A II edición do Inferniño Folk achega varios rostros da música tradicional
Actualizado 03 Julio 2013 -
|
alén de ancos, durante a súa actuación do pasado ano no carvalho calero
Para dar a coñecer os diferentes estilos que conviven no seo da actual música tradicional galega (cuartetos, cantareiras, etc.), a asociación Terra Meiga volve apostar polo Festival Inferniño Folk, que este ano cumpre a súa segunda edición no barrio onde a entidade cultural e musical ten a súa sede.
Así, o próximo venres ás 20.00 horas a praza do Inferniño acollerá esta cita coa música tradicional que está organizada conxuntamente coa Asociación de Veciños O Rosario- Inferniño e o grupo de música folk Alén de Ancos.
Precisamente esta formación (que comparte varios membros con Terra Meiga) está formado por sete músicos novos pero cunha longa traxectoria musical. Así, en 2012 particiaparon na XXXII Edición do Festival Irmandiño de Moeche e foron finalistas no Proxecto Runas do XXXVIII Festival Internacional do Mundo Celta de Ortiguera.
cantareiras-
Neste ano participará o Grupo de Música Tradicional Arnela de Carral, e como invitado as Cantareiras Algarabía, de Lago, acompañadas polo grupo de música tradicional Chiribico da asociación veciñal de Lago, Valdoviño.
O lugar para a celebración dos concertos será o palco da música da praza do Inferniño, que era o sitio elixido xa na primeira edición do festival que, finalmente tivo que levarse a cabo no Centro Cultural Carvalho Calero.
Segundo os prognósticos meteorolóxicos que manexa a organización, parece que este ano terán máis fortuna.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario