16.10.13

Presentación I Xornadas Sanidade Pública.-

 

Seis especialistas debaterán

en Ferrol sobre o estado da

sanidade pública.

O centro sociocultural Novacaixagalicia acollerá este fin de semana as xornadas abertas ao público.

Escrito por:
Ferrol / a voz  16 de outubro de 2013 .
                                            
         


 
   Ferrol converterase este fin de semana nun foro de debate sobre a situación na que se atopa a sanidade pública. Os colectivos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra e SOS Sanidade Pública organizan estas xornadas que terán lugar no centro sociocultural Novacaixagalicia e cuxa asistencia é libre e gratuíta. «Van servir para tomar ou pulso á sanidade», destacou Xosé Mel, da Plataforma, que se encargou de presentar os actos.
 
    As conferencias arrincarán este venres ás 17.30 horas cunha mesa debate sobre A Contrarreforma Sanitaria, na que os relatores falarán sobre os recortes, repagos, privatización, o Real Decreto Lei que afecta aos emigrantes e a Lei de Garantías Sanitarias.
 Participarán nesta mesa o médico de familia Pablo Vaamonde, fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria, e o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Manuel Martín García.
 Pola tarde, a partir das 19 horas, o presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Jesús Sueiro, e o especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, Bernardino Pardo, impartirán unha charla sobre A atención primaria: a prioridade necesaria e ou gasto farmacéutico.
 
O sábado continuarán as actividades cun debate a partir das 11.00 horas sobre A relación público privada. Incompatibilidades, concertos, listas de espera e xestión, a cargo de doutora María Luisa Lores, especialista en Radioloxía, e o doutor Carlos Piñeiro, médico de Atención Primaria no centro de saúde de Narón e fundador da Asociación de Amigos do Corazón.
 
As xornadas culminarán cunha mesa redonda sobre o Pacto polítco pola sanidade pública universal e gratuíta, con representantes dos grupos parlamentarios do PP, PSOE, AGE e BNG, Miguel Ángel Santalices, Beatriz Sestayo, Eva Solla e María Montserrat Prado, a partir das 12.30 horas..
 
 
La Voz de Galicia.-


 

15.10.13

I Xornadas Sanidade pública.-



 


I XORNADAS SANIDADE PÚBLICA.-
 
FUNDACIÓN NOVAGALICIABANCO


Venres día 18

Ás 17:30 horas. Mesa Debate:
A Contrarreforma Sanitaria.

Recortes/Repagos/Privatizacións o RD Lei 16/2012 e a Lei de Garantías Sanitarias.

Ponentes:Dr. Pablo Vaamonde García e Dr.Manuel Martín García.

Modera:D. Xosé Miguel López, da Asociación Veciñal de Esteiro.


- - - - - - - - - - -

Ás 19 horas. Mesa Debate:

A Atención Primaria: a prioridade necesaria e o Gasto Farmacéutico.
Ponentes: Dr.Jesús Sueiro Justel e Dr.Bernardino Pardo Teijeiro.

Modera: Dr. Manuel A. Ramos Rodríguez, concelleiro de Narón.


- - - - - - - - - -

Sábado 19

Ás 11 horas Mesa Debate:

A Relación Público/Privada ( Incompatibilidades, Concertos, Listas de Espera, Xestión ).

Ponentes:Dra. Mª Luísa Lores Aguín e Dr. Carlos Piñeiro Díaz.

Modera:Dona Ana Jesús López Díaz, Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.


 - - - - -
  Ás 12:30 H Mesa Redonda:
Pacto político pola Sanidade Pública, Universal e Gratuíta.

Ponentes: Grupos parlametarios de PP, PSOE, AGE e BNG.
Grupo PP: D. Miguel Angel Santalices Vieira.

Grupo PSdeG-PSOE: Dona Beatriz Sestayo Doce.

Grupo AGE: Dona Eva Solla Fernández.

Grupo BNG: Dona Mª. Montserrat Prado Cores

Modera: D. Germán Castro Tomé, ex-director do Diario de Ferrol.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -  -


Pablo Vaamonde García:
Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.
Manuel Martín García:
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, portavoz de SOS Sanidade Pública e presidente da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública do Estado Español.

