28.11.15

Teatro Oquetiqueiras - 27 Nov-2015 .-

- OQUETIQUEIRAS TEATRO -
 
 Estrea da obra teatral SELFIE no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado venres, día 27 de novembro, dentro do programa FERROL ESCENA-2015 da concellaría de cultura de Ferrol.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



- OQUETIQUEIRAS TEATRO -


- Saúdos .-

26.11.15

TEATRO - Carvalho Calero - venres-27



 
 


 - OQUETIQUEIRAS - TEATRO -




Esta Xunta directiva da Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, convida a veciñanza a unha obra teatral "SELFIE" do Grupo Teatro Bazán "OQUETIQUEIRAS" este vindeiro venres-27 de novembro ás 20 horas no Centro Cultural Municipal Carvalho Calero aberto a toda a cidadanía.


 

Esta actuación corresponde a programación cultural Ferrol a Escena-2015 da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol e organizado por esta Asociación veciñal do Inferniño.


 
Saúdos


- A Directiva.-

 

11.11.15

Solidariedade ANPA Recimil.-


O Inferniño reclama as dúas unidades de

tres anos do colexio de Recimil.-

  Traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA.-

   La Voz Ferrol.
   11 de novembro de 2015.     

Publicidad
  A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño traslada o seu apoio ás familias e ao ANPA do colexio de Recimil «pola súa determinación na defensa dás unidades educativas de infantil de 3 anos e denunciar ou agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa». Reclaman á Consellería de Educación que devolva ao centro as anteriores dúas unidades e os medios educativos.
 
- La Voz de Galicia .-
--
 

Recortes ensino público -CEIP Recimil.-



    RECORTES ENSINO PÚBLICO – 
 
           Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño, manifestamos o noso apoio as familias e ANPA       do Colexio RECIMIL pola súa determinación na defensa das unidades educativas de infantil de 3        anos  e denunciar o agrupamento de alumnado coa conseguinte perda de profesorado e calidade educativa.  Esta Xunta directiva entende que as medidas adoptadas pola Consellaría de Educación son continuación das políticas de RECORTES da Xunta de Galicia, quedando xa demostrado o dano causado ao Ensino público. 
  •             Nos sumamos as denuncias da ANPA RECIMIL xa que estas medidas da Administración afectan a  parte da veciñanza e soci@s da Asociación deste barrio do Inferniño por ser a zona de influencia educativa infantil pública. Lembramos que esta Asociación veciñal  ten nas súas reivindicacións a defensa do ensino público de calidade e universal e a sanidade pública polo que continuaremos a denunciar estas políticas de RECORTES como a principal causa de degradación na calidade educativa pública.
     
                A decisión da Administración galega de eliminar un grupo de alumnado de 3 anos, agrupando a todos nunha única unidade,  significa a supresión de profesorado e medios de apoio polo que esta decisión da Consellaría vai a perxudicar claramente a calidade educativa do ensino público.
     
                Expresamos a nosa solidariedade e comprensión coa Xunta Directiva da ANPA RECIMIL e as/os representantes de NAIS e PAIS do Consello Escolar do centro pola decisión de presentar as súas  DIMISIÓNS en bloque motivado a falta de apoios nas súas reivindicacións por parte da dirección deste CEIP RECIMIL.
                Esta Asociación veciñal do Inferniño, pide unha RECTIFICACIÓN da Consellaría de Educación e da Dirección do CEIP RECIMIL co obxecto de devolver ao centro as anteriores dúas unidades de educación infantil de 3 anos e medios educativos.
     
                Ferrol, a   de novembro de 2015.-
  • A directiva .-



--