15.5.07

PASEO polos DESPROPÓSITOS


FERROL

Un paseo para denunciar os despropósitos urbanísticos
Os colectivos que se opoñen aos proxectos urbanísticos do goberno local continúan co seu labor de oposición ata durante a campaña electoral.
A Plataforma Ártabra21 organiza para o vindeiro domingo, día 20 de maio -unha semana antes da celebración dos comicios-, un "Paseo urbano polos despropósitos do goberno municipal" que inclúe percorridos polos principais puntos onde está previsto executar ou están xa en marcha proxectos polémicos que suscitan a oposición vecinal.
REDACCIÓN > FERROL
O percorrido partirá de Sartaña, onde os veciños protagonizarán varias concentracións.
O "paseo" empezará ás once da mañá na praza de Sartaña, onde o colectivo que rexeita a construción dun centro de lecer e saúde dará os seus argumentos.

A continuación a marcha desprazarase a praza de Sevilla para escoitar as demandas dos veciños no sentido de que o barrio de Recimil sexa rehabilitado e non demolido, como suscitaba o grupo de goberno, aínda que finalmente optouse por recuperar as vivendas de acordo coa Consellería de Teresa Táboas.

A seguinte parada realizarana os participantes en Canido, onde continúa pendente de solución o problema das expropiacións para a urbanización que promove a inmobiliaria Albantur.


No baluarte deste barrio, a Plataforma Ártabra21 referirase tamén aos "planos especulativos" do goberno local para a fraga de Menáncaro, onde tamén está previsto construír chalés de luxo e un hotel. O paseo reivindicativo concluirá en Ferrol Vello, onde se demandará unha vez máis o traslado de Reganosa a un emprazamento fóra da ría.

O acto concluirá coa lectura dun manifesto.
Información elaborada a partir de fontes propias, Axencia Efe, Europa Press e Axencia Galega de Noticias

¡¡PERIGO!!


Distancias da Planta de gas


Tanques da morte


Manifesto


Queima da Voz


Porto tomado


Virando..


parando...


Gaseiro


Gaseiro


Gaseiro na boca da ría


Bloqueo do Mariscadores


--Mais


Policia


Imaxe -Garda civil do mar


Bloqueo no PORTO

Algunhas Fotografías: un despligue impresionante, por terra, mar e aire, impídenos bloquear o metaneiro.
9 de Maio de 2007 16:37Asunto: ¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!¡UN DESPLIEGUE IMPRESIONANTE POR TERRA MAR E AIRE IMPIDENOS BLOQUEAR Ó METANEIRO!
Cun despliegue impresionante de forzas policiais, da Garda Civil, Policia Local e Exercito, consiguiron bloquear ás iniciativas da Cofradía de Mariscadores, Comité Cidadán, e tódolos colectivos que estamos diante da ilegalidade da planta de gas e da circulacion de gaseiros,...e o gaseiro poido entrar na ría de Ferrol e atracar no peirao de Reganosa.Afortunadamente non houbo incidentes salientables.

30.4.07

MANIFA EN S. COMPOSTELA

Convocatoria da manifestación contra a degradación do territorio o 6 de maio en Compostela
MANIFESTACIÓN contra a degradación do territorio
Santiago 6 de maio de 2007
GALIZA NON SE VENDE
Terra viva e vida digna para tod@s
A práctica totalidade das organizacións ecoloxistas galegas reunidas nunha asemblea que se celebrou en Santiago o pasado día 31 de marzo, acordamos, por unanimidade, convocar unha manifestación para o día 6 de maio en Compostela.
Máis de 40 colectivos de toda Galicia coincidimos na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia. Denunciamos o grave estado de deterioro e de crecente degradación en que se atopa todo o territorio galego, un acelerado proceso de expolio e destrucción que afecta tanto á costa como ao interior. Reivindicamos as medidas necesarias para frenar este desastre:
-O cumprimento da lexislación vixente
-Unha nova Lei de Ordenación do Territorio
-Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral
-Protección efectiva e ampliación da aplicación das figuras de protección ambiental
-Transparencia e participación da cidadanía nas decisións que afectan ao territorio
É dicir: A implantación dunha nova cultura do territorioAchegamos o Manifesto da convocatoria, un breve texto asinado polas máis destacadas personalidades dos eidos da ciencia, a cultura, e as artes de Galicia. Este manifesto está ó voso dispor na páxina web www.redelitoralvivo.info coa relación de firmas permanentemente actualizada.Agradecidos pola vosa atención rogamos que vos fagades eco deste chamamento.
Recibide un cordial saúdo.
CONVOCAN:
Fusquenlla, Verdegaia, Salvemos Monteferro, Greenpeace, Luita Verde, Foro Social de Cangas, Comité de Emerxencia da Ría do Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da Terra, Anduxía, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na defensa do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Natura Céltica, Cíes Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas móvete, Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Plataforma contra a ampliación da piscifactoría de Quilmas, Plataforma contra a piscifactoría de Costa Galloufa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Representantes Alumnos da Facultade de Informática de Coruña, Federación Ecologista Galega (FEG), Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco Buxán, Choiva Azeda, Comissao RNGP, Jóvenes Verdes, O Tesón de Ribadeo, Comité de defensa das Rías Altas, Plataforma Ártabra21, Sociedade galega de Historia natural, Voces polo Litoral de Teis, Colectivo Urbano Lugrís, Asemblea do Suído, Plataforma Ecoloxista pola Defensa da Ria de Ribadeo, Aturuxo Local Social Boiro, Plataforma Ecoloxista pola Defensa da Ria de Ribadeo, Ronda non Sanxenxo, Plataforma na Defensa do Patrimonio de As Pontes
Marcadores: ,
artabra21@gmail.com @ 28.4.07

18.4.07

Denuncia Parque Urbano


Ferrol a 18 de abril de 2007 .-

A Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño do Ensanche de Ferrol, diríxese a Vde coa finalidade de informarlle sobre a REALIZACIÓN DE OBRAS CON MOVEMENTOS DE TERRAS REALIZADOS POR MAQUINARIA PESADA na parcela situada entre o Pavillón Polideportivo do Ensanche e as rúas Río Xubia e Seselle, obras que comezaron o día 16 dos presentes.

Que os operarios manifestan que nesa parcela está prevista a realización dunha praza, aparcadoiro ou “algo así”, coa autorización do Sr. Arquitecto Municipal, manifestando tamén que o feito de mover as terras sobrantes dunha zona a outra da mesma parcela e COMPLETAR UN RECHEO NECESARIO PARA UNHA ACTUACIÓN POSTERIOR

Como vostede saberá este espacio situase integramente no que o PXOM de Ferrol cualifica como PU 14, esto é unha zona libre onde se haberá de executar un Parque Urbano e, como tamén Vde. Saberá, o propio PXOM de Ferrol establece no artigo 198 cales son as condicións e equipamentos que se poden executar nas parcelas cualificadas como Parque urbano.

Que dende esta Asociación consideramos que esta actuación podería ser constitutiva dunha infracción urbanística establecida na Lei da Comunidade Autónoma de Galiza 9/2002, de 30 de decembro,de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, nos artigo 216 e, especialmente, no 217 .2 a)


Por todo isto S O L I C I T A M O S :


Que en aplicación dos artigos 101; 194; 198; e 209 da citada Lei 9/2002 de 30 de decembro se proceda :

1º .- Á inmediata paralización das obras en execución, e a inmediata incoación do correspondente EXPEDIENTE DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE.

2º.- Á depuración das responsabilidades que presuntamente puidesen ter as persoas que motivan esta actuación.


O Vicepresidente.-



asdo. Javier SÁNCHEZ GARCÍA


OTROSI DIGO.- No que se quer facer constar que, non obstante o solicitado, esta Asociación Veciñal, en cumprimento do seu lexitimo dereito á defensa dos intereses do barrio e da veciñanza, reservase o dereito de solicitar a intervención da Inspección Urbanística dependente da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, así como a presentación de denuncia ante os Tribunais de xustiza competentes, así como de todas aquelas medidas que os membros da citada Asociación consideren oportunas.-


SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL