16.5.09
LETRAS GALEGAS INSTITUCIONAIS - 2009
Concello e entidades veciñais e culturais se unen para celebrar o Día das Letras Galegas
Venres, 15 de maio de 2009
O acto cidadán terá lugar mañá sábado, ás 20.30 horas, no Jofre e nel se conxugarán a danza, o cine, a música e a obra de Piñeiro. Os cidadáns que desexen participar na conmemoración poden retirar invitación na taquilla do teatro. O alcalde, Vicente Irisarri, compromete o esforzo do Concello para lograr que se adique esta data a Ricardo Carvalho Calero
Voltar | Versión para imprimir
Por segundo ano consecutivo, Concello e entidades veciñais e culturais se unen para conmemorar o Día das Letras Galegas en Ferrol. Este ano, adicadas a Ramón Piñeiro. A cita terá lugar mañá sábado, a partires das 20.30 horas, no Teatro Jofre, no que se espera sexa un acto multitudinario. A programación prevista contribuirá, de seguro, a que así sexa, como destacaron na súa presentación o alcalde, Vicente Irisarri; os concelleiros de Cultura, Mercedes Carbajales, e Participación Cidadá, Manuel Santiago, e a presidenta da asociación de veciños Cuco Ruiz de Cortázar de Caranza, María Pilar Rodríguez Venancio, en representación das entidades veciñais. Para asistir ao mesmo, os cidadáns poden recoller a súa invitación na billeteira do Teatro Jofre, en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.
O acto cidadán previsto no Teatro Jofre conxuga todas as artes. Dende a danza ata a música, pasando polo cine. E, nela, se procurou en todo momento contar cos artistas da terra, tal e como subliñou Mercedes Carbajales. Así, será o pintor Eduardo Hermida, implicado na actualidade no proxecto pictórico para cubrir os baixos da praza de Armas coa visión dos estudantes de Ferrol, o encargado de conducir a gala. Tras a súa presentación subirá ao escenario a edil de Cultura para dirixirse ao auditorio, intervención que precederá a actuación musical do grupo ferrolán Roger de Flor. Carlos Fernández, autor de “O vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro”, será o encargado de facer unha semblanza de Ramón Piñeiro. A continuación, a danza se apoderará do teatro coa actuación de Cristina Montero. No ecuador da gala, Xosé Miguel López, en nome das asociacións veciñais, dará lectura a un texto sobre o valor e importancia da participación cidadá. A continuación, o director Rubén Coca presentará o audiovisual “A princesa Alegría”, recoñecido na VII Edición Mestre Mateo. O presidente de honra da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Pazos, intervirá de seguido en nome da entidade. E, finalmente, o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, ofrecerá o discurso de peche. O acto rematará coa interpretación do himno galego a cargo do alumnado do Conservatorio Superior de Música de Ferrol.
Así as cousas, Vicente Irisarri destacaba a importancia da gala, unha oportunidade para reafirmarnos no amor pola nosa terra e as súas sinais de identidade. Reafirmación que, segundo explicou, non pode quedarse nun só día, senón que debe acompañar a todos os cidadáns e cidadás ao longo do ano. Neste senso, apuntou que precisamente ese é un empeño das concellerías de Cultura e Participación Cidadá que cobra maior protagonismo ou visibilidade, iso si, en certas datas como a do Día das Letras Galegas. Neste punto, confiou en que esta data se adique no 2010 a Ricardo Carvalho Calero. Unha meta na que traballa tamén o Concello.
Pola súa banda, Manuel Santiago subliñou o peso das entidades veciñais na organización da gala do sábado e mostrou a súa confianza en afianzar, ano tras ano, esta cita no calendario, convertíndoa na referencia indiscutible dos actos que se celebren en Ferrol con motivo do Día das Letras Galegas. Así mesmo, María Pilar Rodríguez Venancio considerou un pracer poder demostrar que o tecido asociativo de Ferrol está máis vivo que nunca e, tamén, máis unido que nunca. Destacou a súa capacidade para tomar decisións en conxunto con celeridade e, sobre todo, cun obxectivo: facer cidade. Confiou en que o público responda positivamente ao acto e, ao igual que os representantes do goberno municipal, animou a toda a cidadanía a acudir este sábado ao Teatro Jofre.
Venres, 15 de maio de 2009
O acto cidadán terá lugar mañá sábado, ás 20.30 horas, no Jofre e nel se conxugarán a danza, o cine, a música e a obra de Piñeiro. Os cidadáns que desexen participar na conmemoración poden retirar invitación na taquilla do teatro. O alcalde, Vicente Irisarri, compromete o esforzo do Concello para lograr que se adique esta data a Ricardo Carvalho Calero
Voltar | Versión para imprimir
Por segundo ano consecutivo, Concello e entidades veciñais e culturais se unen para conmemorar o Día das Letras Galegas en Ferrol. Este ano, adicadas a Ramón Piñeiro. A cita terá lugar mañá sábado, a partires das 20.30 horas, no Teatro Jofre, no que se espera sexa un acto multitudinario. A programación prevista contribuirá, de seguro, a que así sexa, como destacaron na súa presentación o alcalde, Vicente Irisarri; os concelleiros de Cultura, Mercedes Carbajales, e Participación Cidadá, Manuel Santiago, e a presidenta da asociación de veciños Cuco Ruiz de Cortázar de Caranza, María Pilar Rodríguez Venancio, en representación das entidades veciñais. Para asistir ao mesmo, os cidadáns poden recoller a súa invitación na billeteira do Teatro Jofre, en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.
O acto cidadán previsto no Teatro Jofre conxuga todas as artes. Dende a danza ata a música, pasando polo cine. E, nela, se procurou en todo momento contar cos artistas da terra, tal e como subliñou Mercedes Carbajales. Así, será o pintor Eduardo Hermida, implicado na actualidade no proxecto pictórico para cubrir os baixos da praza de Armas coa visión dos estudantes de Ferrol, o encargado de conducir a gala. Tras a súa presentación subirá ao escenario a edil de Cultura para dirixirse ao auditorio, intervención que precederá a actuación musical do grupo ferrolán Roger de Flor. Carlos Fernández, autor de “O vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro”, será o encargado de facer unha semblanza de Ramón Piñeiro. A continuación, a danza se apoderará do teatro coa actuación de Cristina Montero. No ecuador da gala, Xosé Miguel López, en nome das asociacións veciñais, dará lectura a un texto sobre o valor e importancia da participación cidadá. A continuación, o director Rubén Coca presentará o audiovisual “A princesa Alegría”, recoñecido na VII Edición Mestre Mateo. O presidente de honra da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Pazos, intervirá de seguido en nome da entidade. E, finalmente, o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, ofrecerá o discurso de peche. O acto rematará coa interpretación do himno galego a cargo do alumnado do Conservatorio Superior de Música de Ferrol.
Así as cousas, Vicente Irisarri destacaba a importancia da gala, unha oportunidade para reafirmarnos no amor pola nosa terra e as súas sinais de identidade. Reafirmación que, segundo explicou, non pode quedarse nun só día, senón que debe acompañar a todos os cidadáns e cidadás ao longo do ano. Neste senso, apuntou que precisamente ese é un empeño das concellerías de Cultura e Participación Cidadá que cobra maior protagonismo ou visibilidade, iso si, en certas datas como a do Día das Letras Galegas. Neste punto, confiou en que esta data se adique no 2010 a Ricardo Carvalho Calero. Unha meta na que traballa tamén o Concello.
Pola súa banda, Manuel Santiago subliñou o peso das entidades veciñais na organización da gala do sábado e mostrou a súa confianza en afianzar, ano tras ano, esta cita no calendario, convertíndoa na referencia indiscutible dos actos que se celebren en Ferrol con motivo do Día das Letras Galegas. Así mesmo, María Pilar Rodríguez Venancio considerou un pracer poder demostrar que o tecido asociativo de Ferrol está máis vivo que nunca e, tamén, máis unido que nunca. Destacou a súa capacidade para tomar decisións en conxunto con celeridade e, sobre todo, cun obxectivo: facer cidade. Confiou en que o público responda positivamente ao acto e, ao igual que os representantes do goberno municipal, animou a toda a cidadanía a acudir este sábado ao Teatro Jofre.
ORZAMENTOS- 2009
O goberno que lidera Vicente Irisarri saca
adiante os orzamentos máis inversores
da historia de Ferrol.
Venres, 15 de maio de 2009
Ferrol contará así cun presuposto municipal de 60,5 millóns de euros fronte aos 45,5 millóns do anterior exercicio 2008.
O edil Ramón Veloso agradece o respaldo da oposición para dotar á cidade dunha ferramenta imprescindible na crise actual.
O PP foi o único partido político que se opuxo á aprobación dos presupostos máis altos na historia da cidade naval
A intención do goberno local é votar e, sen perder un minuto, poñernos a traballar para convertir en realidade os proxectos que plasmamos no papel. Con esta frase o concelleiro de Facenda, Ramón Veloso, pechaba a súa intervención na sesión plenaria na que se sometía a debate a aprobación inicial dos presupostos municipais para o ano 2009.
Uns orzamentos que contaban onte co amplo respaldo da corporación e a única posición contraria do Partido Popular, que se negou a dar un apoio que, ata o último minuto da sesión, lle solicitou Veloso.
Pola súa banda, Independientes por Ferrol (IF) se abstivo na votación, permitindo que as contas saíran cun dos maiores apoios na historia democrática de Ferrol, pese a que o actual goberno local está en minoría.
En total, as contas recibiron 15 dos 25 votos posibles, os que corresponden a PSOE, BNG e IU.
Nesta liña, Ramón Veloso agradecía as propostas introducidas polas formacións da oposición na súa procura de lograr un mellor orzamento para a cidade nun contexto de crise internacional xeralizada que o fai aínda máis necesario.
Ao respecto, o concelleiro calificaba os presupostos de posibles, realistas e inversores. Os máis altos da historia da cidade: 60,5 millóns fronte aos 45,5 millóns do exercicio 2008, e cunha porcentaxe de investimento moito máis elevada: máis de 10,8 millóns de euros. Pero, ¿que perseguen as contas? Tres obxectivos.
O primeiro, buscan o maior consenso posible no marco dunha crise financieira moi grave e nun momento no que o Concello non pode mirar para outro lado.
Segundo, apostan por un crecemento do gasto productivo e investimento, constituíndo un punto de inflexión para a consolidación destas orientacións económicas en orzamentos futuros.
E, tres, actuar sobre uns fundamentos económicos sólidos, nos que a política de endebedamento só se orienta ao investimento e existe unha corresponsabilidade fiscal clara.
Ao fío deste punto e co ánimo de aclarar algunhas dúbidas sembradas polo PP, Veloso lembrou que o endebedamento máximo se sitúa no 53% do orzamento, cando o límite está establecido no 110% e, o obxectivo marcado polo equipo de goberno, fixaba unha pinza de entre o 60 e o 70%. Así mesmo, os datos financieiros e de amortización se sitúan no 4,03%, con topes de entre o 6 e o 8%.
En definitiva, existen unhas necesidades de financiamento derivadas dun ambicioso plan de inversións no marco dunhas contas saneadas e cun nivel de endebedamento baixo.
Acto seguido, o voceiro do goberno municipal aseguraba que este Concello vai a investir para levantar esta cidade e estimular a economía.
A partir de ahí, desgranou, por áreas, os principais proxectos e destinos de inversión. Algúns dos que serán posibles grazas a estas novas contas son a recuperación do Torrente Ballester, do Antigo Hospicio, a conclusión da Casa Solidaria, a creación dun Parque de Seguridade Vial, a reforma do Ateneo, as obras en Sartaña, os accesos a San Felipe, a renovación e conservación de iluminación pública, a posta en servizo de novos parques infantís en colexios e outras zonas da cidade, o desenvolvemento do Plan Urban ou a recuperación do Muíño de Cartaxena.
Por áreas, debuxou algúns dos principais retos.
En Promoción Económica e Emprego sinalou o Plan Urban e plans de emprego como “Ferrol, punto de Emprego”, que cofinancia o Fondo Social Europeo; os convenios con hosteleiros e comerciantes para mellorar a competitividade e servizo destes sectores, ou o reforzo da colaboración cos autónomos, que considerou clave para o progreso da cidade.
En Turismo, a constitución da Empresa Municipal é o principal reto, así como a posta en marcha de novas campañas.
En Cultura, a consolidación de contenedores culturais como o Torrente Ballester e o Carvalho Calero, citas como a Feira do Libro, o deseño dunha programación de primeiro nivel e o reforzo de programas de conciliación da vida familiar e laboral, elevando os fondos de servizos como os comedores escolares.
En Benestar Social a atención a dependentes, cunha partida de dous millóns de euros para o servizo de axuda no fogar, será prioritaria. Como o é a dinamización da rede de infraestructuras sociais creada por este goberno municipal socialista (Casa da Muller, Edificio Social, Casa da Xuventude e, en meses, a Casa Solidaria), pero tamén a posta en marcha e reforzo de programas tamén iniciados polo goberno local, como o comedor social para pensionistas.
En Deportes, serán fundamentais as infraestructuras da Cabana e, en Participación Cidadá, o proceso de Administración electrónica.
En Tráfico e Seguridade se contempla unha importante partida para o sistema de control e regulación do tráfico.
En Medio Ambiente, serán o saneamento, as políticas de eficiencia enerxética e a limpeza viaria os principais obxectivos.
E, en Urbanismo, a atención se centrará en rematar definitivamente a praza de España, en impulsar decididamente o Plan Local de Humanización de Barrios, en reforzar a rehabilitación na Magdalena, e na praza de Armas.
Neste punto, destacou a creación de dous programas específicos como son a rehabilitación de Recimil e unha partida específica para a zona rural.
Así mesmo, en Persoal sinalou que as novas contas permitirán a creación de novas prazas na plantilla do Concello, de xeito que se cubran as necesidades xenerando emprego.
E, sen dúbida, destacou especialmente tamén os orzamentos participativos, nos que Ferrol será pioneira.
Partindo dunha experiencia de 350.000 euros e co obxectivo de chegar aos dous millóns de euros no 2010, serán os propios veciños e veciñas quenes decidan o destino dos fondos.
Para isto, primeiro fixarán o modo de participación, segundo os gastos elixibles, así como os límites ás cantidades e o sistema transitorio de participación para este 2009, no que xa está avanzado o exercicio. Cabe recordar que durante o anterior mandato, no que o PP ostentaba o goberno e dispoñía de maioría absoluta, só entraron en vigor dous orzamentos.
Así as cousas, Veloso insistiu en todo momento na máxima vontade do equipo de goberno de sacar adiante as contas e non deixalas quedar no papel, para o que pediu e ofreceu a máxima colaboración a todos os grupos da oposición.
Departamento.
Orzamento 2008
- Orzamento 2009
% de incremento
Alcaldía
2.279.251,72
2.711.990,00
18,9%
Concellería de Facenda, Promoción Económica e Emprego,
Modernización Administrativa e Promoción Turística
7.083.712,95
10.024.521,00
41,5%
Concellería de Cultura, Educación e Universidade
3.602.234,07
4.193.016,00
16,4 %
Concellería de Benestar, Solidariedade, Xuventude e Muller
3.309.583,73
4.007.134,00
21%
Concellería de Seguridade e Protección Civil,
Organización Interna e Persoal
12.028.306,38
14.406.151,00
19,7%
Concellería de Participación Cidadá e Deportes.
3.701.163,57
4.137.606,00
11,7%
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
3.234.244,62
9.035.472,00
179,3%
Concellería de Obras, Tráfico e Zona Rural
1.577.499,18
2.267.364,00
43,7%
Concellería de Medio Ambiente e Servizos
8.684.003,78
9.766.470,00
12,4%
ORZAMENTO TOTAL
45.500.000
60.549.724,00
33%
Ferrol.es
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - GAP (Grupo de Análise e Propostas)

Os orzamentos participativos
arrincarán no prazo dun mes
A experiencia poderá comezar aínda
que o Regulamento de Participación
Cidadá non estea aprobado en pleno
O goberno acelera o procedemento para cumprir
os acordos sobre as contas que subscribiu con
EU e BNG
O goberno local acelera a tramitación das normas de aplicación dos orzamentos participativos co fin de que a experiencia nesa materia arrinque o próximo mes de xuño. A posta a piques da iniciativa durante o primeiro semestre deste ano é un dos puntos chave do acordo PSOE-EU que permitiu a aprobación inicial dos orzamentos no pleno o xoves, cos seus votos e os do BNG.
O goberno local acelera a tramitación das normas de aplicación dos orzamentos participativos co fin de que a experiencia nesa materia arrinque o próximo mes de xuño. A posta a piques da iniciativa durante o primeiro semestre deste ano é un dos puntos chave do acordo PSOE-EU que permitiu a aprobación inicial dos orzamentos no pleno o xoves, cos seus votos e os do BNG.

Os nacionalistas tamén incluíron no seu pacto para apoiar as contas, asinado en decembro, unha partida de 100.000 euros a xestionar polos veciños.
O acordo asinado con Esquerda Unida eleva a 350.000 euros a contía que os cidadáns xestionarán durante este mesmo ano, aínda que deberá elevarse a dous millóns entre este exercicio e o do 2010. O texto subliña que a experiencia piloto debe «poñerse en funcionamento de maneira inmediata á aprobación do orzamento».
Segundo explicou onte a técnica de Participación do Concello, Maica Rodríguez, a experiencia poderá iniciarse o próximo mes aínda que o Regulamento de Participación Cidadá non estea terminado. Ambos os procesos deben ser «coherentes» e o seu funcionamento, armónico, pero a súa xestación é un procedemento paralelo, segundo explicou.
Segundo explicou onte a técnica de Participación do Concello, Maica Rodríguez, a experiencia poderá iniciarse o próximo mes aínda que o Regulamento de Participación Cidadá non estea terminado. Ambos os procesos deben ser «coherentes» e o seu funcionamento, armónico, pero a súa xestación é un procedemento paralelo, segundo explicou.
Normas flexibles
As regulamentación dos orzamentos participativos están aínda concretándose e é probable que non necesiten ser levadas a pleno, como ocorreu noutros concellos de todo o Estado.
As regulamentación dos orzamentos participativos están aínda concretándose e é probable que non necesiten ser levadas a pleno, como ocorreu noutros concellos de todo o Estado.
Tratarase dunha serie de «normas básicas consensuadas» e «flexibles».
«Este ano poderán ensaialas dúas zonas do municipio, unha rural e outra urbana. A primeira xa está decidida: Doniños e San Xurxo, a segunda determinarase durante a próxima semana.
Rodríguez sinalou que en xuño se iniciará o proceso.
O primeiro será explicar aos veciños, que poderán participar aínda que non pertenzan a ningunha asociación e de forma individual, en que consiste a iniciativa e como poden colaborar nela.
Mediante un sistema de reunións, os residentes decidirán unha serie de proxectos nos que poderán investirse os fondos locais. Está previsto ademais formar unha comisión técnica, que analizará se as propostas son legais, viables e compatibles con outros plans da administración.
Mediante un sistema de reunións, os residentes decidirán unha serie de proxectos nos que poderán investirse os fondos locais. Está previsto ademais formar unha comisión técnica, que analizará se as propostas son legais, viables e compatibles con outros plans da administración.
O obxectivo final, explicou a técnica de Participación, é que no último trimestre deste ano o Concello poida aprobar as propostas, unha vez revisadas, e executalas.
En xuño tamén está previsto contratar asistencias técnicas para formar ao persoal municipal, aos políticos e aos veciños na xestión do modelo orzamentario participativo.
Pendentes da FEMP
O outro proceso de participación en marcha no Concello, ademais do Plan Urban que tamén conta cos veciños dos tres barrios beneficiarios, é a redacción do Regulamento de Participación Cidadá.
A normativa foi elaborada polo Grupo de Análise e Propostas (GAP), unha entidade na que están representadas máis de trinta entidades de todo tipo, aínda que foron vinte asociacións de veciños as que máis colaboraron.
En xuño tamén está previsto contratar asistencias técnicas para formar ao persoal municipal, aos políticos e aos veciños na xestión do modelo orzamentario participativo.
Pendentes da FEMP
O outro proceso de participación en marcha no Concello, ademais do Plan Urban que tamén conta cos veciños dos tres barrios beneficiarios, é a redacción do Regulamento de Participación Cidadá.
A normativa foi elaborada polo Grupo de Análise e Propostas (GAP), unha entidade na que están representadas máis de trinta entidades de todo tipo, aínda que foron vinte asociacións de veciños as que máis colaboraron.
O GAP foi creado en tempos do anterior edil de Participación Javier Galán (EU) e segue traballando co actual responsable desa área, Manuel Santiago (PSOE).
O regulamento está pendente dun informe da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Foi solicitado ante as dúbidas expostas polos servizos xurídicos do Concello achega do mecanismo de nomeamento do Defensor dá Cidadanía. O borrador prevé que sexa elixido por maioría absoluta do pleno, pero un informe xurídico estima que a elección debe producirse por maioría simple.
O compromiso das forzas políticas é levar a pleno a normativa en canto chegue o informe da FEMP que todo indica que lexitimará a elección por maioría absoluta.
O Defensor dá Cidadanía, unha figura que xa existe en urbes como Málaga, Parla ou Selecta, encargarase de asesorar, mediar e intervir nas relacións entre a administración local e os cidadáns.
Será elixido por períodos de cinco anos, durante os cales poderá dirixir recomendacións para «corrixir actos inxustos» ou mellorar os servizos municipais, investigar «actos ou condutas municipais» que afecten a persoas ou grupos cidadáns, divulgar os resultados desas pescudas, facer público un balance anual do funcionamento da institución e emitir informes a petición do pleno.
La Voz de Galicia.-
10.5.09
Envío de artículo en lavozdegalicia.es. domingo, 10 de 05 de 2009
A polémica salpica tamén ao garaxe público de Porta Nova con críticas dalgúns veciños
Recentemente, desde a Asociación Veciñal do Inferniño criticaron a situación na que se atopa o subterráneo de Porta Nova, que dá servizo ao centro comercial que leva o mesmo nome e a toda a veciñanza.
Critican que as barreiras están sempre abertas e que moitas das máquinas nin sequera funcionan. | ||||||||||||
ENTREVISTAS CONCELLEIR@S DE CULTURA, PARTICIPACIÓN E DEPORTES, FACENDA.

A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O Rosario -Inferniño, mantivemos unha serie de reunións cos Concelleiros de Participación Cidadá, Concelleira de Cultura e Concelleiro de Facenda.
LOCAL
Concellaría de PARTICIPACIÓN CIDADÁ –DEPORTES.-
Expresamos noso total apoio ao REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ a cal valoramos como un grande avance social e un maior compromiso da cidadanía coa xestión e participación de caracter público.
Achegamos nosa preocupación motivado a excesiva tardanza da cesión do LOCAL, aprobado polo goberno municipal hai xa un ano.
Solicitamos do concelleiro a mediación e coordinación entre as distintas concellarías afectadas na busca dunha solución na consecución deste LOCAL, lembrando que somos a única entidade veciñal urbana que non dispón de local.
Solicitamos do concelleiro a mediación e coordinación entre as distintas concellarías afectadas na busca dunha solución na consecución deste LOCAL, lembrando que somos a única entidade veciñal urbana que non dispón de local.
PISTA POLIDEPORTIVA
Infórmanos o concelleiro de Deportes en detalle da renovación da PISTA DEPORTIVA da Praza do Inferniño, que realízanse durante este mes de maio, rematando con probabilidade a mitade deste mes de amio.
Explica as diferentes capas de materiais que levará esta PISTA cun orzamento de 54.000 € dos Fondos Estatais.
Comunícanos que esta PISTA estará cerrada e acotada a ACTIVIDADES EXTRADEPORTIVAS QUE NON TEÑAN RELACIÓN CO DEPORTE, co fin de protexer esta superficie.
Dámoslle o noso apoio e coincidimos en que esta zona deberá estar destinada exclusivamente para actividade deportiva.
PROGRAMACION CULTURAL
Concellaría de CULTURA .-
PROGRAMACION CULTURAL
Concellaría de CULTURA .-
Solicitamos da Concellaría de Cultura e do asesor cultural unha PROGRAMACION CULTURAL para o Centro Cultural CARVALHO CALERO para realizar actividades das ARTES ESCENICAS no salón de Actos, dirixida a todos os públicos.
Expoñemos un avance da progaramación para celebrar as LETRAS GALEGAS-2009.
AULA
Solicitamos un AULA no Centro Cultural Carvalho Calero, en igualdade de condicións que o resto das asociacións para poder ofertar no vindeiro outono as nosas actividades culturais.
FEIRON
Concelleiro de Facenda .- Pedimos información ao Concelleiro do compromiso do goberno en rescatar a xestión e cobramento do FEIRON DO INFERNIÑO.
Así nos confirma o Concelleiro de Facenda que unha vez aprobados os ORZAMENTOS MUNICIPAIS neste mes de maio en Pleno, o Concello vai recuperar a xestión do Feirón.
Ferrol a 5 de maio de 2009.
Asdo. Ana J. López – Presidenta / asdo.Xosé M. Sanxoán- Secretario
Solicitamos un AULA no Centro Cultural Carvalho Calero, en igualdade de condicións que o resto das asociacións para poder ofertar no vindeiro outono as nosas actividades culturais.
FEIRON
Concelleiro de Facenda .- Pedimos información ao Concelleiro do compromiso do goberno en rescatar a xestión e cobramento do FEIRON DO INFERNIÑO.
Así nos confirma o Concelleiro de Facenda que unha vez aprobados os ORZAMENTOS MUNICIPAIS neste mes de maio en Pleno, o Concello vai recuperar a xestión do Feirón.
Ferrol a 5 de maio de 2009.
Asdo. Ana J. López – Presidenta / asdo.Xosé M. Sanxoán- Secretario
9.5.09
RECURSO CONTRA REGANOSA
A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, contra a
ampliación de Reganosa
REDACCIÓN > FERROLA Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño remitiu ao Ministerio de Medio Ambiente as súas alegacións contra o proxecto de ampliación da planta de Reganosa en Mugardos, nas que sinala que esta actuación suporía aumentar as ameazas e riscos para a poboación que vive ao redor da ría polo aumento do tráfico de gaseiros.
A entidade expón que a instalación carece dunha declaración de impacto ambiental que valore todos os efectos que provoca sobre o medio e recorda que existen dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que esixen que o conxunto do proxecto, e non só cada parte, sométase a esta avaliación de impacto.
Ademais, engade que o incremento na capacidade de regasificación aumentaría á súa vez a repercusión sobre o ecosistema da ría.
Diario de Ferrol .-
1.5.09
PARTICIPACIÓN CIDADÁ.- ORZAMENTOS
Concello e entidades elixirán dous barrios
para ensaiar o modelo de investimentos
participativos.
O concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, destacou onte que o Concello traballa na «definición dun modelo experimental de orzamentos participativos». Para iso, informou, na última reunión (o pasado martes) do Grupo de Análise e Proposta que traballa na reforma do regulamento de Participación Cidadá, na que cooperan entidades de toda a cidade, decidiuse iniciar en dúas zonas a aplicación experimental do modelo polo que outorgar aos veciños a capacidade de decidir parte dos investimentos do Concello. Unha das zonas pertencerá ao área rural (a contorna de Doniños e San Xurxo, segundo Manuel Santiago). A outra, de índole urbana, está aínda por definir.
O edil tamén confirmou que aínda non se elaborou un regulamento que defina os órganos de participación e como se realizará a toma de decisións. Pero considera a posibilidade de crear «asembleas de barrio, unha mesa de propostas e unha comisión técnica de seguemento» para xestionar as peticións.
La Voz de Galicia.-
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Doniños-San Xurxo e un barrio urbano,
pioneiros nos orzamentos participativos.
A posta en práctica dos orzamentos participativos arrincará con dúas experiencias piloto, unha centrada no rural e outra no ámbito urbano. No primeiro caso, o lugar escollido é Doniños e San Xurxo, e aínda está por decidir en que barrio da cidade desenvólvese esta iniciativa, pioneira en Galicia.
A decisión de dividir en zona urbana e rural este gasto orzamentario, que decidirán directamente os veciños, aínda que coa obrigatoria supervisión do Concello, adoptárona o pasado martes os membros do Grupo de Análise e Proposta (GAP).
Este grupo de traballo, formado principalmente por representantes de entidades veciñais aínda que tamén hai cidadáns particulares, leva desde o pasado mes de outubro traballando no novo regulamento de participación cidadá, pendente de aprobación.
Nesta reunión, con todo, non se puido cocretar que barrio urbano beneficiaríase desta primeira experiencia orzamentaria. A razón foi a falta de consenso.
Os representantes veciñais de Caranza, Fontelonga (Esteiro) e Ferrol Vello criticaron que o encontro convertésese nunha especie de poxa na que todos querían que o diñeiro fóra para o seu barrio, lamentou María Pilar Rodríguez Venancio, de Caranza.
Nesta mesma liña pronunciáronse as AAVV de Fontelonga e Ferrol Vello, que criticaron que a reunión do GAP convocaranse a novos membros que ata a data non participaran no proceso. Ante a falta de acordo para a zona urbana, os técnicos de Participación Cidadá farán ao GAP unha proposta sobre o barrio que representará ao centro urbano.
Recimil, San Xoán e, especialmente, Ferrol Vello, son os mellor colocados.
Diario de Ferrol.-
24.4.09
DENUNCIA DO APARCAMENTO ANTE A XUNTA E CONCELLO.