Exerce no Centro de Saúde de Seixo en Pontevedra.
Jesus Sueiro Justel:
Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).

Exerce no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago.

Promotor da campaña de obxección de conciencia para seguir atendendo ás persoas inmigrantes en situación irregular fronte ao RD Lei 16/2012.
Bernardino Pardo Teijeiro:
Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.

Exerce no Centro de Saúde de Nadela en Lugo.

Vicepresidente de ASPNAIS, asociación dedicada ao coidado de discapacitados. Colabora con Unicef e Adega.
Maria Luísa Lores Aguín:
Especialista en Radioloxía, coautora do libro A Saúde como Negocio da editorial Laiovento.

Pertence a Federación de Asociación para a Defensa da Sanidade Pública.

Ex Directora Asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Exerce no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
Carlos Piñeiro Díaz:
Médico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Narón.Master en Saúde Pública.Fundador de AMICOR (Asociación de Amigos do Corazón). Colaborador de AGAVIDA( Asociación Galega de Víctimas do Amianto).






 


7.10.13

Ensaios GAITA




 
Informamos que a partir deste vindeiro Martes-1 de Outubro ás 18,30 h. comezaremos as actividades de GAITA no andar baixo do Centro Cultural Carvalho Calero.

Horarios de Martes e Xoves ás 18,30 horas.

 
 
Saúdos
 
 
- A directiva.-
 
 


 
 

 

Nova reforma Praza de España


 

-     REFORMA PRAZA DE ESPAÑA-

Setembro 2013

     

        A Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, observamos con preocupación as obras de reforma da Praza de España as cales presentan moitas dúbidas por parte da cidadanía.
     
Pensamos que o problema da Praza de España consiste en solucionar o ESPAZO SOTERRADO polo que lembramos a promesa da campaña electoral do candidato do PP que era recheando con terra este espazo interior.
 
     Ao  noso entender, esta modificación non ten ningún sentido nin percibimos unha funcionalidade que xustifique esta reforma para comprender unha Praza máis dinámica. Se isto persigue unha praza con máis ornamentación podemos afirmar que se trata dunha chapuza no uso de materiais dos grandes  maceteiros de pedra SEN PULIR que nos recorda as pedras da Praza do Inferniño que tanto criticamos e causou varios accidentes en nenos motivado a estes afiados cantos para volver 20 anos despois a reincidir no mesmo erro .
 
A Praza de España vaise converter nunha praza de obstáculos que restará mobilidade e espazo público peonil con esta disparatada reforma e un claro despilfarro de diñeiro público do Concello de Ferrol .
   
Outra cuestión sería tratar de solucionar os 2 locais de superficie que lembramos existe un acordo de Participación Cidadá para destinar un  local como sala cultural de exposicións, charlas e encontros cidadáns, pero que estes acordos non foron respetados e mesmo foi desmantelado todo o proceso de Participación Cidadá que tanto aportou o movemento social de Ferrol.
 
   Consideramos estas obras de reforma desta Praza de España unha reforma innecesaria, un despilfarro de recursos públicos e, en consecuencia, un capricho político polo que pedimos a PARALIZACIÓN das Obras co fin de RESOLVER os verdadeiros problemas da Praza que son o destino dos locais e o espazo soterrado.
 
 

Ferrol, a 25 de setembro de 2013.

 
 
- A directiva.-
 


--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

26.7.13

LOITO E PESAME - 25 XULLO

 

 

      A Asociación Veciñal O Rosario –Inferniño, expresamos a nosa consternación e pésame as familias das vítimas do accidente de tren Madrid- Ferrol, ocorrido en Santiago de Compostela na véspera do Día de Galicia.

 

      Esperamos o restablecemento das persoas feridas e queremos adherirnos aos 7 días de loito decretado polo goberno galego.

 

     Comunicamos a nosa participación e nosa adhesión as concentracións en lembranza polas vítimas e nosa máis sincera solidariedade con todas as familias que sufriron esta traxedia.

 
 

 

Ferrol, a 25 de Xullo de 2013.

 
 

-      A directiva .-

        

       

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013


  
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 
MEMORIA
 

   Esta Asociación Vecinal O Rosario-Inferniño e a Asociación Cultural Terra Meiga queren expresar o noso agradecemento as persoas aos grupos ALGARABÍA e CHIRIBICOS, ARNOLA e ALÉN DE ANCOS que actuaron neste Festival urbano de INFERNIÑO FOLK
 
 
 
Manifestamos a nosa vontade de continuar organizando este festival INFERNIÑO FOLK nos vindeiros anos co fin de impulsar a música tradicional, folk como parte de nosa cultura galega.
 
 
 
Pedimos a maior colaboración das institucións e entidades co fin de consolidar no futuro este evento cultural.
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS no Palco da Música na Praza do Inferniño para pechar este festival de música folk.
 
 

 
 Grupo de Música Tradicional ARNELA .
 
 
 
 

SAÚDOS
 


8.7.13

Grupo Musica Tradicional ARNELA

 
 
 

INFERNIÑO FOLK-2013
 
 
Palco da Música
Praza do Inferniño
 
5 de Xullo de 2013

 
Neste ano participaron o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e como invitado as Cantareiras ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional CHIRIBICO e pechando este Festival o Grupo de Música Folk ferrolán ALÉN DE ANCOS .

 Palco da música da praza do Inferniño foi o lugar de encontró deste INFERNIÑO FOLK.
 
 
 





--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Grupo Música Folk - CHIRIBICO

 
 
 
- INFERNIÑO FOLK-2013 -
 
 
 - FESTIVAL FOLK GALEGO -
 
 

 
Grupo de música folk CHIRIBICO de Lago, Valdoviño que debutaron como grupo neste festival.
 

  
 
 
 
- actuación MUSICAL deste venres-5 de xullo-2013.


 

CANTARIERAS ALGARABÍA.-


 
 

INFERNIÑO FOLK
 
5 de XULLO-2013
 
 
Grupo de Música CANTAREIRAS ALGARABÍA, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   Palco da música da Praza do Inferniño deste venres-5 de Xullo-2013
 
 






- Actuando no Festival de Música tradicional- folk galega.

FESTIVAL INFERNIÑO-FOLK-2013

 

 
 
 
INFERNIÑO FOLK
5 de XULLO-2013
 


   O lugar para a celebración do concerto elixido para esta segunda edición foi o Palco da música da Praza do Inferniño
 

 
 
Actuación de ALÉN DE ANCOS para pechar este festival de música folk.
 
 

4.7.13

II Festival Inferniño-folk

 FERROL .-


A II edición do Inferniño Folk achega varios rostros da música tradicional
| Actualizado 03 Julio 2013 -
                               
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero

                                                
Para dar a coñecer os diferentes estilos que conviven no seo da actual música tradicional galega (cuartetos, cantareiras, etc.), a asociación Terra Meiga volve apostar polo Festival Inferniño Folk, que este ano cumpre a súa segunda edición  no barrio onde  a entidade cultural e musical ten a súa sede.

 Así, o próximo venres ás 20.00 horas a praza do Inferniño acollerá esta cita coa música tradicional que está organizada conxuntamente coa Asociación de Veciños O Rosario- Inferniño e o grupo de música folk Alén de Ancos.

 Precisamente esta formación (que comparte varios membros con Terra Meiga) está formado por sete músicos novos pero cunha longa traxectoria musical. Así, en 2012 particiaparon na XXXII Edición do Festival Irmandiño de Moeche e foron finalistas no Proxecto Runas do XXXVIII Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.
cantareiras-

 Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral, e como invitado as Cantareiras Algarabía, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.

   O lugar para a celebración dos concertos será o palco da música da praza do Inferniño, que era o sitio elixido xa na primeira edición do festival que, finalmente tivo que levarse a cabo no Centro Cultural Carvalho Calero.
 Segundo os prognósticos meteorolóxicos que manexa a organización, parece que este ano terán máis fortuna.
 
