11.3.08

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA


Convocatoria ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
14 de MARZO de 2007.



Benqueridos SOCIOS/AS :

Estades Convocados a unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA para o día 14 de Marzo , (a continuación da Asemblea Ordinaria ) ás 19 45 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO co obxecto de renovar e ampliar os membros da xunta directiva, convidándote a participar na nosa Asociación.


Orde do día


1 .- Lectura e aprobación , se procede , da Acta anterior.

2 .- Renovación directivos/as da Xunta directiva. Artigo nº 19 .
Novos Ingresos.-
Rogamos apuntarse ata 24 horas antes da Asemblea.

- VICE-PRESIDENTE.
- SECRETARIO.
- TESOUREIRO.
- VOGAIS PARES- (Jesús Miguel Castro Campos, José G. Ramos)
Nov@s directiv@s - David Castro, Marga Vazquez .

Ferrol a 1 de Marzo de 2007.

Saúdos veciñais .


O Presidente O Secretario



Asdo. Xosé M. SANXOAN CAAMAÑO / Asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO

Xuntanza cos traballores de URBASER


XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO COMITE DE EMPRESA DE URBASER S.A.


Ferrol, a 20 de febreiro de 2008.


A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño quer informar que o día de onte mantivo unha entrevista con representantes do Comité de Empresa de URBASER S.A.

Os representantes dos traballadores da nomeada empresa convocaron dita entrevista coa finalidade de informar a esta Xunta Directiva, dentro da rolda de entrevistas que ten previsto realizar con representantes de todas as asociacións veciñais da cidade, da situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo da empresa.

Os representantes sindicais expresaron a súa preocupación ante a FALTA DE DIALOGO que, ate o momento, amosou a Dirección de Urbaser, xa que non parece disposta a sentarse a negociar o novo Convenio coa PLATAFORMA DE REPRESENTACIÓN formada por tres das catro Centrais Sindicais presentes no Comité, que contan co apoio maioritario da Asemblea de Traballadores e da maioría dos membros do Comité.

Os traballadores quixeron manifestarnos, de xeito resumido, cales son as reivindicacións básicas deste novo Convenio, coa finalidade de que a veciñanza teña información clara e non sexa intoxicada con falsas especulacións. Así informaron que reclaman, entre outras medidas: no ámbito salarial a EQUIPARACIÓN COA MEDIA SALARIAL DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DE LIMPEZA DAS SETE CIDADES MAIS IMPORTANTES DE GALIZA (segundo manifestan son os que perciben o salario menor de todas, sendo incluso un 30% inferior aso traballadores de Urbaser en Lugo), no ámbito laboral solicitan A PROMOCIÓN INTERNA DOS TRABALLADORES COMO FORMA DE OCUPAR TODAS AS CATEGORIAS LABORAIS, e non a contratación externa a dedo para ocupar os postos superiores. Solicitan tamén QUE NON SE PERDAN CERTOS DEREITOS XA CONSEGUIDOS NO CONVENIO COLECTIVO APROBADO NO ANO 2005 e que a empresa de xeito unilateral pretende recortar.

A Xunta Directiva desta Asociación considera que un conflito colectivo neste sector é sempre moi prexudicial para a veciñanza, polo que APOIA AS DEMANDAS DE DIALOGO DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES E SOLICITA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA URBASER S.A. que ESGOTE TODAS AS VÍAS DE DIALOGO POSIBLE COS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES EN EVITACIÓN DUN POSIBLE CONFLITO COLECTIVO.

Así mesmo e, como queira que a citada empresa realiza un servizo público en réxime de concerto para o Concello de Ferrol, EISIXIMOS dos responsables municipais que, si fose necesario, medien na negociación que se propón e garanta unhas condición laborais dignas para uns traballadores que prestan un servizo esencial para a cidadanía, evitando as graves consecuencias que sempre comporta un conflito laboral neste sector.

Esta Xunta Directiva tamén quer facer público o seu total apoio e aplauso a esta iniciativa do Comité de Empresa de Urbaser, na que fai partícipe ao movemento veciñal, e por extensión a toda a veciñanza, dunha situación que pode desembocar nun problema que padeceriamos todas e todos e o fai antes de que o mesmo se produza.


O SECRETARIO.- O PRESIDENTE.-




Pedro CACHAZA PEREIRO / Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

Reunion Comerciantes- Asociación con Grupo de EU


ENTREVISTA GRUPO MUNICIPAL DE EU
COMERCIANTES -A.VECIÑAL


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO, xunto aos COMERCIANTES CRÍTICOS do CENTRO COMERCIAL PORTA NOVA DO INFERNIÑO, mantivemos unha reunión o pasado venres co Grupo de Goberno de ESQUERDA UNIDA, concelleiros XAVIER GALÁN e MIGUEL REIMUNDEZ.

A Asociación Veciñal expón a súa reiterada denuncia o incumprimento no PREGO DE CONDICIÓNS deste Centro, demandando a falla da GARDERIA INFANTIL ou LUDOTECA de 250 m2 e un LOCAL de finalidade social de 15 m2.

Os comerciantes críticos denuncian a calamitosa situación do Centro Comercial por varios motivos internos de mala xestión, constatando que na actualidade este Centro ten a maioría dos seus LOCAIS COMERCIAIS BALEIROS nas plantas superiores.

Inciden os comerciantes que este CENTRO ten unhas CONDICIÓNS MAGNIFICAS para súa actividade comercial, ademais de contar cunha UBICACIÓN EXCELENTE dado que conviven mais de 25. 000 veciñ@s nos barrios mais próximos.

Comentamos que O PREGO DE CONDICIÓNS debe ser o documento pola cal todas as partes están obrigados a respectar unha serie de condicións que o Concello debe esixir durante o tempo da concesión,( 49 anos), estando ben explicado no PREGO que un reiterado incumprimento significaría o RESCATE DA CONCESIÓN.

Os Comerciantes críticos son partidarios de RESCATAR A CONCESIÓN DO CENTRO COMERCIAL DE FORMA INMEDIATA e reabrir un novo proceso de CONCURSO E ADXUDICACIÓN PÚBLICA.

Os Concelleiros de EU achegan a un compromiso para REABRIR O EXPEDIENTE DESTE CENTRO para debater e analizar o PREGO DE CONDICIÓNS nas seguintes COMISIÓNS DE FACENDA E PATRIMONIO.

A Asociación Veciñal do Rosario apoia as demandas destes comerciantes críticos cun criterio serio para REVITALIZAR ESTE CENTRO CUNHA ACTIVIDADE COMERCIAL DE CALIDADE, TRANSPARENTE E TRANSMITA CONFIANZA A VECIÑANZA E CONSUMIDORES.

Ferrol a 14 de Febreiro de 2008.


Asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

Prórroga Ordenanza "CONVIVENCIA PARA A CIDADANÍA"


PETICION DE PRÓRROGA
CONVIVENCIA CIDADÁ NO ESPAZO PUBLICO DE FERROL.

Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO, en nome da Xunta Directiva da ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO-INFERNIÑO, MANIFESTAMOS NOSA PREOCUPACIÓN ANTE A NOVA ORDENANZA A DEBATE DE CONVIVENCIA CIDADÁ NOS ESPAZOS PUBLICOS NA CIDADE DE FERROL.

Valoramos POSITIVAMENTE unha mínima NORMATIVA CIDADÁ que contemple unha mensaxe vangardista e aberta en DEFENSA DA CIDADANÍA.

Na nosa opinión non cabe ningún debate de caracter RELIXIOSO nos ESPAZOS PUBLICOS na súa EXPOSICION DE MOTIVOS, que ben perfectamente expresado na Constitución.

Existe unha seria preocupación cidadá respecto aos RESPONSABLES POLITICOS DO CONCELLO que tradicionalmente non se involucran o suficiente na causa pública. Esta normativa debe reflectir tamén as responsabilidades de nosos representantes na aplicación das ordenanzas e respecto dos PARQUES, PRAZAS, ESPAZOS PÚBLICOS e na boa CONVIVENCIA CIDADÁ.

Observamos que os argumentos presentados polas concellarías propoñentes conteñen unha linguaxe restritiva, contraditoria, inadecuada e pode cualificarse de cuartelera, podendo atentar contra a LIBERDADE DE EXPRESIÓN.

Seguindo esta NORMATIVA estaría en xogo a LIBERDADE DE EXPRESIÓN pola simple colocación dun CARTEL reivindicativo baixo o pretexto de feísmo coa conseguinte multa calquera veciño ou veciña.

Entendemos que esta NORMATIVA debe DEBATERSE con tempo e cautela para non poñer en perigo a CONVIVENCIA CIDADÁ. Por todo isto:

S O L I CI T A M O S;

UNHA PRÓRROGA de alomenos UN MES para o DEBATE DE ASOCIACIÓNS e en consecuencia unha PRORROGA XERAL EN TODO O SEU PROCESO ATA TRASLADAR A SUA APROBACIÓN DEFINITIVA AO PLENO DE FINAIS DE ABRIL.


Ferrol a 8 de Febreiro de 2008.

Asdo. Xosé Manuel SANXOÁN CAAMAÑO - Presidente

7.2.08

ENTROIDO-2008



LUNS DE ENTROIDO


O Prestige navega pola
Praza do Inferniño












A REVOLTA coas gaitas e instrumentos de percusión pasean súa musica.













Todos os membros da mesma familia disfrazada, un exemplo a seguir.







6.2.08

MAIS FOTOS DO ENTROIDO-2008





A REVOLTA actúa para o noso

barrio do Inferniño.







A Comparsa A REVOLTA , cantan con claras alusións contra a PLANTA DE GAS nas súas letras.











Unha VOLTA ao barrio con aires de ENTROIDO.

SOLIDARIEDADE ATENEO FERROLÁN


INCENDIO NO ATENEO


A Xunta directiva da Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO manifestamos a nosa solidariedade co ATENEO FERROLAN motivado ao incendio sufrido no día de onte.


Queremos rexeitar e expresar a nosa condena a este ataque, de confirmarse a súa intencionalidade, a unha ENTIDADE que polas súas sinais de identidade e labor son tan necesarias para a toda cidade e comarca de Ferrol.

Dada as circunstancias que rodean este caso, esiximos que se abra unha investigación por parte do Concello para aclarar este feito.


Ferrol a 18 de Xaneiro de 2008.


Asdo. Pedro Cachaza – Secretario asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

Camión Privado na Praza Inferniño







ASUNTO : Recurso de Reposición por concesión de licenza municipal


Xosé Manuel SANXOAN CAMAÑO, maior de idade e veciño de Ferrol, rúa Río Lérez nº 2-4, 2º andar e con D.N.I. 32.613.638 Y, Presidente da Asociación Veciñal O Rosario -Inferniño de Ferrol con C.I.F. nº G70006473 e en REPRESENTACIÓN da citada entidade, como mellor proceda en dereito comparezo e:

E X P Ó Ñ O :

Primeiro.- O pasado día 3 de xaneiro o concelleiro delegado de Facenda e Patrimonio dese Concello aprobou unha resolución pola que se autoriza a instalación dunha atracción infantil chamada “PISTA AMERICANA” na Praza do Inferniño de Ferrol.

Segundo.- Os Estatutos desta Asociación establecen no artigo 2 cales son os fins principais da asociación, expresando no punto 5)
“A defensa do patrimonio natural, medioambiental e arquitectónico”, e mais concretamente no seu apartado a) “Salvagarda de parques e xardíns, no concreto a Praza do Inferniño...”, polo que de acordo co establecido nos artigos 31. 2 e 32 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime Xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento Administrativo Común considérome lexitimado e con capacidade para representar a Asociación veciñal que presido na presentación do presente Recurso de Reposición ante a Alcaldía de Ferrol.

Terceiro.- A resolución mencionada no punto primeiro fundaméntase no artigo 77 do Regulamento de Bens das Entidade Locais aprobado polo Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño, sen embargo a pesares de que o mencionado artigo 77 no punto 1 di que “ O uso común especial normal dos bens de dominio público se suxeitarán a licenza,..” dito parágrafo continúa dicindo textualmente
“...axustada á natureza do dominio, aos actos de afectación e apertura ao uso público e aos preceptos de carácter xeral.”

Cuarto.- O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol no artigo 54 establece as determinacións xerais para os tipos de solo, manifestando que “...
o Plan precisa a ordenación física pormenorizada do solo urbano a través da delimitación dos seus solos segundo o seu destino para: ...c) Solos públicos para parques e xardíns urbanos (zonas verdes)...”.
O nomeado Plan, no Plano de Ordenación da Cidade e a súa Periferia (plano 2 N-18). define o solo correspondente á Praza do Inferniño como ZV-1, isto é Zona Verde 1, delimitando unha superficie total de seis mil oitocentos oitenta metros cadrados (6.880 m²).

No Capitulo Terceiro do Título Terceiro do Plan Xeral se regula a ordenación dos sistemas, concretamente no artigo 119 o “Sistema de parques, xardíns urbanos e espazos libres” e no punto 1 deste artigo textualmente di “Comprende os espazos destinados a zonas verdes e espazos libres en solo urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico. Serán de uso público e estarán destinados a parques ou a xardíns para xogo de nenos, recreo dos cidadáns e mellora do ornato público.
Cando fosen de extensión inferior a 5.000 m2 terán a condicións de xardíns.”
E xa por último no Capítulo Octavo do P.X.O.M. reflíctense as normas de urbanización, en cuxa sección terceira se recollen as condicións particulares dos sistemas. O apartado B dedica os artigos 194 e seguintes ao
“SISTEMA DE PARQUES E XARDÍNS”

Quinto.- A normativa recollida no P.X.O.M. de Ferrol establece claramente cal e o destino e, polo tanto, o uso dos bens de dominio público a que se refire o Regulamento dos bens das Entidades Locais.
Da nomeada regulación dedúcese que a Praza do Inferniño, cualificada como “zona axardinada” no PXOM,
non pode ser utilizada para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizo ou análogas.

Por todo o exposto S O L I C I T O :

Que, en base a normativa citada no presente recurso, e como queira que a licenza concedida autoriza o uso dun ben de dominio público que non se axusta a natureza do dominio nin aos preceptos de carácter xeral,
ANULE A RESOLUCIÓN DO CONCELLEIRO DELEGADO DE FACENDA E PATRIMONIO DE DATA 3 DE XANEIRO DE 2008 CON REXISTRO DE SAÍDA 146 e, o antes posible, SEXA TRASLADADA A ATRACCIÓN INFANTIL CHAMADA “PISTA AMERICANA” A UN LUGAR AXEITADO FORA DA ZONA DELIMITADA POLO P.X.O.M. COMO ZONA VERDE 1.


Ferrol, a 16 de xaneiro de 2008


O PRESIDENTE.-


Asdo.- Xosé Manuel SANXOAN CAMAÑO


- SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL .-

11.1.08

Visita guiada ao Centro Cultural TORRENTE BALLESTER


Xunta Directiva da Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, reunida no día de hoxe , INFORMA que o sábado, día 12 de xaneiro ás 6 h. da tarde, convidavos a participar nesta VISITA GUIADA no Centro Cultural TORRENTE BALLESTER para visitar a exposición do Pintor Roberto Gonzalez

As VISITAS GUIADAS están promovidas polas Concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Ferrol que solicitaron a cooperación das Asociacións Veciñais para continuar toda a lexislatura.

Temos un GRUPO de soci@s e veciñ@s do barrio apuntadas para este sábado, animamos ao resto da veciñanza a participar nesta VISITA CULTURAL.

Todas as persoas que desexen anotarse poden chamar ao T. Móbil da Asociación- 649-024612 ou a este correo electrónico.

Ferrol a 10 de Xaneiro de 2008


asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán -Presidente

27.12.07

ACTUACION DO MAGO DANI



O Mago DANI


A nosa Asociación veciñal convida aos máis peques e aos seus familiares cunha actuación infantil como despedida de ano.








Os cativ@s amosaron as súas destrezas.











Un público intrigante ante os pases máxicos do mago Daniel.









Risas e MAXIA formou parte deste espectaculo.








Numerosos veciñ@s asistiron a esta Festa de despedida de ano.





¡¡ FELIZ 2008 !!

25.12.07

FELICIDADES A VECIÑANZA

A Asociación Veciñal

O ROSARIO DO INFERNIÑO

desexa a veciñanza

e cidadanía unhas

FELICES FESTAS DO NADAL

BO ANINOVO 2008


- A Xunta directiva

17.12.07

VISITA DO ALCALDE E CONCELLEIR@S AO BARRIO DO INFERNIÑO



Martes, 11 de Decembro-07 ás 6 , 30 horas da tarde no barrio do Inferniño.-

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, informa que na tarde deste pasado martes-11 as 6 da tarde, o Alcalde e varios concelleir@s , Miguel Reimundez, María López, Xavier Galán , Ramón Veloso, e varios membros desta directiva, fixemos un percorrido polo barrio co fin de achegar ao novo goberno local varias demandas e propostas veciñais.En primeiro lugar amosamos noso enérxico rexeitamento a ocupar e invadir os ESPAZOS PUBLICOS para camións-atraccións de explotación privada , xa que como explicamos ao concelleiro de patrimonio a Praza pertence a todos os cidadáns para o LECER PUBLICO.
Demandamos o desenvolvemento da PRAZA DO RIO DO TRONCO , que leva esta parte da cidade 20 anos de retraso , sendo noso desexo unha urbanización acorde co PXOU.
Manifestamos o malestar da veciñanza polo estado de algunhas PARCELAS PRIVADAS que teñen o deber dun MANTENEMENTO MÍNIMO ou que o concello actúe e denuncie mediante unha nova ORDENANZA DE PARCELAS, para evitar nalgúns casos de verdadeiros puntos incontrolados de lixo e silveiras.
Denunciamos as actuacións dalgúns constructores na falta de cumprimento das normativas de ACCESOS ALTERNATIVOS para os cidadán e redes de proteccións. Tamén as empresas de gas, augas, electricidade adoecen de deixar en estado moi deficiente as rúas e beirarrúas.
Noso maior empeño nestes tempos foi IMPULSAR O PARQUE URBANO DO INFERNIÑO no Palco de Animas para comezar seu desenvolvemento nun vindeiro e cercano futuro.
Informannos que xa hai unha partida orzamentaria de 350.000 € para expropiar as bellas vivendas da Rúa Río Xubia como primeiro paso para comezar a desenvolver este proxecto de PARQUE.
Facemos fincapé en preservar un HUMIDAL NATURAL nesta zona.

Denunciamos o estado da Rua Rio Xubia e Rio Castro o cal demandamos unha actuacion integral nestas zonas.

Co Alcalde , que se incorporou maís tarde por razóns de axenda e entrevista de ultima hora, entramos no Centro Comercial do Inferniño para comprobar o seu estado e falla de funcionalidade comercial, diversos comercios pechados ( alguns da directiva da empresa concesionaria que non poden estar máis de dous meses de inactividade). Comprobamos o incumprimento do PREGO DE CONDICIÓNS e falla da Gardería ou Ludoteca infantil de 250 m2.
Tiveron varios comerciantes a oportunidade de expresar directamente ao Sr. Alcalde varias e contudentes queixas sobre o mal funcionamento, e mala xestión por parte da empresa concesionaria e xerencia posto que non explican dende hai varios anos o estado da contabilidade respecto as cotas de comunidade que pagan e pasan dos 500 € mensuais ate os 9000 €, non prestando servizos e atencións que eles demandan. Manifestan abertamente ao Alcalde que o concello RESCATE a Concesión para que este centro comercial funcione pois para este colectivo de comerciantes conta coas todas posibilidades. O Alcalde explica que hai conversacións con algunha empresa interesada e que de momento está todo en estudo por parte destas.

Comunican que vannos facilitar en concesión provisional UN LOCAL para asi poder exercer nosa actividade, o cal recibimos con satisfacción, significando para nós un certo recoñecemento por noso traballo reivindicativo do barrio.
Queremos rematar que a denuncia do Feirón do Inferniño está todo en proceso e que non é resolutivo nin definitivo o filtrado por un medio de comunicación xa que respecto a presunta teoría do Fiscal non se sostén posto que existen ordenanzas fiscais e ORDENANZA DO FERION DO INFERNIÑO, polo que non podese alegar que non houbo ningún acordo en canto a taxas se refire, continuando coas imputacións os directivos da A. Vv do Ensanche A.

Demandamos da concelleira de prazas de servizos unha remoledación , con equipamento e mobiliario máis acorde e un estudo de iluminación (consumo ecolóxico), pois esta praza é bastante escura , ademais de pedir a supresión do chamado trébol.

Apoiamos a idea e futuro proxecto da concellaría de Deportes da construción dunha NOVA PISTA DEPORTIVA MULTICISPLINAR e distintos usos deportivos.

As cacas dos cans son tamén temas de reclamo para que o concello reaccione cos donos irresponsables e inicie unha campaña informativa dun aparcamento responsable evitando deixar os coches en dobre fila ou enriba das beirarrúas.
Valoramos a visita como moi positiva para todos que ilustra as verdadeiras demandas veciñais manifestadas a través de nosas ASEMBLEAS ABERTAS DE BARRIO.

Ferrol a 12 de decembro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente.

15.12.07

VISITA DO ALCALDE E CONCELLEIR@S AO BARRIO

En cumprimento dos compromisos adquiridos con veciños e veciñas nas distintas Asembleas de Socios e de Barrio celebradas durante estes anos, a Xunta Directiva da Asociación veciñal “O Rosario – Inferniño” realizou este informe que, sen animo de exahustividade, pretende reflectir cal e a situación actual do barrio en relación coa atención que calquera cidadán demanda da súa Administración.





O obxectivo deste informe non e facer unha crítica gratuíta, todo o contrario, preténdese encher de contido o traballo que, entendemos, debe desenvolver calquera asociación veciñal, servir de conexión entre a veciñanza e os poderes públicos, trasladándolle aos últimos as necesidades e inquedanzas dos primeiros e, levándolles a estes as propostas e solucións expostas polos segundos.
Dende esta perspectiva, nunha primeira aproximación, apreciamos unha grave situación de abandono institucional en distintos aspectos do barrio, abandono que consideramos aínda máis grave, se cabe, ao descubrir que para solucionar moitos dos problemas que padecemos non e necesario investimento algún, o simple cumprimento das obrigas de control da administración, vixiando e esixindo o respecto pola legalidade, abondarían para solucionalos.
Neste informe facemos un agrupamento das nosas demandas mais importantes, xa tantas veces repetidas, en catro apartados: URBANISMO, ESPAZOS VERDES E DE LECER, MANTEMENTO E CONTROL E ESPAZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS.

1. URBANISMO

Na década dos anos 40, ao norte da estrada de Castela, comezou a trazarse en Ferrol un novo barrio que os técnicos municipais denominaron “Ensanche Zona A”, e ao que a linguaxe popular chamou “Inferniño”. Un crecemento desordenado protagonizado pola iniciativa privada caracterizou o novo barrio, os constructores edificaban nas parcelas dispoñibles e, logo, os veciños debían dirixirse ao concello para solicitar os servizos (o pavimentado, alumado público, traída de auga, etc...), a única infraestructura pública do barrio era un novo estadio de fútbol. Case 70 anos despois e xa no século XXI, a veciñanza deste barrio continúa pagando o desastroso “urbanismo” levado a cabo neses anos. Un barrio desordenado, excesivamente edificado e poboado e con escasísimas zonas verdes e servizos.
En decembro do ano 2000 o Concello pleno de Ferrol aprobou o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento urbanístico de ordenación integral do territorio, sendo un dos seus obxectivos mellora-los servizos públicos, as infraestructuras, as dotacións, os equipamentos e a urbanización, dende esta Asociación esiximos aos responsables políticos que garantan o escrupuloso cumprimento do citado Plan Xeral, especialmente nas parcelas aínda sen urbanizar como son o Palco das Ánimas e o Río do Tronco, así como nas construccións que se realizan sobre solares ou edificios vellos que se derruban.

Outro dos problemas que preocupa á veciñanza neste ámbito consideramos que é o chamado “feismo urbanístico”especialmente respecto daquelas parcelas ou solares sen edificar que convértense en vertedoiros de lixo ou autenticas “selvas urbanas” niño de toda bichería posible.






2. ESPAZOS VERDES E DE LECER



Como xa quedou exposto, a falta de planificación nos tempos do desenvolvemento do barrio provocou a especulación cos espazos, deixándonos sen zonas verdes para o lecer, resultando que hoxe case que exclusivamente dispomos da Praza do Inferniño como lugar para divertimento e repouso dos nenos e nenas, xoves e maiores deste barrio e de barrios limítrofes que padecen unha situación semellante.
Como se pode entender a afluencia de usuarios cara esta xa emblemática Praza do barrio é enorme e, a pesar dos case 10.000 m de solo que dispón (entre zona verde e deportiva) prodúcese unha constante masificación de xente de todas as idades que impide un goce pleno da mesma. Dende esta Asociación pensamos que aínda que este feito poda responder a diversas causas, a mais importante, sen dúbida, é o deseño totalmente erróneo coa que foi construída (escasa zona de xogos para nenos e nenas, escasos bancos para repouso, un palco sen uso no medio da praza, as zonas verdes elevadas sobre o chan e rodeadas de pedra granítica cortante e perigosa, etc...), polo que creemos que a solución pasa por unha remodelación integral da mesma, remodelación na que a veciñanza deberá participar aportando ideas ou solucións ás propostas dos técnicos para que non volva a acontecer a situación actual.

Pero, conscientes de que un proxecto desta magnitude leva o seu tempo, propoñemos unha serie de medidas que podería mellorar a situación.
Consideramos urxente que o servizo de limpeza aumente a súa presencia na Praza, especialmente os fins de semana, resulta evidente que tan elevado número de usuarios esixe maior limpeza e os domingos carecemos deste servizo.
Resultaría moi positivo recubrir as pedras que rodean as zonas verdes con algún material brando (como a madeira), o cal resolvería dous problemas, reduciría o perigo de lesións e aumentaría considerablemente o número de lugares onde sentarse.
Tamén consideramos urxente a eliminación dun espazo no interior da praza que é popularmente coñecido como “a flor”, xa que o mesmo serve exclusivamente como vertedoiro de lixo, urinario de adultos e pequenos, e agocho para que dalgún drogodependente se administre a súa dose e deixe a xiringa estrada no chan.
Propomos o aumento das zonas de xogo, tanto os dos mais pequenos como os de pre-adolescente, os existentes resultan escasos.

Ademais de todo isto dende esta Asociación propomos a realización, canto antes, dun proxecto integral dun gran Parque Urbano na zona do Palco das Ánimas que vincule os dous parques recollidos no PXOM (PU 14 e PU 19) mediante a recuperación dun humidal que existiu na zona e do que aínda quedan restos. Este parque deberá dotarse con elementos que, xunto coa zona libre proxectada na rúa do inferniño, complemente a saturada Praza do Inferniño. A consecución deste proxecto lograría para o barrio case tres hectáreas mais de espazo de lecer e repouso para goce da veciñanza, saldando así unha débeda histórica coas infraestructuras do Ensanche.

3. MANTEMENTO E CONTROL

Se a situación do barrio non e doada polos motivos xa expostos, empeora cando observamos as consecuencias dos incumprimentos constantes en materia de disciplina urbanística ao respecto da ocupación das beirarrúas por estadas e balados de obras xa que non se respectan as normas establecidas no PXOM.
Tampouco mellora a situación cando observamos o mantemento das roturas producidas nas rúas, beirarrúas e mobiliario urbano. Cando se produce algunha rotura, sexa fortuíta ou polo desgaste propio do paso dos anos, pasan meses e incluso anos antes de que se produza a reparación ou reposición do material, este feito traslada unha imaxe de barrio abandonado tanto á veciñanza como aos visitantes.
A todo isto debemos sumarlle a case inexistencia de pasos de peóns nas rúas do barrio, o permanente estado de ocupación de moitas das beirarrúas por carros estacionados encima delas e, como non, o xeneralizado aspecto de sucidade das rúas, moitas veces provocada polos excrementos dos cans de cidadáns pouco cívicos e insolidarios.
Dende esta Asociación opinamos que moitos deste problemas solucionaríanse con maior control deste feitos por equipos de funcionarios especializados e cunha asignación orzamentaria para o mantemento axeitada ás necesidades dun barrio que medrou á sombra do urbanismo mais especulativo.

Comunicamos as reivindicacións do barrio





ESPAZOS CULTURAIS DEPORTIVOS E DE OCIO

Xa quedou exposto que nos seus inicios a única infraestructura pública do barrio era un Estadio Municipal de Fútbol. Hoxe no espazo que no seu día ocupou o Estadio municipal Manuel Rivera dispomos do Centro Comercial Porta Nova, o Centro Cultural Carvalho Calero, a Praza do Inferniño e unha pista polideportiva descuberta.
Ademais á beira da rúa Río Xubia, no Palco das Ánimas, fai case dez anos e en plena campaña electoral , constrúese o Pavillón Municipal do Ensanche.
A enumeración dos servicios deportivos e de ocio do barrio, Centro Comercial Porta Nova, Centro Cultural Carvalho Calero, pista polideportiva descuberta, Pavillón Polideportivo do Ensanche, aparentan unha gran dotación pública, mais a realidade é completamente distinta :








-CENTRO COMERCIAL.
Respecto deste Centro de titularidade pública en réxime de concesión administrativa, vimos denunciando dende fai mais de dous anos, xunto co Colectivo de Comerciantes Críticos, o sistemático incumprimento do prego de condicións que rexe a relación da concesionaria do Centro Comercial co Concello, incumprimento que provoca o afogamento da actividade comercial e da como resultado un espazo público infrautilizado, coa maioría dos locais baleiros, ben sexa porque nunca foron ocupados ou polo seu peche posterior.
Como xa manifestamos en multitude de ocasións pensamos que o principio da solución ao Centro Comercial pasa polo RESCATE DA CONCESION por parte do Concello para elaborar unha estratexia que permita recuperar a plena actividade do mesmo.


-CENTRO CULTURAL.



Consideramos nesta Asociación que para que un local público sexa merecedor de chamarse centro cultural, deben desenvolverse nel, actividades culturais como a musica, o teatro, conferencias ou exposicións, cando menos con certa regularidade, o cal non sucede no noso centro cultural, que como xa temos denunciado repetidas veces mais parece o local social dunha Asociación de veciños que un centro cultural.
Pensamos que é imprescindible que o Concello asuma a xestión do mencionado Centro Cultural, faga nel as modificacións estructurais que precise e que o inclúa na programación cultural da cidade, aportando así á veciñanza o servicio para o que foi deseñado.


-PISTA POLIDEPORTIVA.

A pista sitúase entre a rúa Inferniño e a Praza do mesmo nome, e foi deseñada como un lugar onde nenas e nenos do barrio podan exercitarse libremente practicando deporte cos amigos e amigas. Mais acontece que dita pista ten certas carencias que a converten, incluso en perigosa.
A zona de xogo atopase moi preto das gradas, que están feitas de formigón, o que supón un risco para os usuarios, ademais non existe ningún tipo de protección para que non escapen as pelotas ás rúas próximas, polo que nenos e nenas invaden con certa regularidade as rúas detrás dos balóns, o que todos sabemos que é moi perigoso e xa por último, a pista atópase absolutamente degradada convertindoa en verdadeiro papel de lixa para os corpos de nenas e nenos, e con grandes fochancas que obrigan aos usuarios a facer carreiras de obstáculos para non caer e torcer os nocellos.

Dende esta Asociación desexamos que o novo Goberno Municipal amose maior vontade que o anterior na atención ás demandas dos cidadáns e esperamos que aposten por unha maior participación cidadá nos asuntos que a todas e todos nos incumben directamente, sendo este informe cas súas formulacións e demandas un exemplo desa vontade.

No Ferrol, a 11 de decembro de 2007.

O PRESIDENTE.-


Asdo.. Xosé Manuel SANXOÁN CAAMAÑO



SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

24.11.07

Reunión co Concelleiro de OBRAS, REHABILITACION E VIVENDA

A nosa Asociación Veciñal, por medio da súa Xunta Directiva, mantivo unha reunión este xoves, día 22 ás 8, 15 horas da tarde co Concelleiro de Obras, Miguel Reimundez , nunha visita ao noso barrio.

Desculpase o Concelleiro polo estado dalgunhas Rúas motivado a falta de recursos económicos do Concello, máis informa que ten unha partida de crédito para poder abordar os baches e arranxos máis importantes.

Seu departamento ten a intención de recuperar a clásica cuadrilla de operarios para obras de menor envergadura, que son moi efectivos contratando en principio 4 traballadores.

Solicita a Participación Cidadá das Asociacións e fainos entrega dunhas FICHAS E PLANOS do barrio para describrir os desperfectos, baches, beirarrúas do barrio, o cal nos ofrecemos, coma sempre, a participar todos os meses.

Tratamos o proxecto do PARQUE URBANO DO INFERNIÑO , pois para esta Asociación é moi importante realizar esta obra e desenvolver definitivamente este Parque vexetal para a infancia , maiores e mesmo impulsar a realización do Humidal natural , pensamos que nun futuro inmediato pode haber boas noticias para comezar este proxecto.

Remata a reunión repasando diferentes temas que afectan a este barrio do Inferniño.

Ferrol a 22 de Novembro de 2007.

A Xunta Directiva.-

20.11.07

COVOCATORIA ASEMBLEA DE BARRIO


CONVOCATORIA ASEMBLEA ABERTA DE BARRIO.

23 de Novembro de 2007.

Benqueridos socios/as e veciños/as do Barrio de O Rosario- Inferniño .- Estades convocados para a celebración dunha ASEMBLEA DE BARRIO para VENRES, día 23 de Novembro ás 7 h. da tarde, no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero , aberta a toda a veciñanza para así debater nos diferentes temas na procura de mellorar o ESTADO ACTUAL DO BARRIO.


Orde do día


1 .- Información do FEIRON DO INFERNIÑO.
Cambio na xestión para o vindeiro ano 2008.

2 .- Informe e situación actual do CENTRO COMERCIAL .-
Denuncia do Colectivo Crítico de COMERCIANTES.
Centro Cultural CARVALHO CALERO.

3 .- PROXECTO DO PARQUE URBANO.

4 .- Información da TARIFA ELECTRICA NOCTURNA.

5 .- VARIOS.-



Ferrol a 17 de Novembro de 2007.



Visto e prace
O Presidente O Secretario



Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO / asdo. Pedro CACHAZA PEREIRO

14.11.07

SAMAÍN - 2007


OBRADOIROS DE CABAZAS NO SAMAÍN 2007






Arranca a XIRA DO MEDO !!












Os nenos e nenas comezan a Marcha do MEDO exhibindo as mellores CABAZAS.







FOTO SAMAÍN 2007









Os nenos e nenas lecen súas CABAZAS.







Disfrutando da Marcha pola Praza.



Pola Praza do Inferniño, na MARCHA DO MEDO .















Ultimos deseños infantís de cabazas.



























CABAZAS DUN GRUPO DE NENOS/AS

Podemos apreciar que cada ano que pasa os nen@s se superan con moita orixinalidade e simpatía.








¡ COLAR DE ZONCHOS !







Un neno ao completo e pola salvagarda das tradicións galegas coa CABAZA e un COLAR DE ZONCHOS.

Parabéns !!

Samain -07















































SAMAIN - 2007













XIRA DO MEDO


Os nen@s camiñan coas súas Cabazas
pola Praza do Inferniño na MARCHA DO MEDO .


FOTO infantil do SAMAÍN-07 , onde os cativ@s son os verdadeiros protagonistas.

















Esta Asociaciación Veciñal, está xa a deseñar o vindeiro Samaín , para que os nenos destes barios disfruten desta festa tradicional.

Saúdos veciñais

A Xunta directiva.-

3.11.07

SAMAÍN - 2007


A Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, CONVIDAVOS a participar na celebración da FESTA DO SAMAÍN-07 este vindeiro VENRES, día 9 de novembro a partir das 6, 30 horas da tarde na Praza do INFERNIÑO.

Comezaremos as actividades os vindeiros días, mércores-7 e xoves-8 , a partir das 6 da tarde cos OBRADOIROS INFANTíS DE CABAZAS para deseñalas coa axuda de vosos familiares.

Para celebrar o MAGOSTO , pensamos na implicación dos propoios
nen@s que axuden aos seus pais e nais en traer a Praza CASTAÑAS ASADAS ou COCIDAS para "CONVIDAR" a seus familiares e amig@s .

Encargamos, especialmente as AVOAS , a confección dos tradicionais COLARES DE ZONCHOS de castañas cocidas.

Haberá a tradicional música de GAITAS e a FOTO SAMAÍN- 07.


Feliz SAMAÍN .


Saúdos.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - presidente

21.10.07

DECLARACIÓNS DA CONCESIONARIA FESUCO

FERROL
A sociedade "Fesuco SL" defende a xestión realizada en "Porta Nova"
A sociedade mercantil "Ferrolterra Superficies Comerciais SL", que actualmente xestiona o centro comercial "Porta Nova" do Inferniño, saíu ao paso das manifestacións da asociación "O Rosario" e dalgúns comerciantes de devandita superficie comercial, sinalando que "non existiu nin existe unha mala xestión do referido centro por parte da mercantil que representan José Benito Cancio del Río e Carmen Pérez Méndez".
A entidade asegura que a actuación da sociedade foi "escrupulosamente diligente, tal e como se pode constatar a través dos servizos do Concello".

REDACCIÓN > FERROL- Con respecto á posibilidade que apuntan os veciños de "pelotazo", a sociedade "Fesuco" sinala que se realiza sen achegar proba ou documento algún" indicando que pode ser ata constitutiva de ilícito penal, polo que os servizos xurídicos desta empresa estudarán as accións legais a exercitar contra os declarantes.
A mercantil indica, ademais, que non é propietaria da superficie comercial do citado centro, é dicir, dos locais libres, polo que dificilmente pode pór impedimentos a terceiros para o asentamento de novos comerciantes e moito menos de empresas de renome.
A "Fesuco SL" non lle consta a existencia dunha investigación sobre o funcionamento do citado centro comercial, polo que asegura que "as manifestacións vertidas respecto diso resultan falsas" por parte da agrupación de comerciantes críticos.
A empresa xestora do centro comercial de Inferniño informa, ademais, de que "ante o cariz que tomaron os acontecementos" debido ás manifestacións dos representantes da asociación de veciños do Rosario e dalgún comerciante do centro comercial Porta Nova resérvase o exercicio da accións penais e civís que puidesen corresponderlles.

Diario de Ferrol.-

17.10.07

CENTRO COMERCIAL DO INFERNIÑO

EDITORIAL: PORTA NOVA

Que algo non vai ben no centro comercial Porta Nova, non é nada novo.
Nin a súa boa localización, situado a beira dun centro cívico e dunha praza moi concorrida, nin o crecemento do barrio do Inferniño, foron nunca suficientes para convencer a novos empresarios de que se instalen nel.
Agora, xorde un colectivo contrario á actual xestión do centro e pide ao Concello que investigue que é o que pasa.
Hai que facer algo para promocionar un dos poucos centros comerciais que ten a cidade.

Diario de Ferrol.-

16.10.07

REUNION DA NOSA ASOCIACION - COMERCIANTES CO CONCELLEIRO DE PATRIMONIO E FACENDA.


O Concello abrirá unha investigación sobre o centro comercial de Porta Nova .

A boa localización do centro comercial Porta Nova, o crecemento poboacional do barrio do Inferniño e as instalacións dun centro cívico e unha concorrida praza pública nos arredores non parecen suficientes para que os establecementos comerciais saian adiante e instálense novas firmas nos locais baleiros.

Así, xorde un movemento de comerciantes críticos coa xestión de Porta Nova, que solicitan ao Concello que investigue posibles irregularidades e que relance un espazo con posibilidades de futuro.

O concelleiro de Patrimonio, Ramón Veloso, comprometeuse a solicitar os informes pertinentes e a investigar a xestión co fin de detectar os problemas e promocionar Porta Nova .

REDACCIÓN > FERROL

O centro de Porta Nova está infrautilizado e pouco potenciado como local comercial
- DANIEL ALEXANDRE

O funcionamento do centro comercial Porta Nova continúa preocupando tanto aos comerciantes do propio espazo como aos veciños da zona.

Por esta razón, a asociación veciñal O Rosario-Inferniño e unha comisión de comerciantes de Porta Nova mantiveron unha reunión co concelleiro de Patrimonio, Ramón Veloso, na que denunciaron o seu estado actual.

No encontro, manifestouse ao concelleiro a preocupación pola cantidade de locais comerciais baleiros e, xa que logo, en desuso neste centro e fíxose partícipe ao concelleiro da área do que consideran unha mala xestión da empresa concesionaria e a xerencia.

Os comerciantes denuncian irregularidades, falando ata de "pelotazo", algo que consideran impropio dun centro en concesión pública para a explotación comercial, polo que cren que o Concello ten que esixir a máxima transparencia.

Tamén critican que non existe contabilidade interna, á que se está obrigado, polo que os comerciantes que achegan as súas cotas de comunidade carecen de información e fiscalización "nunhas obrigadas asembleas que nunca se convocan", explican os afectados.

O colectivo crítico de comerciantes asegura que se pon obstáculos á entrada no centro comercial de novas firmas de "contrastado renome" e que poderían impulsar o comercio.

Ante esta situación, os comerciantes e os veciños integrados no Rosario solicitan ao Concello que investiguen se existen irregularidades graves e, de confirmarse, reclaman ao Concello o rescate e que se publicite de novo a concesión.

Segundo explican desde a asociación veciñal O Rosario, o concelleiro de Patrimonio manifestou que se vai a abrir unha investigación e que se está interesado en que o centro comercial Porta Nova do Inferniño funcione "en clave de explotación comercial".

Informes > Deste xeito, Veloso solicitará informes técnicos, urbanísticos e xurídicos do Concello para relanzar un centro que, en opinión dos asistentes ao encontro, ten todas as condicións óptimas para un notable funcionamento motivado pola súa privilexiada situación, cunha poboación de máis de 30.000 veciños nos barrios próximos.

A entidade Veciñal O Rosario apoia publicamente as demandas do colectivo de comerciantes críticos coa concesionaria e a xerencia e manifesta que "calquera variación e actuación do edificio do centro comercial debe estar dentro dous actuais límites sen que afecte de ningunha maneira á praza pública do Inferniño".

Diario de Ferrol.-

10.10.07

PROPOSTA DE CAMBIO DE NOME DO "CEIP IBAÑEZ MARTÍN"

A AVV do Rosario pide que se cambie o nome do CEIP Ibáñez Martín .

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario, do Inferniño, acordou solicitar do Consello Escolar e da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que se cambie o nome do CEIP Ibáñez Martín, un centro que comezou a súa andaina educativa en "pleno réxime ditatorial franquista" (no ano 1948) e ao que se lle deu o nome do que entre os anos 1939 e 1951 foi ministro de "educación nacional", segundo recordan desde a entidade veciñal.

"Máis de 30 anos despois dá morte do ditador, ou decano dous centros educativos de ensino infantil e primario dá nosa cidade continúa homenaxeando co seu nome a este sinistro personaxe", apuntan, polo que piden que se cambie por outras alternativas que eles mesmos propón.

Propostas .- Entre estas alternativas, figuran tres nomes: o da científica ferrolá e precursora na investigación oceanográfica española, Ánxeles Alvariño;
o de Antón Paz, que fose presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra, acérrimo loitador do ensino público na comarca e que faleceu o pasado ano -"dándolle ou seu nome homenaxeariamos valóresvos de solidariedade, altruísmo, e traballo na defensa do ensino público", sinalan desde a asociación-;
e o de Recimil, por ser este o barrio no que se sitúa o mencionado colexio.

A mencionada entidade veciñal considera que ten "o dereito e a obriga a participar nos asuntos escolares" do Ibáñez Martín ao ser este o centro que, segundo o mapa escolar do Concello de Ferrol, corresponde ás familias do Inferniño, zona de actuación preferente desta asociación de veciños.

Diario de Ferrol.-

6.10.07

COMEZA OS OBRADOIROS INFANTIS "SABACTIVOS"

Comezan no Carvalho Calero os obradoiros para nenos Sabactivos.

Os rapaces de entre tres e doce anos poderán acudir desde hoxe e ata o vindeiro 29 de decembro ó centro cultural Carvalho Calero. Alí, de 11.30 a 13.30 horas, lévanse adiante os Sabactivos, unha proposta da Concellería de Benestar, dirixida por Beatriz Sestayo, coa que se quere ofrecer un espazo de ocio cultural e educativo ós pequenos.

FERROL
As actividades serán gratuítas e estarán dirixidas por monitores especializados.
Inclúe xogos cooperativos e populares e talleres de teatro, cociña, música ou cor.
Os rapaces poderán tamén xogar coa plastilina e facer pendentes e colgantes, ademais de practicar expresión dramática e fotografía.
Dentro da programación destes Sabactivos inclúense tamén sesións de contacontos e a celebración de festas populares propias do outono como o magosto, a vendima ou o Samaín.
Tamén se festexará o fin de ano.
Na posta en marcha deste programa colabora co Concello a empresa Coca-Cola.
Diario de Ferrol .-

CENTRO CÍVICO ANEXO AO CARVALHO CALERO

Obras estuda ampliar o Carvallo Calero cun edificio anexo que albergará o centro cívico do barrio

Directivos da asociación de veciños O Rosario Inferniño reuníronse esta semana cos concelleiros de Obras, Miguel Reimúndez, e Tráfico, Gerardo López.

Reimúndez, segundo explicou a asociación, propuxo a ampliación do centro cultural Carvallo Calero.

O proxecto consistiría na construción, na parte posterior do mesmo, dun pequeno inmoble anexo destinado a albergar o centro cívico do barrio.
Desa forma a totalidade do edificio podería destinarse á función orixinal para a que foi levantado.

O edil tamén se mostrou disposto á materialización «inmediata» do proxecto de parque urbano para os espazos denominados PU 14 e PU 19 no plan de urbanismo.

Reimúndez considerou moi probable que se destine unha partida orzamentaria a esa obra nas contas do ano 2008, que segundo os veciños é «prioritario para ou departamento de Urbanismo».

O parque é unha demanda da asociación veciñal desde hai xa anos.

La Voz de Galicia .-

NOVO CENTRO CÍVICO PARA O BARRIO DO INFERNIÑO






O Concello valora a construción dun novo centro cívico no Inferniño.


O concelleiro de Obras, Miguel Reimúndez, mantivo unha reunión coa Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño na que se abordaron diversas propostas para o barrio que foron ben acollidas pola entidade.


Entre estas atópase a construción dun centro cívico para asociacións.

O lugar proposto para este novo inmoble sería a parte posterior do centro - Rúa Inferniño con rúa Río Mera-, onde existe un espazo público infrautilizado.


O concelleiro de Obras, Miguel Reimúndez, expuxo aos representantes veciñais que se está valorando con respecto a este espazo o deseño dunha ampliación do centro Carvalho Calero, que suporía a construción dun pequeno edificio con funcións de centro cívico para o barrio.


Deste xeito, o centro cultural destinaríase ao uso orixinal para o que se deseñou.

A proposta foi considerada como unha boa idea por parte da A.Veciñal O Rosario-Inferniño, que manifestou o seu interese de estar puntualmente informada deste proxecto, para poder así trasladar toda a información á cidadanía e que desde o barrio opínese sobre o proxecto.

O futuro parque urbano previsto para a zona de Palco de Ánimas foi outra das cuestións debatidas e para as que o concelleiro de Obras anunciou que moi probablemente contará cunha partida orzamentaria no documento económico de 2008.


Desde a entidade veciñal destacouse esta noticia como "moi positiva" para os intereses do barrio e concertou, para ese efecto, unha entrevista co concelleiro de urbanismo para tratar o asunto.

Esta zona verde é unha demanda da entidade que aposta por un parque urbano, proxectado nun concurso de ideas polo Colexio de Arquitectos.

Outra das cuestións abordadas na reunión foi a relativa ao descontrol existente con respecto á ocupación de beirarrúas e rúas cando se constrúen edificios ou se realizan reparacións.
Os veciños piden que se cumpra a legalidade en relación aos balados e ás proteccións para peóns, á vez que critican a deterioración dalgunhas rúas e beirarrúas como Río Castro ou Río Xubia.

Como se explicou desde a entidade, o concelleiro informoulles de que se está especializando un grupo de axentes en temas de disciplina urbanística para que canto antes comécese a reconducir a situación, esixindo aos promotores e construtores o escrupuloso cumprimento da normativa.

Tamén lles indicou que se están preparando equipos PDA co softwear adecuado para que os técnicos municipais percorran as rúas localizando danos e necesidades nas infraestruturas dos distintos barrios.

Diario de Ferrol .-

1.10.07

MANIFA DO DINIDADE DO 30 DE SETEMBRO EN FAVOR DA RÍA DE FERROL.








Manifestacion 30 de Setembro'07 -





PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!



Un novo pulso a REGANOSA coa cidadanía na rúa



Apesar dunha mañá chuviosa, os ánimos non decaeron e o día tornou-se claro a partir das once da mañá. Os elementos deron-nos unha tregua e a manifestación puido coller cor e esplendor.


A Asociación Veciñal de Ferrol Vello, engalanou a súa fachada con bandeiras da dignidade, e a música saía das xanelas do local social, animando a concentración que enchia o paseo do porto ferrolán.


A xente aproveitaba para comprar as chapas, camisolas vermellas e bandeiras nos postos do Comité Cidadán. Muitas foron as persoas que secundaron a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


O Porto de Ferrol tinxido de cores, mais o vermello, da bandeira da dignidade, predominaba en todo o percorrido até a Praza do Concello. Multitude de persoas berrando consignas contra a planta de gas de REGANOSA.

A Praza do Concello ateigada de xente; multitude de faixas e bandeiras; as primeiras palabras de Luz Mariña, portavoz da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos; ánimos e chamadas a continuar a loita contra o despropósito gasístico; a convizón de ter a razón, é a nosa forza.

Montse Garel foi a encarregada de leer un longo comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia, rematando a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados.

Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.


”PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

A mobilización contou cun importante apoio de movimentos cidadáns doutras partes do País que sofren a agresión medioambiental e a paranoia do productivismo a toda consta, nun mundo de recursos limitados.


A manifestación, contou nalgúns casos con nutridas representacións de colectivos como os da defensa do Courel; os da comarca do Ribeiro; os de Oseiro-Arteixo; os da Ría de Arousa, da de Vigo e da Ría de Pontevedra; os das Encrovas-ALousa-Cerceda; os da Merza-Vila de Cruces; ...

O apoio e presencia na manifestación foi moi importante de grupos comprometidos coa causa, a veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos e a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"; a nosa Plataforma Ártabra 21; ecoloxistas de diferente cor ADEGA, VERDEGAIA, GREENPEACE...; anarquistas e libertar@s reivindicando a "DEMOLIZÓN DO REGANOXO"; independentistas sinalando "CULPÁVEIS e RESPONSÁVEIS"; asociacións veciñais de toda a comarca; Esquerda Unida e as concelleiras e concelleiros do seu grupo municipal; militantes socialistas, comunistas, nacionalistas, de CCOO; ... a USTG; ... a CIG-SAÚDE e da oposición sindical a REGANOSA; ... A Cofradía de Pescadores; colectivos culturais como a Fundaçom Ártabria e A.C. Fuco Buxan; ... e a música puxeron-na a charanga AGresca de Cerceda e A Revolta de Trasancos.


Seguro que quedan colectivos e entidades varias por nomear, quen se sinta agraviad@ que envie un correio-e e @ nomearemos.

Con esta manifestación o movimento cidadán, botou un novo pulso a REGANOSA que conta con complicidades institucionais, políticas e sindicais aos que non lles importa traizoar os intereses da cidadanía.


O movimento popular ten que facer fronte a grandes poderes políticos e económicos que contan cunha importante cobertura e apoio mediático. Polo que nos queda facer un grande esforzo de información e concienciación da cidadanía, dicer, convencer, de que NUNCA É TARDE, para defender a Ría, a seguridade e a vida que podemos virar-lle o pulso definitivo a REGANOSA, con unidade, organización e loita.Agora cumpre reunir-se, para avaliar o feito e o estado da situación, preparar un novo calendario de actividades e mobilizacións.


O Comité Cidadán de Emerxencia ten que poñer-lle data a Asemblea Cidadá.

Plataforma Ártabra21 .-