- LETRAS GALEGAS - 2014 -
Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, celebra un ano máis as LETRAS GALEGAS que este ano homenaxea ao escritor Xosé M. Díaz Castro. Convidamos ao público infantil e as súas familias a una función de Teatro para nen@s "O REINO DOS FANTOCHES", da compañía "CALAVERA" no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero este vindeiro Venres, día 9 de maio, ás 19 horas.
INFORMACIÓN DO ESPECTÁCULO ' O REINO DOS FANTOCHES'
Duración aproximada da actuación - 50 Minutos.
Sinopse:
Atención! Moita atención! Porque agora mesmo vai dar comezo a representación. Ssshhhhh! Quedos todos, caladiños, ssshhh! Cos ollos postos aquí. Pois vai dar comezo a historia xamais contada dun Rei Farfantón e dunha Princesa moi fachendosa que, por culpa das súas fantochadas foron perder o tesouro real quedando na máis absoluta pobreza... Pero non vos preocupedes porque Pecas, o tesoureiro xeneral, levará a cabo unha aventura desesperada para salvar o tesouro, e atravesará os bosques guiado polos fermosos cantos dunha Fada... Con moito gusto, desexando que vos guste, preséntovos a nosa obra: O Reino dos Fantoches!
NESTE ESPECTÁCULO PARTICIPAN: JOSE LUÍS LÓPEZ "SACHA", ÓSCAR RODRÍGUEZ, IRENE AMADOR, RAÚL GONZÁLEZ, LUIS G. RAMOS E MARIÁN REI.
Teatro Calavera nace en 2013 dentro da Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, co obxectivo de investigar a redor da narración oral e teatro destinado ao público máis novo. Procura ofrecer espectáculos versátiles que se adapten á maior parte dos espazos. Os espectáculos teñen por costume ser de creación colectiva, buscando temas que axuden ás nenas e aos nenos na súa educación, estimulando valores positivos (igualdade, traballo en equipo...)
Apostamos pola aprendizaxe a través do xogo, da acción e do humor.
Tamén buscamos a interacción co público, animando a que as nenas e os nenos se expresen e participen levados pola fantasía.
-------
- Xosé María Díaz Castro .-
O Homenaxeado das Letras Galegas-2014, Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989) , poeta de Os Vilares de Parga , Guitiriz - Lugo -
- Saúdos .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario