23.8.14

Obras Centro Comercial.-

A fachada de Porta Nova mostra

o novo recubrimiento de aluminio

A colocación de paneis de aceiro permitiu reabrir a entrada traseira

2 votos
Obreiros traballando na retirada das lousas, e á esquerda, a entrada traseira c. ANXO MANSO
O exterior do centro comercial Porta Nova mostra xa o avance das obras urxentes aprobadas polo Concello para garantir a seguridade da súa fachada. Da maior parte do seu perímetro desapareceu o revestimento, que caera parcialmente nunha fachada lateral e ameazaba con causar novos derrubamentos. E ademais, xa é visible a nova solución funcional e estética que recubrirá o muro exterior: unha serie de paneis de aluminio ventilado que se poden apreciar nun tramo central da fachada traseira. A actuación permitiu reabrir ao público a entrada secundaria que o centro comercial ten cara á rúa río Mera, cuxo peche provocara numerosas queixas dos establecementos polo descenso de clientes que, aseguran, levou esta medida.
A normalidade volveu, relativamente, nese sentido, aínda que a contorna se atopa envolvido en obras. Un valo segue acordoando o perímetro do inmoble. E ademais, os obreiros continúan subidos ás estadas, a pesar de ser agosto. Os apontoamentos aínda sosteñen a parte da fachada onde non se retiraron as lousas de granito do peche exterior que corrían risco de desprenderse.
Fin da execución no outono
O Concello aprobou a realización destas obras de urxencia o último día de xuño. Iniciadas ao longo de xullo, teñen un prazo de execución de catro meses, polo que a fachada debería quedar renovada este outono. O Concello destina á intervención un orzamento de 374.000 euros.
Estes traballos chegan despois das tarefas de urxencia acometidas en maio, ás poucas horas de que parte da fachada exterior que dá á avenida de Viveiro viñese abaixo en plena noite.
-La Voz de Galicia.-

Banda municipal de Música- Día de Galicia.-


27 Xullo-2014

- Banda Municipal de Música -

- Praza do Inferniño -

- Celebración do Día de Galicia -
















































- Feliz DÍA DE GALICIA .-