DENUNCIA ANTE A XUNTA DE GALICIA DO ESTADO DE APARCAMENTO DA PRAZA DO INFERNIÑO.
O pasado día 7 de Abril, a Xunta directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, decidiu realizar unha denuncia perante o REXISTRO da Xunta de Galicia, presentando un informe fotográfico para amosar o lamentable estado deste aparcamento da Praza do Inferniño.
Ditos informes están dirixidos ás Delegacións de Industria e Sanidade, contestando esta ultima, que insta ao Concello a realizar as correccións necesarias que pola súas competencias sonlle otorgadas acorde coa normativa vixente.
Esta situación non é nova, pois vense producindose dende hai 8, 9 anos sen que os diferentes gobernos locais e verdadeiros responsables non apliquen solucións decididas en defensa dos intereses da cidadanía.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
DENUNCIA- INFORME ANTE O CONCELLO DE FERROL DO APARCAMENTO INFERNIÑO.
A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, informa que o pasado día 7 de Abril-09, presentamos informe fotográfico no REXISTRO da Xunta de Galicia, DENUNCIANDO o seu lamentable estado de abandono.

Esta DENUNCIA ía dirixidas aos departamentos de INDUSTRIA e SANIDADE da Xunta de Galicia, co fin de solicitar as INSPECCIÓNS oportunas dadas as condicións que a veciñanza e usuarios teñen que padecer desde hai bastantes anos.
Tamén pedimos unha investigación por parte do Concello, por ser este o autentico propietario, con relación a certas denuncias de ámbito laboral por parte dos traballadores.
RECIBIDA CONTESTACION DA DELEGACION DA CORUÑA DA CONSELLARÍA DE SANIDADE, esta informa que este Concello debe tomar as medidas correctoras motivado polas DEFICIENTES CONDICIÓNS DE FUNCIONAMENTO E HIXIENE no APARCAMENTO sito na PRAZA DO INFERNIÑO,en base as competencias que lle son propias ós municipios en materia de protección da SALUBRIDADE PÚBLICA segunda lexislación – Lei 7/1985, 2 de Abril, de Bases do Réxime local; Lei 14/1986, de 25 de Abril Xeral de Sanidade; Decreto 133/2008, do 12 de Xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental; Decreto 311/1992, de 12 de novembro sobre a supresión da cédula de habitabilidade; Lei 7/2003, do 9 de decembro de ordenación sanitaria de Galicia.
Ferrol a 22 de Abril de 2009.
A Presidenta / O Secretario
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
22.4.09
REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ - FASE FINAL
O regulamento de participación deberá esperar
informes externos.
informes externos.
REDACCIÓN > FERROL
O Regulamento de Participación Cidadá elaborado desde esta área municipal en colaboración con entidades e asociacións da cidade está unicamente á espera dun floco para a súa aprobación plenaria e a súa posterior entrada en vigor.
O traballo levado a cabo polo Grupo de Análise e Proposta (GAP) concluíu que a aprobación deste regulamento debería producirse por maioría absoluta, con todo, o secretario do Concello de Ferrol aposta por que esta proposta se saque adiante unicamente con maioría simple.
Ante estas discrepancias, tal e como explicou o concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Santiago, solicitouse informes á FEMP e á Fegamp para que se sitúen sobre esta cuestión.
O regulamento será abordado nun pleno extraordinario con este único punto na orde do día, unha vez que se conte cos infomes pertinentes.
Orzamentos > Continuando co traballo da área de participación, o vindeiro martes terá lugar no salón de plenos unha reunión para abordar o modelo experimental dos orzamentos participativos.
A convocatoria é aberta e nela valoraranse os criterios que deben funcionar para poder implantar unha experiencia piloto no municipio de Ferrol.
Exporase, así mesmo, ás asociacións veciñais que presenten propostas de investimento en cada barrio co fin de ver como poderíanse reflectir estas no documento económico.
Será a primeira toma de contacto no proceso de elaboración.
Diario de Ferrol.-
10.4.09

QUEIXA COMUNIDADE PROPIETARIOS.-
RÚA SAN SALVADOR
A Xunta Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, informamos que recibimos por escrito unha queixa da COMUNIDADE DE PROPIETARIOS RÚA SAN SALVADOR , 13- 15 deste barrio do Inferniño.
Esta queixa refírese a unhas actividades que veñen producíndose por unha igrexa, no seu baixo esquerda, dese hai varios anos.
Ditas actividades realízanse como consecuencia destes actos relixiosos mediante cánticos e acompañamentos musicais que producen molestias acústicas na veciñanza deste edificio.
INSTAMOS ao Concello para que comproben se dispoñen de todas as correspondentes LICENZAS MUNICIPAIS para desenvolver estas actividades, que en caso negativo o Concello poñan seus medios a dispor destes veciños para mitigar as molestias con medidas de insonorización.
Esperamos que realice unha xestión e intervención adecuada, desexamos informe a esta Asociación-
Esta queixa refírese a unhas actividades que veñen producíndose por unha igrexa, no seu baixo esquerda, dese hai varios anos.
Ditas actividades realízanse como consecuencia destes actos relixiosos mediante cánticos e acompañamentos musicais que producen molestias acústicas na veciñanza deste edificio.
INSTAMOS ao Concello para que comproben se dispoñen de todas as correspondentes LICENZAS MUNICIPAIS para desenvolver estas actividades, que en caso negativo o Concello poñan seus medios a dispor destes veciños para mitigar as molestias con medidas de insonorización.
Esperamos que realice unha xestión e intervención adecuada, desexamos informe a esta Asociación-
Ferrol a 6 de Abril de 2009.
A PRESIDENTA / O SECRETARIO
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ / asdo.Xosé M. SANXOÁN
8.4.09
FESTA DOS COLECTIVOS-09 - PRAZA DO INFERNIÑO

VI Conspirando por umha Rádio Livre
Esta é a programaçom programada do VI Conspirando por umha Rádio Libre, o festival que organiza o Colectivo OPAII para o apoio e difussom de Rádio FilsipiM, a rádio livre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.
Data: Xoves 9 de abril de 2009
Data: Xoves 9 de abril de 2009
Lugar: O Inferno [Pista polideportiva da praza do Inferniño – Ferrol]
Entrada: Gratuita
ACTIVIDADES PROGRAMADAS:
Programa de radio especial: Dende o estudio de Rádio Filispim, 93.9 FM, emitirase um programa especial cas voces d@s protagonistas, durante e tarde-noite do xoves 9 de abril.
Feira de Colectivos: A partir das 18:00h.
Colectivos inscritos até o momento:
Rede Ferrol Troca, ONG Lena, LiberaONG, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, El Militante, Espazo Libertario, Fundaçom Artábria, Briga, Colectivo Opaii!–Rádio FilispiM.
O Colectivo de Uruguayos en Ferrol instalarán un “tanque” donde asarán chourizos.
A Massa Crítica Ferrolá, convoca unha “bicicletada” aberta a tod@s @s afeccionad@s que partirá baixo da carpa ás 20:00 h., en punto, para dar unha volta por Ferrol.
Festival de música: A partir das 22:00 h.:
Retobato (Punk Rock) - Ferrol
Roger de Flor e amigos (Pop-Swing) - Fene
Sacha na Horta (Fusión) – Compostela
Todos os actos na Praza do Inferniño levaranse ao cabo baixo umha carpa, con entrada de balde.
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Asociación Cultural "Castelo de Moeche", Colectivo Fervesteiro e a Concellaría de Cultura – Ferrol.
Apoiam:
A.VV O Rosario-Inferniño, A.VV Ensanche A, Colectivo Ártabra21, Fundaçom Artábria, Marcha Mundial das Mulleres, Pizzería Rincón Argentino, Ganya GrouShop, Pub Manchita Cosa, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ONG Lena, A.C. Fuco Buxán.
Descargar o arquivo MP3
-- Rádio FilispiM, 93.9 FMA rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
-- Rádio FilispiM, 93.9 FMA rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
-
6.4.09
ACTUACIÓNS OBRAS - URBANISMO

ENTREVISTA CONCELLEIRO URBANISMO
2 - abril-09
A Directiva desta Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, mantivo unha reunión co Concelleiro de Urbanismo e Obras edificios públicos para solicitar información das vindeiras actuacións no barrio do Inferniño.
RUA ALCALDE USERO
Haberá unha importante actuación na Rúa Alcalde Usero que consistirá en humanizar este espazo con amplas beirarrúas, arboredo e demais servizos nunha primeira fase de actuación ate a Rúa Ministro Patiño cun investimento de 700.000 €.
Contempla continuar unha segunda fase ata a praza do Inferniño e Rúa Cuntis parecida na rúa Cuntis nun futuro máis inmediato.
RUA RIO XUBIA
Por fin comezan as demandas obras para urbanizar a Rúa Río Xubia que valoramos positivamente o remate desta importante vía urbana deste barrio. Tamén valoramos este importante investimento para a canalización das augas do RIO DO TRONCO, dando un paso importante nesta dirección.
SAÍDA O´SINO
Non obstante mantemos serias dubidas sobre a saída da Autopista polo lugar de O´SINO, que coincide o goberno con nós en catalogar esta saída como un ATALLO, dando a entender que está SAÍDA non está homologada como unha verdadeira saída de autopista.
Presentamos fundadas dúbidas tamén sobre a INCONVENIENCIA de cargar o tráfico rodado sobre a Rúa Río Xubia como lugar de paso a outros barrios, polo que non debemos esquecer trátase dunha vía de barrio e non está preparado para acoller cada vez máis tráfico.
PARQUE URBANO
Lembramos nosa importante reivindicación e promesa electoral do actual goberno para proxectar e acometer a realización do PARQUE URBANO do Inferniño no Palco das Animas, que aínda dando pasos na expropiación das antigas casas esperamos unha clara e firme determinación neste proxecto xunto a conservación e impulso do HUMIDAL NATURAL URBANO.
PISTA DEPORTIVA
Acollemos con satisfacción o inicio da REFORMA DA PISTA POLIDEPORTIVA DA PRAZA DO INFERNIÑO, cun investimento de máis de 50.000 €, onde por fin a xuventude, infancia e demais veciñanza podan dispor dunhas instalacións en mellores condicións.
Noso obxectivo e esixir seu cumprimento do PXOU, onde está contemplado o seu uso como espazo adicado estritamente para exercer a actividade deportiva.
ISLETAS
Continúa informándonos sobre a actuación aprobada en concurso de ideas para iniciar unha actuación no senso de humanizar varios espazos correspondentes a este barrio, como son Río Mera- Mosteiro Monfero, Rúa Fontaíña- Bello Piñeiro, Río Castro- Río Lérez.
Está próxima a súa execución nun prazo inmediato que consiste en humanizar estes espazos e dotar estas rotondas de mobiliario e aproveitamento de varias melloras.
LOCAL
Somos a única Asociación Veciñal Urbana que aínda non dispón de LOCAL na cidade de Ferrol e que por tanto pedimos un trato parecido que as demais entidades veciñais.
Xa pasados os trámites de Xunta de goberno e comisións para cedernos este LOCAL da avda. de Viveiro, esta area DEVOLVER todo o expediente ao departamento de PATIMONIO co fin de aclarar esta situación.
Motivado as recomendacións dos técnicos que alegan que este LOCAL so pode cederse a unha soa asociación por razóns de espazo.
Amosamos nosa DECEPCIÓN pola lentitude e falta de interese nesta resolución
Ferrol a 2 de ABRIL de 2009.
asdo. Xosé M. SANXOÁN - Secretario
asdo. Ana J. LOPEZ- Presidenta /
asdo. Ana J. LOPEZ- Presidenta /
--
30.3.09
PASAMENTO DO COMPAÑEIRO SANTIAGO TORRENTE