Diario de Ferrol.-
 

II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013



 
 
II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013

 
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, xunto coa Asoc. Cultural Terra Meiga,  estamos a organizar o II Festival INFERNIÑOFOLK-2013 no Palco da Música desta Praza do Inferniño o vindeiro venres, día 5 de Xullo.
 

 



Contaremos neste Festival INFERNIÑO FOLK coas actuacións dos Grupos de música folk –galego "ALÉN DE ANCOS" ,  o Grupo de Música Tradicional ARNELA e as Cantareiras ALGARABIA - GRUPO CHIRIBICO -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
Convidamos a toda a veciñanza a disfrurtar deste festival durante a tarde-noite do venres-5 no Palco da Musica da Praza do Inferniño.


Estes grupos de música Folk Alén de Ancos, un grupo de música folk relativamente xoven,  componentes cunha longa traxectoria musical. Podemos destacar que no ano 2012 particiaparon na XXXII Ed. do Festival Irmandiño de Moeche e coma Finalistas no Proxecto RUNAS do XXXVIII Ed. Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.

A participación dos grupos será mediante o procedemento do Intercambio de Actuacións con Alén de Ancos (programa Rede Cultural da Deputación da Coruña) , unha forma de promocionar os nosos grupos locais dentro e fora de Ferrol. Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional ARNELA de Carral, e coma invitado as Cantareiras ALGARABIA acompañadas polo Grupo Música Tradicional CHIRIBICO da AVV. de Lago-Valdoviño.

 

 

Saúdos

  
     
                     A directiva.-
 
 
 
 

 
 


1.7.13

II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013



 
 
II FESTIVAL INFERNIÑOFOLK-2013

 
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, xunto coa Asoc. Cultural Terra Meiga,  estamos a organizar o II Festival INFERNIÑOFOLK-2013 no Palco da Música desta Praza do Inferniño o vindeiro venres, día 5 de Xullo.
 

 



Contaremos neste Festival INFERNIÑO FOLK coas actuacións dos Grupos de música folk –galego "ALÉN DE ANCOS" ,  o Grupo de Música Tradicional ARNELA e as Cantareiras ALGARABIA - GRUPO CHIRIBICO -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Convidamos a toda a veciñanza a disfrurtar deste festival durante a tarde-noite do venres-5 no Palco da Musica da Praza do Inferniño.
 
 
Saúdos


 
 
A directiva.-
 
 
 
 
 
 
 

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Hoxe a Planta de Gas no Parlamento de Galicia





Despóis de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa, hoxe debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo AGE, exixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta.

A Moción, con enmendas do PS de G – PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular.
 
Unha representación do CCE, asistíu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.
 






--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995






--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Manifa- Sanidade Pública - 27 Xuño

 
 
-Manifa pola Sanidade Pública en Ferrolterra -
 
27 de Xuño de 2013.
 
 
 
 


 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  


Manifa 27 XUÑO pola Sanidade Pública.

Saúdos

 

29.6.13

Fwd: MANIFESTACIÓN DE MILLEIROS DE PERSOAS


27 XUÑO -2013

Milleiros de persoas se

manifestaron onte contra

os recortes na sanidade

e educación.

REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 28 Xuño 2013 - 
                                
los asistentes salieron de la plaza de españa hacia la de armas, por la calle real luis polo
 os asistentes sairon da praza de españa ate a de armas, pola rúa real - luis polo

                                               
Unhas 3.500 persoas, segundo a organización, secundaron a manifestación celebrada onte na cidade como acción de protesta contra os recortes gobernamentais na Sanidade e Educación. A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Ferrol - que aglutina a medio centenar de entidades e sindicatos- convocou a mobilización, que partiu da praza de España pasadas as sete da tarde e finalizou media hora máis tarde, na praza de Armas.
 
 Unha vez na escalinata da Casa do Concello, integrantes de diferentes colectivos portaron seis pancartas en defensa da sanidade pública, dúas a favor do ensino público e unha da Asociación Ferrolá de Drogodependentes (Asfedro). Foi un dos integrantes da Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Ferrol, Miguel López, a persoa encargada de ler un manifesto no que se arremetía contra os recortes do PP e denunciábase a privatización de servizos.
 
