde continuarán a marcha por Neda e Narón, onde xantarán. Posteriormente, iniciarán o regreso a Ferrol pola estrada de Castela.
 
Ataviados con camisetas reivindicativas de carga de traballo e a maioría protexidos do sol con viseras -algún incluso con paraugas- os operarios reclaman que o Goberno fixe o arranque da obra do Buque de Acción Marítima (BAM) prometido pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e que a dirección de Navantia informe sobre as posibilidades de novos encargos, como os dous barcos butaneros de Repsol.
 
Ignacio Naveiras, portavoz do comité de Navantia Ferrol, cualificou de «lastimoso e penoso» o papel dos responsables da compañía pública, apartados dos anuncios públicos dos posibles contratos.
 

- La Voz de Galicia.-


Centro Comercial sen recepcionar e irregular.-


O edificio de Porta Nova está sen

recepcionar despois de 20 anos.

O alcalde alude a «problemas urbanísticos»

para os que busca solución.

Escrito por:
rocío pita parada
ferrol / a voz  15 de maio de 2014                                            
          



Iniciadas as obras de urxencia. A firma Hiperdeco comezou a colocar apontoamentos laterais para asegurar as paredes adxacentes á máis danada, desprendida parcialmente. A demolición cortando o muro exterior que dá á avenida de Viveiro custará 30.000 euros e prevese que finalice en días. Despois haberá que actuar en todo o perímetro, por un importe total de 326.000 euros. césar toimil
ADVERTISEMENT
Os problemas crecen no centro comercial Porta Nova. Case vinte anos despois da súa apertura, o edificio municipal está sen recepcionar polo Concello. É dicir, o Concello nunca chegou a realizar o trámite de verificación para comprobar se o inmoble se executou ou non de acordo ao recollido no proxecto e aos requirimentos municipais. Así o confirmaron fontes de goberno local e admitíao tácitamente o alcalde, José Manuel Rey: «Sei que hai problemas urbanísticos. Entendo que non está recepcionado». Con todo, o rexedor non soubo concretar cales son eses obstáculos nin por que no seu momento -o centro comercial comezouse a construír en 1994 e abriuse en novembro de 1995- a administración local non chegou a recibir a obra dun edificio municipal. Pero si asegurou que o seu equipo «está a traballar» para resolvelo.
 
Esta circunstancia non impediu que en todo este tempo o Concello teña actuado libremente nun edificio da súa titularidade. Preguntado sobre se o Concello reclamará responsabilidades por defectos construtivos no inmoble, tras o derrubamento parcial dunha fachada o pasado martes, argumentou que «non é a cuestión máis importante pedir responsabilidades por algo que se produciu hai anos».
 
Algunhas fontes aluden a que o centro comercial se atopa nunha situación urbanística «irregular» e «fóra de ordenación» con respecto ao plan especial que permitiu a construción da praza, do centro comercial e do aparcadoiro subterráneo na parcela que ocupaba o estadio Manuel Rivera. Estes problemas bloquearían sacar de novo a concesión a xestión de Porta Nova, rescatada polo actual goberno local.
 
Con todo, o concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, nega calquera irregularidade. E defende que o edificio cumpre co plan especial e o PXOM. «O único problema que hai é construtivo», defendeu en referencia ás deficiencias no muro exterior da fachada.
 
No entanto, sinalou que para intentar revitalizar o centro comercial proponse un novo deseño e unha posible remodelación dos espazos para aumentar a superficie, sempre ata o límite permitido, que podería requirir a modificación de volumes e unha modificación do plan xeral. Aínda que «se altere ou non a superficie, o máis lóxico é modificar o plan especial», dixo o edil.
 Evia incidiu en que o interior do edificio non corre risco algún.

- La Voz de Galicia.-


-- 

14.5.14

Derrubamento no Centro Comercial.

 
 
 
Derrumbe no centro comercial Porta Nova.-
 
 
  Dende a Asociación veciñal O Rosario- Inferniño expresamos  a nosa preocupación ante o derrubamento exterior da parede lateral da Avda. de Vivero do Centro Comercial Porta Nova.

 Esta Asociación vecinal ven a denunciar dende hai máis de 7 anos a mala xestión deste centro comercial por parte das concesionarias máis a despreocupación e desidia da maioría dos gobernos municiapais.

   Pensamos que xa no ano 1994 houbo unha moi mala xestión pola adxudicación das obras a empresa GEPERSA responsable desta construcción, a cal foi rescatada con posterioridade e posterior adxudicación a concesión a empresa FESUCO, encargada desde o ano 1999 da xestión deste espazo comercial integrado por máis dunha vintena de establecementos, a cal acabou en concurso de acreedores e posterior RESCATE da concesión tal e como demandábamos públicamente ao Concello de Ferrol con débedas de 500.000 € .

Nos sumamos as denuncias socias e demandamos do concello de Ferrol que interveña  e realice os estudos urbanísticos pertinentes sobre este edificio e actúe en concecuencia ante o risco de máis derrubamentos.

Esperamos que o goberno local responda con unha resolución responsable e faga os estudos necesarios e contrastados que valoren  a verdadeira situación real deste centro comercial e actúe en consecuencia.