A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO queremos
expresar noso pesar polo pasamento de SANTIAGO TORRENTE,
vítima dunha enfermedade.
Santiago Torrente, voceiro da Plataforma pola verdade da Fragata Extremadura, lendo un manifesto na homenaxe do pasado 18 decembro de 2008 en Ferrol-Vello.
Lembraremos o seu compromiso e entrega como na sua ultima destacada actuación como portavoz da Plataforma pola verdade da fragata Extremadura e cabo Gago da cal esta asociación forma parte.
Noso pésame a súa viuva, fillos e a súa irmá, Luz Marina, compañeira e unha das valentes voceiras do Comité de Emerxencia contra a Planta de Gas.
A desapareción de SANTIAGO TORRENTE significa unha perda irreparable pero seu exemplo e reivindicación perdurará na nosa memoria.
Ferrol a 29 de Marzo de 2009
asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta
16.3.09
CONCURSO DE PRAZAS E ESPAZOS PUBLICOS.
O Concello recuperará para o cidadán cinco prazas públicas nos Ensanches co seu plan de humanización
Luns, 16 de marzo de 2009
O alcalde avanzou que un estudo de arquitectos local gañou o concurso de ideas para a reurbanización destes espazos.
A sede do Colexio de Arquitectos de Ferrol acolleu a presentación do proxecto gañador e tamén dos finalistas. O edil Ángel Mato subliña que as obras transformarán radicalmente un espazo dos 70 carente de áreas de lecer
A humanización dos espazos públicos da cidade é un obxectivo irrenunciable e un dos motores que guían a actuación do goberno municipal de Ferrol. E, no caso dos Ensanches, esa política tamén conta coa máxima da participación non só dos cidadáns e cidadás, a través das achegas realizadas polas entidades veciñais, senón tamén dos profesionais da arquitectura.
A humanización dos espazos públicos da cidade é un obxectivo irrenunciable e un dos motores que guían a actuación do goberno municipal de Ferrol. E, no caso dos Ensanches, esa política tamén conta coa máxima da participación non só dos cidadáns e cidadás, a través das achegas realizadas polas entidades veciñais, senón tamén dos profesionais da arquitectura.
Así o constata o concurso de ideas aberto polo Concello de Ferrol para a reurbanización de cinco prazas públicas ubicadas nos barrios do Inferniño e Ultramar. Un concurso que formulou en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e ao que se presentaron 29 estudos. E, todos estes traballos se exporán na sede do COAG a partir do mes de maio.
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, daba conta o pasado 13 de marzo do resultado do mesmo en compaña do concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, e da presidenta do COAG, María Fernández Lemos.
Por unanimidade, o primeiro premio recibiráo o proxecto presentado polos arquitectos locais Jorge Salgado Cortizas, Manuel Alonso Mosquera e María Alonso Mosquera. Na práctica, a súa proposta servirá de base para a a contratación dos servizos correspondentes á redacción do proxecto técnico -básico e de execución- e á dirección de obra para a reurbanización dos cinco espazos sinalados.
Así, a actuación conxunta prevista traerá consigo a transformación radical dun espazo que nace na década dos 70 cunha carencia grave: a ausencia de zonas de lecer.
E é que as ditas prazas se constitúen como puntos de confluencia de distintas rúas, invadidas na actualidade por isletas ou deseñadas como rotondas para regular o tránsito rodado.
Moi deterioradas no seu conxunto. Pero, ¿cal é o obxectivo das futuras intervencións?
Fundamentalmente, pór eses espazos ao servizo da cidadanía, convertíndoos en espazos de ocio, estancia e desfrute, que contribúan a incrementar a calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio, ao par que se impulsa a actividade da iniciativa privada.
E, ¿cales son os espazos sobre os que actuar? Os seguintes:
-o primeiro, conformado por dous puntos de cruzamento e os extremos das rúas que conflúen, Río Mera, Río Xuvia, Río Eume, Castelo de Andrade e Mosteiro de Caaveiro, e cunha superficie aproximada de 3.150 metros cadrados;
- o segundo correspóndese co cruzamento e os extremos das rúas que conflúen, Fontaíña, Pintor Bello Piñeiro e Río Miño, de aproximadamente 2.360 metros cadrados;
-o tramo da rúa Pintor Bello Piñeiro diante da igrexa do Rosario xunto aos extremos das rúas Río Lérez e Río Castro, de 700 metros cadrados;
-o tramo con máis sección da rúa Río Castro e un tramo da rúa paralela, Fontemoura, unidos pola rúa Illa Herbosa, conformando un espazo en forma de H, e 1.825 metros cadrados,
-e o cruzamento entre as rúas Villa Soledad, Uruguai e Sartaña, actualmente unha glorieta, e cunha superficie de 2.220 metros cadrados.
En concreto, o proxecto asinado por Salgado Cortizas e os irmáns Alonso Mosquera profundiza na filosofía de reconvertir os espazos destinados ao coche en espazos públicos para o desfrute do cidadán. Nesa liña, a proposta elaborada e finalmente gañadora establece que o novo espazo recolla as incidencias da historia e algo da propia estructura do barrio dándolle sentido.
O proxecto, dentro do ámbito da intervención, formula a peonización da rúa Mosteiro de Monfero, limitando o acceso de vehículos a residentes, reparto de mercadorías e servizos de emerxencias (sempre en sentido descendente).
Para iso, realizaránse pequenos axustes na ordeación do tráfico rodado das rúas inmediatas. Estes axustes, segundo explicitan na memoria, permitirán á súa vez ampliar a beirarrúa da rúa Río Xubia (que soporta un fluxo importante de vehículos), e darlle continuidade a este espazo coa intersección das rúas Monfero, Castelo de Andrade e Forcadas. As zonas previstas para o aparcamento establécense na zona inmediata ó ambito da intervención.
Unha secuencia de plataformas horizontais, a primeira delas na beirarrúa da rúa Río Xubia, e outras tres que ascenden pola pendente da rúa Monfero, como naipes sobre un tapete, conforman as zonas de estar, o espazo restante, cunha pendente media do 6% destínase á circulación de peón e de tráfico rodado restrinxido.
O seu presuposto, algo máis de 411.000 euros, segundo a memoria presentada. Así mesmo, a proposta formula un patrón de intervencións que tamén servirá para os outros cinco espazos próximos.
As plataformas e os bancos proxectaránse en formación “in situ” de cor branca, o resto da superficie paviméntase cun adoquín rectangular de formigón de cor gris, acomodándose a dirección que a topografía do ámbito lle impón, permitindo á súa vez a implantación de arbolado con folla perenne.
O xurado estivo presidido polo alcalde, Vicente Irisarri, e integrado por Alberto Noguerol -arquitecto elixido polos aspirantes-, Juan Vila -arquitecto municipal-, Ángel Mato -en calidade de concelleiro de Urbanismo-, e a secretaria do COAG.
Así, os gañadores do concurso recibirán 4.000 euros, e o segundo e terceiro premios 2.000 e 1.000 euros respectivamente. Neste caso, as propostas seleccionadas estiveron asinadas por Felipe Peña Pereda e César de Jesús Otero Grille.
6.3.09
RECOÑECEMENTOS PARA AMELIA

A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, presenta a candidatura de AMELIA DIAZ QUIROGA para o seu recoñecemento e premio que a area de Muller do Concello de Ferrol quere levar a cabo o vindeiro día 8 de Marzo, DIA DA MULLER TRABALLADORA.
Breve biografía:
Comeza como directiva das ANPAS do CEIP de RECIMIL no ano 2002 participando de xeito activa nas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e SERVIZO DE COMEDOR a cal continúa actualmente nestes cometidos sociais .
Salientamos o seu mérito pola súa entrega na consecución e posta en marcha dos COMEDORES ESCOLARES PUBLICOS desde o ano 2002 impulsados polas ANPAS da comarca de Ferrol.
Este RECOÑECEMENTO está fora de toda dúbida por parte de toda a comunidade educativa que valora a entrega de nosa veciña deste barrio do Inferniño.
PARABÉNS AMELIA !
A. Veciñal O Rosario- Inferniño.-
20.2.09
HUMANIZACION ESTRADA DE CASTELA

As obras das estradas de Castela e Catabois empezarán antes do verán
Na estrada de Castela intervirase nun tramo de 1,5 quilómetros para acondicionala ao seu uso como vía urbana
DANIEL ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL
A humanización das estradas de Castela e Catabois é un proxecto que vén de antigo e que pretende adecuar estes viarios á súa nova condición de rúas urbanas. A Consellería de Política Territorial acaba de licitar as obras, cuxo importe é de sete millóns de euros e que, segundo as previsións do goberno local, darán comezo antes do verán, ao redor dos meses de maio ou xuño.
O prazo de execución fixado é de 24 meses.
O alcalde e o concelleiro de Urbanismo expresaban onte a súa satisfacción polos froitos que está dando a colaboración con outras administracións, que Irisarri cifrou en máis de 25 millóns de euros para este ano, nesta e outras cuestións relacionadas con infraestruturas para a cidade.
A Consellería de Política Territorial licitou, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia, as obras de acondicionamento e humanización das estradas de Castela e Catabois, dous proxectos que se remontan a anos atrás e que pretenden adecuar a fisonomía e dotación destes espazos á súa actual función de rúas urbanas.
Ambas as estradas, que naceron como vías de acceso á cidade, foron adquirindo, co paso dos anos, carácter urbano, polo que é preciso adaptar o seu trazado aos novos usos e dotalas tamén dos servizos necesarios. No entanto, non perderon o seu labor como arterias de entrada e saída á cidade -o volume de tráfico supera os 22.000 vehículos diarios- polo que se fai necesario aumentar a seguridade viaria nestas zonas.
A intervención na estrada de Catabois dividirase en dous partes, unha desde a praza de Canido ata a rotonda do Marcide -tres quilómetros nos que coexistirán vehículos e peóns- e outra desde esta glorieta ata a que serve de límite con Narón, en Muíño do Vento. Neste último caso, a intervención será de menor alcance e responderá ás necesidades concretas de cada punto.
Polo que se refire á estrada de Castela, as obras, cun tratamento similar ás de Catabois, afectarán a un tramo de 1,5 quilómetros desde a estación de autobuses.
En ambos os casos construiranse beirarrúas, mellorarase o pavimento, colocarase mobiliario urbano, instalaranse novos servizos e aparcadoiros e redefiniranse as paradas de autobús.
En Catabois haberá, ademais, un carril para bicicletas. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, e os concelleiros de Urbanismo, Anxo Mato, e Facenda, Ramón Veloso, expresaron onte a súa satisfacción pola licitación das obras e destacaron os froitos que dá o traballo conxunto entre Xunta e Concello. Mato, en concreto, referiuse á importancia que traerá consigo a materialización destes proxectos polo que suporá de mellora na vertebración e reestruturación do ámbito urbano de Ferrol, e fixo especial fincapé no caso da estrada de Castela.
Neste sentido, apuntou que se trata da zona de maior desenvolvemento urbano e que se mellorará a imaxe de dos barrios, o Inferniño e Ultramar, contribuíndo a unha mellor vertebración dos municipios de Ferrol e Narón.
O responsable municipal de Urbanismo apuntou que ambos os proxectos desenvolvéronse tendo en conta o Plan de Mobilidade elaborado pola Axencia de Ecoloxía Urbana e que esta licitación vén sumarse a outra serie de proxectos que están resolvendo os problemas de infraestruturas de Ferrol (saneamento do rural e da zona urbana, praza de España, etc.)
Mato, que quixo tranquilizar aos veciños da estrada de Castela xa que con estas obras solucionaranse as deficiencias de pavimentación e beirarrúas, destacou que o goberno de Galicia está cumprindo os seus compromisos co Concello.
Pola súa banda, o alcalde fixo balance dos investimentos previstos para este ano polos gobernos central e autonómico en Ferrol: os 13 millóns do Fondo Estatal de Investimento Local; sete (este ano a metade) da Cptopv para as careteras de Castela e Catabois; 2,5 de Medio Ambiente para o saneamento dos ríos Inxerto e Tronco e outros dous millóns para resolver as inundacións dos Corrais.
Máis de 20 millóns aos que hai que sumar os investimentos do Plan Urban, que este ano poden estar entre os dous e os tres millóns de euros.
Falamos dun investimento de 25 millóns de euros este ano; un caudal de investimento nunca visto nesta cidade, dixo Irisarri.
O problema é agora a xestión deste diñeiro, pero a présa que temos en sacala adiante non está rifada co cumprimento
Diario de Ferrol.-
3.2.09
REUNION CONCELLEIRO URBANISMO

A Asocición Veciñal O Rosario-Inferniño pide ao edil de Urbanismo zonas peonís no barrio.
REDACCIÓN > FERROL
O concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, e a directiva da asociación veciñal O Rosario-Infeniño repasaron o pasado venres nunha reunión as actuacións que o Concello ten proxectadas nesta contorna.
Os veciños aproveitaron ademais o encontro para recordar ao edil socialista algunhas das súas demandas. Así, a entidade veciñal manifestou a súa satisfacción pola próxima urbanización da Rúa Alcalde Usero, á vez que instaron ao concelleiro a que reserve zonas peonís para a contorna comprendida entre este viario e a Praza do Inferniño.
Con respecto a esta praza, a AVV O Rosario recordou ao concelleiro a necesidade da súa remodelación, incluída unha nova PISTA POLIDEPORTIVA.
Ademais, piden un plan parcial que permita humanizar a contorna da PRAZA Río do Tronco e confían en que se desenvolva canto antes o prometido PARQUE URBANO -unha histórica demanda deste barrio- e a mellora da Rúa río Xuvia, na que recentemente se demoleron tres antigas casas que a convertían nun tapón urbanístico.
Mato, por outra banda, transmitiulles a estes responsables veciñais que acaba de adxudicar actuacións en cinco espazos que representan a confluencia dunha ducia de rúas.
Para rematar, pediron a adecuación de local cedido na avenida de Viveiro polo Concello para poder desempeñar a súa actividade.
Diario de Ferrol.-
----------------------------------------------------------------------------------------------
O Concello cederá un local na avenida de Viveiro á asociación do Rosario-Inferniño
O concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, anunciou á directiva da asociación veciñal O Rosario-Inferniño a disposición do goberno local a cederlles un local na rúa Viveiro.
O concelleiro de Urbanismo, Ángel Mato, anunciou á directiva da asociación veciñal O Rosario-Inferniño a disposición do goberno local a cederlles un local na rúa Viveiro.
Segundo explicou a directiva da entidade, a decisión aínda deberá ser aprobada pola xunta de goberno local. Ademais, os directivos solicitaron que se garantan as condicións de habitabilidade do local, que está en situación de «bastante abandono e que precisa obras».
A entidade valorou o proxecto de pista polideportiva na Praza do Inferniño, aínda que continúa solicitando unha remodelación «importante» dese espazo.
A entidade valorou o proxecto de pista polideportiva na Praza do Inferniño, aínda que continúa solicitando unha remodelación «importante» dese espazo.
Ademais, a asociación solicitou que se interveña canto antes na rúa Río Xuvia e que se recupere o humidal desa zona. Tamén mostraron o seu respaldo ao proxecto de Urbanismo para reformar a Rúa Alcalde Usero e cinco pequenas prazas en todo o barrio do Inferniño.
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/02/03/0003_7502792.htm?idioma=galego
La Voz de Galicia.-
18.1.09
NOVA ILUMINACION PARA O INFERNIÑO.
O Concello renovará a iluminación pública do Ensanche A con farois de menor consumo.
As obras mellorarán a iluminación, entre outras, da praza Río do Tronco.
L. P. REDACCIÓN > FERROL

O aforro enerxético chega á iluminación pública do Ensanche A.
Este barrio será, xunto co de Esteiro -nalgunhas rúas da parte antiga do mesmo o Concello xa procedeu á renovación das luminarias-, dos primeiros de Ferrol nos que levará a cabo a substitución dos actuais puntos de luz por outros de menor consumo e maiores prestacións.
Esta actuación afectará a toda esta zona do Ensanche, coa excepción da rúa Ourense, a avenida da Paz e da praza do Inferniño, que quedarán para unha intervención posterior.
A Concellaría de Servizos que dirixe María López adxudicou o pasado venres estes traballos, que suporán o cambio de case un centenar de luminarias.
Primeiro foi no alumado do Nadal, co uso de lámpadas con tecnoloxía led en lugar das de tipo incandescente ou halógenas que habitualmente viñan utilizando nestas instalacións, e agora o aforro enerxético chegará por fin aos barrios, empezando polo Ensanche A.
A empresa SICE encargarase de levar a cabo a substitución dos actuais farois que iluminan as rúas desta zona do municipio por outras de menor consumo enerxético.
Esta compañía foi a que presentou a mellor oferta das tres que optaban a facerse con este contrato. De feito, a súa proposta rebaixa en case 40.000 euros o prezo de saída fixado polo Concello, polo que finalmente os traballos executaranse por 96.400 euros, no canto dos 136.300 polos que foron licitados.
O plan de obra de SICE non altera, con todo, o tempo de realización da intervención estimada no concurso, que se mantén nos tres meses.
A Concellaría de Servizos e Medio Ambiente aprobou esta adxudicación o pasado venres. A responsable deste departamento, María López, aclarou que se trata dunha concesión temporal, posto que as outras compañías concursantes teñen quince días por se deciden presentar alegacións.
Unha vez vencido este prazo legal, o inicio da actuación será inminente, segundo apuntou a responsable deste departamento.
Novos farois -
Os traballos consistirán no cambio dun total de 92 luminarias por outras de fundición de aluminio, cun único foco, de 150 vatios de potencia e cun menor consumo enerxético. Unha vez que estas entren en funcionamento, o Concello estima que poderá aforrar ao redor dun 20% na factura da luz, por iso é polo que a concelleira de Servizos considere que máis que un gasto, estas obras supón un investimento para as arcas municipais.
Nesta liña, María López explica que a duración da luminaria e da lámpara é moito maior que nos equipos actuais, conseguíndose ademais reducir o consumo e mellorar as prestacións.
Pero ademais da instalación dos novos puntos de luz, a intervención inclúe a unificación e recolocación nun só dos cadros de control, a día de hoxe dispersos por varias rúas; así como nunha nova canalización eléctrica, que nalgunhas zonas será subterránea.
Respecto diso deste novo tendido, a responsable da área de Servizos subliña que estará preparado para poder acometerse calquera ampliación futura da iluminación a outros puntos do barrio.
Deste plan de aforro enerxético beneficiaranse un total de doce rúas do Ensanche A (Castelo de Andrade, Instituto, Río Xuvia, Río Mera, Río Lambre, Río Eume, Pérez Villamil, Pontevedra, Publicista Saralegui, Alcalde Usero, Ministro Patiño e Moeche), ademais da praza Río do Tronco e a de Segura Torrella.
Unicamente a rúa Ourense, a avenida da Paz e a praza do Inferniño quedarán á marxe desta actuación, posto que a renovación da iluminación pública destes lugares levará a cabo nunha segunda fase, en cuxo proxecto xa traballa a área de María López.
Destes tres últimas contornas, a praza do Inferniño, por ser un dos poucos espazos de estancia cos que conta o Ensanche, é prioritaria para o goberno.
A edila recoñece que este enclave presenta na actualidade unha iluminación deficiente, polo que necesita de un tratamento especial, que ademais de darlle máis claridade á praza evitará a contaminación lumínica.
Diario de Ferrol.-
13.1.09
HUMANIZAR ESPAZOS -ROTONDAS...
Preto de 30 estudos de arquitectura participan
no concurso de urbanización de cinco prazas.

no concurso de urbanización de cinco prazas.
A confluencia entre Río Mera, Río Xubia e outros viarios será unha das zonas de actuación
DANIEL ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL

O plan de humanización de barrios que o goberno local está implantando na cidade chega ao Ensanche a través do concurso para proxectar a urbanización de cinco prazas nesta zona da cidade, que carece de zonas de esparexemento.
A colaboración entre o Concello ferrolán e o COAG permite pór en marcha esta iniciativa, que xa tivo un importante éxito de participación, cun total de 27 propostas de estudos de arquitectura de diversos puntos da xeografía española.
Haberá que esperar agora o contido das iniciativas, para que non suceda como co concurso de ideas da Costa de Mella, que, a pesar das expectativas, resultou finalmente deserto.
A colaboración entre o Concello e o Colexio Oficial de Arquitectos propiciou un novo concurso de ideas para urbanizar cinco prazas na zona do Ensanche ao que xa presentaron as súas propostas un total de 29 estudos de arquitectura -un quedou excluído por non cumprir as normas establecidas-.
O concurso pretende a creación de zonas de estancia e de esparexemento para os veciños, liberándoas de vehículos e dotándoas de mobiliario urbano.
Trataríase de humanizar un barrio que apenas ten espazos públicos.
O concelleiro de Planificación Urbanística, Anxo Mato, deu conta onte do resultado do concurso, que tivo unha importante acollida, ata en estudos de fóra de Galicia.
O obxectivo do concurso é seleccionar a mellor proposta que sirva como base para a contratación dos servizos de redacción de proxecto técnico, básico e de execución.
Os cinco espazos nos que está previsto intervir son:
- 0 conformado pola confluencia de Río Mera, Río Xuvia, Río Eume, Castelo de Andrade e Mosteiro de Caaveiro (uns 3.150 metros cadrados), a Fontaíña;
- Pintor Belo Piñeiro e Río Miño (2.360 metros cadrados);
- o tramo de cálea Pintor Belo Piñeiro, diante da igrexa do Rosario e os extremos das rúas Río Lérez e Río Castro (700 metros cadrados);
-o tramo con máis sección de rúa Castro
- un tramo da rúa paralela -Fontemoura-, unidos por Illa Herbosa (1.825 metros cadrados) e a intersección entre rúas Vila Soidade, Uruguai e Sartaña, que actualmente forman unha glorieta (2.220 metros cadrados).
Nas próximas semanas, e sen prolongarse máis aló do 27 de febreiro, o xurado analizará e avaliará as propostas e dará a coñecer a súa decisión.
O xurado estará estará presidido polo alcalde, Vicente Irisarri, e integrado por Alberto Noguerol, arquitecto elixido polos aspirantes; Juan Vila, arquitecto municipal; Anxo Mato, concelleiro de Urbanismo e a secretaria do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
O gañador recibirá 4.000 euros e o segundo e terceiro premio contarán con 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.
Diario de Ferrol.-
ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS-2009
O goberno local creará un regulamento
de participación orzamentaria este ano.
REDACCIÓN > FERROL
O portavoz do PSOE e edil de Facenda, Ramón Veloso, confía en poder levar ao pleno os orzamentos deste ano en febreiro e en alcanzar un acordo como mínimo con Esquerda Unida -o BNG xa o pactou por escrito- para sacalos adiante.
de participación orzamentaria este ano.
REDACCIÓN > FERROL
O portavoz do PSOE e edil de Facenda, Ramón Veloso, confía en poder levar ao pleno os orzamentos deste ano en febreiro e en alcanzar un acordo como mínimo con Esquerda Unida -o BNG xa o pactou por escrito- para sacalos adiante.
Con este fin, Veloso anunciou que o escollo da participación cidadá -unha das principais reclamacións do ex socio de goberno dos socialistas- considérase salvado non coa inclusión dunha partida concreta -pedía un millón de euros- senón con que nas bases de execución do orzamento para 2009 contémplese que se concretará un regulamento de participación orzamentaria.
Trátase, explicou Veloso, dun mecanismo polo que os vecinso terán a posibilidade de participar na xestión dos fondos do Concello, o que, a xuízo do concelleiro, podería supor alcanzar a cifra dun millón de euros que expón EU.
En calquera caso, o propio Veloso matizou que o ideal sería que un 1,5% ou un 2% do orzamento xestionásese deste xeito, como sucede noutras cidades nas que a cuestión da participación cidadá está máis desenvolvida que no caso de Ferrol.
Nos próximos días haberá novos encontros do grupo de goberno con EU e tamén co PP -aínda que o PSOE expresa as súas dúbidas sobre un posible acordo-. Veloso considera que IF, pola súa banda, pechou a porta á negociación.
Diario de Ferrol.-
9.1.09
MOBILIZACION CONTRA A MASACRE DE ISRAEL
NOVA CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO
"DETEÑAMOS O TERRORISMO SIONISTA"
Venres, 9 Xaneiro, ás 8 da Tarde
Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, na Praza Amada García Acude e difunde !!
Alto á masacre e ao xenocidio en Gaza !!
Convocatoria aberta, até agora participan:
ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxan, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Acsur-Las Segovias, BNG, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Intersindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida (EU), Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Galiza Nova, Marcha Mundial das Mulleres, Nós - Unidade Popular, OSPAAL Galicia, Partido comunista de Galicia (PCG), Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO,UGT, Unión Libertaria, Verdegaia.
Sumate á convocatoria !!
2.1.09
CARBÓNS - CARTA REIS E DESEXOS 2009 -
A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño enviamos as peticións veciñais na nosa carta aos Reis, na que pedimos máis que nunca unha ansiada e desexada PAZ , SAÚDE e ánimos para todos e capear o temporal da crise neste ano 2009.
Desde a nosa Asociación lembramos ás principais peticións do barrio do Inferniño que merecen unha atención especial , así pedimos:
- A REMODERACIÓN DA PRAZA DO INFERNIÑO.
- UNHA NOVA AREA DEPORTIVA NESTA ZONA DEPORTIVA..
- O PROXECTO DEFINITIVO PARA REALIZAR O PARQUE URBANO.
- UNHA PRAZA NO RIO DO TRONCO
- A URBANIZACION DEFINITIVA DA RÚA RIO XUBIA.
- URBANIZAR DE NOVO A RUA RIO CASTRO.
- DINAMIZAR O CENTRO CULTURAL .
- RESCATE DESTE CENTRO COMERCIAL .
Temos algunhas decepcións que como en anos anteriores imos mencionar de xeito metafórico a modo de SAQUIÑOS DE CARBÓN NEGHRO, onde consideramos que a veciñanza estivo moi crítica con certas actuacións desacertadas.
* Un gran saco de carbón para o alcalde Vicente Irisarri e a ex tenente alcalde Yolanda Díaz por non seren quen de aproveitar a confianza que os cidadáns lles outorgamos, privando a Ferrol da tan desexada estabilidade política.
* A Ex-concelleira de Cultura, Yolanda Díaz merece outro saquiño de carbón por non ter recuperado durante o seu paso por a concellería o Centro Cultural Municipal Carvalho Calero, no Inferniño, para uso e disfrute de toda a cidadanía, resolvendo dunha vez por todas o estado de "ocupación" do devandito centro por parte dunha entidade privada.
* Outro gran saco de carbón para o PP- IF porque aínda estamos pagando as consecuencias económicas da súa desastrosa política urbanística no que respecta a espacios públicos (léase edificio de 21 m. na praza de España, entre outros) as seguiremos padecendo nas arcas do concello durante moito tempo.
* Para acabar co carbón , pedimos unha tonelada (ou dúas) para os promotores políticos, económicos e mediáticos de Reganosa; que algúns terán que explicar por que agora xa non é ESTRATÉXICA en mans de empresas rusas.
* Tamén, con moita esperanza, pedimos unha brúxula, con manual de instruccións incluído, para Angel Mato e María López, concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, respectivamente, para que fiquen o norte e non se perdan á hora de levar a cabo o proxecto do parque urbano no Palco das Ánimas e a recuperación do humidal.
Para rematar nosos PARABENS para as nais/pais do alumnado do CEIP Ibáñez Martín, ANPAS e comunidade educativa que por fin votaron o cambio de nome deste centro a CEIP Recimil.--
Ferrol a 2 de Xaneiro de 2009.
asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. López - Presidenta
FELIZ ANO 2009
A xunta directiva quere desexarvos un
FELIZ ANO 2009.
Tamén enviamos unha carta de peticións aos REIS MAXICOS para que coñezan nosas principais reivindicacións para o noso barrio que amosamos na nosa páxina do BLOG.
Tamén enviamos unha carta de peticións aos REIS MAXICOS para que coñezan nosas principais reivindicacións para o noso barrio que amosamos na nosa páxina do BLOG.
Saúde
A xunta directiva.-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
