17.2.11
TARIFAS APARCAMENTO INFERNIÑO
POR FIN APERTURA DA BIBLIOTECA.-
Saúdos; Gabinete de Comunicación
27.1.11
1º CURSO DE MAXIA .-
20.1.11
EXPOSICIÓN CARVALHO CALERO.-
solicitar a través de www.ferrol.es ,
unha visita guiada á mostra Carvalho Calero,
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, invita aos centros de ensino da cidade a solicitar unha visita guiada á exposición biobibliográfica “Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo”, inaugurada este martes no Centro Cultural Carvalho Calero polo alcalde, Vicente Irisarri. Para iso é necesario acceder á web municipal www.ferrol.es/90-36educacion.aspx e cubrir a solicitude correspondente, que se deberá remitir por fax ao Negociado de Educación ao número 981 945 110. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, quen informou de que os centros interesados deberán cursar a súa petición facilitando os datos do mesmo, o alumnado co que se traballará a temática da mostra, o número de estudantes e profesores que acudirán á actividade, a data e banda horaria de preferencia. 19.1.11
EXPOSICION CARVALHO CALERO NO CENTRO CULTURAL INFERNIÑO
exposición que ilumina o seu legado.
OBRAS RÚA ALCALDE USERO.-
15.1.11
DENUNCIAMOS TARIFAS APARCAMENTO.-
Mentres o resto dos aparcadoiros públicos da cidade mantiveron conxeladas as tarifas co inicio do ano, o aparcadoiro da praza do Inferniño aplicou novos incrementos «moi lonxe do IPC anual», denunciou onte a Asociación veciñal O Rosario-Inferniño. O pagamento polo uso mensual das prazas pasa de 40 a 45 euros, é dicir, un 12,5% máis que no 2010, pero a subida por deixar o vehículo durante a xornada diúrna alcanza o 56%: de 16 a 25 euros.13.1.11
DENUCIA DAS ABUSIVAS TARIFAS APARCAMENTO
Ferrol, a 12 de Xaneiro de 2011.
- Pola directiva.-
A PRESIDENTA O SECRETARIO
- Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ- / --asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO-
Diario de Ferrol.-
OBRAS ESTRADA CASTELA
6.1.11
APERTURA DA BIBLIOTECA O DÍA 20 XANEIRO.-
Diario de Ferrol.-
APROBADOS OS "ORZAMENTOS MUNICIPAIS-2011"
O montante global redúcese o 11, 43 %,
pero crecen as partidas de gasto social e zona rural
5.1.11
DENUNCIA DO PECHE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO C.C.CARVALHO CALERO.-
31.12.10
RÚA ALCALDE USERO
Diario de Ferrol.-
19.12.10
REPORTAXE XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
![]() |
| Ana J. López Díaz - Presidenta |
Cre que os problemas do barrio teñen a súa orixe desde o seu nacemento, no seu modelo de crecemento «caótico»: «Aquí construíuse ás tolas: cada un facía a súa casa na súa leira e despois construíase a rúa.
9.12.10
Biblioteca PECHADA
29.11.10
OBRAS ESTRADA CASTELA -BEIRARRÚAS
A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, quere lembrar que este pasado mes de Setembro rexistramos unha queixa na casa do Concello de Ferrol denunciando a falta de dilixencia e seguimento das OBRAS da ESTADA DE CASTELA, advertindo da necesidade de corrixir aspectos que puideran perxudicar aos propietarios e comerciais.
Dende esta Asociación veciñal estimamos como moi positiva a renovación da Estrada de Castela e beirarrúas polo que supón unha considerable mellora nesta infraestrutura. Isto non significa que aprobemos o método de execución das obras nin consideramos que sexa a forma máis adecuada.
Se observan pola veciñanza deficiencias nas obras, polo que pedimos dos responsables municipais se realice un seguimento das obras polos técnicos municipais para efectuar as correccións que sexan necesarias.
Ante a proximidade do Nadal, solicitamos dos responsables de tráfico e seguridade a posta en marcha de dispositivos de tráfico puntuais en datas marcadas e horas punta coa finalidade de regular os pasos de peóns e tráfico rodado.
Na nosa reivindicación sempre estará a disposición e utilización dun transporte público de calidade, animando a veciñanza a usar estes recursos públicos.
Sempre demandamos a posta en marcha dun CARRIL-BICI con todas as garantías de seguridade para lograr unha maior implicación de uso deste medio de transporte para a nosa cidade.
Esta asociación pide que se atendan as reclamacións e queixas dos cidadáns que durante todos estes meses estivemos soportando unhas obras necesarias pero excesivamente prolongadas no tempo.
Dadas todas estas características e magnitude destas obras, pedimos ao Sr. Alcalde que realice todas as xestións políticas necesarias de coordinación entre todas as concellarías implicadas do Concello, Xunta de Galicia e empresas adxudicatarias para que empreguen máis recursos e esforzos co fin de acelerar a execución destas obras.
Ferrol, a 26 de Novembro de 2010.
A Presidenta / O Secretario
Ana J. LÓPEZ DÍAZ / Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
• SR. ALCALDE –PRESIDENTE - CONCELLO DE FERROL.-
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com