Saúdos


a directiva .- 



--

Obra Teatro Calavera.- O Reino dos fantoches -

 
 
 
- LETRAS GALEGAS -
 
- Grupo Teatro CALAVERA -
 
- O REINO dos FANTOCHES -
 

 
Obra infantil de teatro " O Reino dos fantoches" este pasado
venres, día 9 de maio no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Saúdos .-
 
 
 

6.5.14

" O REINO DOS FANTOCHES" - TEATRO CALAVERA .-


 
 
- LETRAS GALEGAS - 2014 - 
 

Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, celebra un ano máis as LETRAS GALEGAS que este ano homenaxea ao escritor Xosé M. Díaz Castro. Convidamos ao público infantil e as súas familias a una función de Teatro para nen@s "O REINO DOS FANTOCHES", da compañía  "CALAVERA" no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero este vindeiro Venres, día 9 de maio, ás 19 horas.
 

INFORMACIÓN DO ESPECTÁCULO ' O REINO DOS FANTOCHES'

 
  DO GRUPO: TEATRO CALAVERA
     

Duración aproximada da actuación   -  50 Minutos.                 
     

 
Sinopse:
Atención! Moita atención! Porque agora mesmo vai dar comezo a representación. Ssshhhhh! Quedos todos, caladiños, ssshhh! Cos ollos postos aquí. Pois vai dar comezo a historia xamais contada dun Rei Farfantón e dunha Princesa moi fachendosa que, por culpa das súas fantochadas foron perder o tesouro real quedando na máis absoluta pobreza... Pero non vos preocupedes porque Pecas, o tesoureiro xeneral, levará a cabo unha aventura desesperada para salvar o tesouro, e atravesará os bosques guiado polos fermosos cantos dunha Fada... Con moito gusto, desexando que vos guste, preséntovos a nosa obra: O Reino dos Fantoches!

 

 
 
NESTE ESPECTÁCULO PARTICIPAN: JOSE LUÍS LÓPEZ "SACHA", ÓSCAR RODRÍGUEZ, IRENE AMADOR, RAÚL GONZÁLEZ, LUIS G. RAMOS E MARIÁN REI.

 
    -  Breve historial do grupo -
   
 
Teatro Calavera nace en 2013 dentro da Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, co obxectivo de investigar a redor da narración oral e teatro destinado ao público máis novo. Procura ofrecer espectáculos versátiles que se adapten á maior parte dos espazos. Os espectáculos teñen por costume ser de creación colectiva, buscando temas que axuden ás nenas e aos nenos na súa educación, estimulando valores positivos (igualdade, traballo en equipo...)
Apostamos pola aprendizaxe a través do xogo, da acción e do humor.
Tamén buscamos a interacción co público, animando a que as nenas e os nenos se expresen e participen levados pola fantasía.
 
 
-------
 
 
- Xosé María Díaz Castro .-
 
O Homenaxeado das Letras Galegas-2014, Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989) , poeta de Os Vilares de Parga , Guitiriz  -  Lugo -
 
 

 

- Saúdos .-
 

30.4.14

Ricardo Carvalho Calero.

 
 
Petición desta Asociación Vecinal para homenaxear
 
 e adicar as Letras Galegas-2015 ao escritor ferrolán
 
 Ricardo CARVALHO CALERO.-
 
 
 
 
 
 
 

1.4.14

Centro Comercial Porta Nova -Rescate- Concurso.-


Rexistros dá a razón ao Concello no

preito por Porta Nova

Era o último obstáculo para sacar a concurso o centro comercial.

Escrito por:
ferrol / a voz  31 de marzo de 2014                                            
          

 
A Dirección Xeral de Rexistros e do Notariado deu a razón ao Concello de Ferrol no preito que mantiña coa anterior concesionaria do centro comercial Porta Nova do Inferniño. Ocorría que o Rexistro da Propiedade de Ferrol denegara a suspensión da cancelación rexistral da concesión administrativa do anterior concesionario. Este trámite, explicou o concelleiro Alejandro Langtry, deixa libre o camiño para sacar de novo a concurso o centro comercial.
Fora en setembro do 2013 cando o Concello solicitou do rexistrador a cancelación sinalada, tras o acordo plenario que así o decidía.
O rexistrador alegaba que a anterior concesionaria Ferrolterra Superficies Comerciais S. L. atopábase en fase de liquidación por concurso ante o Xulgado do Pmercantil da Coruña.
Recurso gubernativo
Ante esta decisión, o Concello presentou recurso gubernativo ante a Dirección Xeral de Rexistros. Fora en 1994 cando a autoridade municipal fixera a concesión a favor da mencionada entidade mercantil. O rexistrador ferrolán sugurió que aínda non había sentenza firme para realizar a nova inscrición.
A Dirección Xeral di agora que «extinguido o contrato extínguense os dereitos e obrigacións» e xa que logo considera que a relación entre o Concello e a anterior concesionaria, por incumprimento, está clara. De maneira que dá a razón á alcaldía e, neste sentido, estima o recurso, revoga a cualificación rexistral, aínda que cabe recurso xudicial.
- La Voz de Galicia.-