 O de onte foi, segundo lembrou López, "un día de loita en toda Galicia contra os recortes, as privatizacións e o repago, en definitiva, contra o desmantelamento que están a facer o Partido Popular e o goberno de Núñez Feijóo desde a súa chegada á Xunta no ano 2009".  Con estas palabras resumía o integrante da plataforma a mobilización de onte, na que se cargou contra os recortes aplicados polo goberno "coa escusa da crise", tanto a nivel de dereitos e orzamento como en atención hospitalaria e primaria.
 
 A paralización da actividade nos hospitais pola tarde, o desvío de pacientes a centros privados, o incremento nun 30% das listas de espera en tres anos e a paralización dos plans directores de sete hospitais, entre eles o de Ferrol, foron algunhas das medidas denunciadas polo colectivo, que cargou ademais contra a privatización de servizos centrais da Consellería de Sanidade e o Sergas.
 
 A plataforma alertou ademais sobre a paralización das obras de construción de 66 novos centros de saúde "entre eles os de Cedeira, Ares, Narón e A Capela" e do proxecto de ampliación do Fontenla Maristany. Así mesmo, denunciou o peche dos consultorios da Graña e O Seixo e a pretensión de pechar, sinalou, o Novoa Santos para cedelo á Universidade mentres se mantén un convenio co Juan Cardona por un importe de 6,5 millóns de euros anuais.
 
 Outra das críticas da plataforma foi directamente por permitir que persoal da sanidade pública preste servizo en centros concertados, uns feitos que a entidade está a debater, asegurou, se pór en coñecemento da Fiscalía Anticorrupción.

     Antes de dar por finalizado o acto de onte, o colectivo indició na necesidade de continuar defendendo a sanidade pública "por que é posible derrotar a esas políticas", algo para o que solicitou continuar "loitando de xeito unitario".
 
 
Diario de Ferrol.- (Traducido galego)


 
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Manifestación Sanidade Pública - 27 Xuño





            Manifestación Sanidade Pública 27 Xuño



Como sabedes a Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCAN para o xoves 27 de Xuño en todo Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública.

 
En Ferrol SOS Sanidade Pública e a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, CONVOCAMOS unha MANIFESTACIÓN  que sairá ás 19 horas do Xoves 27 de Xuño da Praza de España e, logo de percorrer varias rúas, rematará na Praza do Concello-P. de Armas.
 
Achegamos un cartaz da convocatoria para que o peguedes nas vosas áreas de actuación.
 
O éxito da mobilización depende de que as 50 entidades que a conformamos fagamos o esforzo de traballar en Defensa da Sanidade Pública facendo o posible por chegar ao maior número de persoas .
 
Do mesmo xeito que o día 12 as rúas de Ferrol se ateigaron de persoas que pedían CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA, é preciso que as rúas de Ferrol se enchan de xente en DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.
 
                      Ou é que os recortes e privatizacións na Sanidade Pública non nos afectan a tod@s ?
 
 
Para o martes día 25 de Xuño ás 12:30 na Galería Sargadelos de Ferrol, está convocada unha Rolda de Prensa, a que debemos acudir todas as entidades que conformamos a PDSPF, para facer a presentación da MANIFESTACIÓN
 
 
A Saúde non é un Negocio
 
- A Comisión Permanente.-
- Comunicacións.-



--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


 

FOLGA COMARCAL FERROLTERRA- 12 XUÑO

 
 
FOLGA XERAL COMARCAL
 
12 XUÑO-2013
 
 
 
 
 
Ferrolterra paralízase nunha folga comarcal sen incidentes.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 FOLGA COMARCAL FERROLTERRA

      

As grandes empresas, os polígonos, o comercio e a hostalería secundan o paro.

- La Voz de Galicia.-

- - - - - - - - -



 A Plataforma da Sanidade Pública de Ferrolterra,  participou con unha  pancarta nesta manifestación comarcal de Ferrolterra que podemos valorar como masiva e plena da cidadanía sen precedentes..

 
 
 
 Saúdos