24.7.14

DÍA DE GALICIA- Banda Ferrolá de Música .-





A Asociación veciñal O ROSARIO – INFERNIÑO, organiza e convida a toda a veciñanza a escoitar a Banda Ferrolá de Música Municipal este vindeiro domingo, día 27 de xullo ás 12 horas na Praza do Inferniño en colaboración coa Concellaría de Cultura deste Concello de Ferrol.
 
Esta magnífica Banda Ferrolá de Música municipal do concello de Ferrol está dirixida por Narciso Pillo que nos ofrecerá un concerto cun repertorio variado de música. Contaremos cun servizo de asentos para a cidadanía.
 
 
Este acto de celebración do DÍA DE GALICIA neste 25 de Xullo, expresamos a nosa lembranza a cidadanía que pasa por momentos de desigualdade e desesperanza, demandamos  novos tempos de xustiza social, laboral e económica para todos/as. 
 
 Espereramosvos na parte central desta Praza do Inferniño co fin de deleitar a cidadanía cun concerto de música galega e xeral nesta sinalada data.

 


- Saúdos .-

- A directiva.-

23.7.14

1º Aniversario accidente Alvia-Angrois - Homenaxe.-





   Esta Asociación Vecinal O Rosario-Inferniño, nos sumamos a homenaxe das asociacións de vítimas e familiares do accidente do Alvia en Angrois neste primeiro aniversario do fatal accidente que nunca debeu de producirse, xa que consideramos existen medios tecnóloxicos suficientes para evitar estas situación

   Expresamos a nosa lembranza e solidariedade con todas as vítimas do accidente do Alvia, asi como as familias afectadas desta comarca de Ferrol, lugar de destino final ao que nunca chegou.

  Neste primeiro aniversario, demandamos de todas as administracións públicas, sexan escoitadas as peticións das familias afectadas que demandan XUSTIZA, RESPONSABILIDADES e REPARACIÓN.


 
Ferrol, a 23 de Xullo de 2014.-


 
- Xunta directiva.-
 
 

Partido Xudicial Ferrol.-





   Esta Asociación veciñal do Rosario-Inferniño acordou a nosa ADHESIÓN a esta Plataforma do Partido Xudicial de Ferrol para defender os DEREITOS da cidadanía que son conculcados pola administración do estado e o Ministro de Xustiza.

   Esperamos a retirada deste proxecto de lei de Partidos xudiciais, Lei Rexistro Civil e futura Lei do ABORTO por que son un despropósito  que atenta contra os intereses cidadáns e a administración da Xustiza.

   Esta Xunta directiva pide a DIMISIÓN do MINISTRO DE XUSTIZA - Sr.Gallardón- xa que representa un atranco e unha rémora política para a sociedade civil.



- A directiva .-

--

Oficina Igualdade de xénero da Universidade.-

 
 
Galardonado un traballo da Oficina para a
 
Igualdade de Xénero da UDC.-

 
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 11 Julio 2014 - 01:21 h.
Comparte:



A profesora da EPS, Ana Jesús López, é a directora da OIX j.m.
 

 
 
O traballo elaborado desde a Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Muller Traballadora (8 de marzo) vén de ser galardoado coa súa selección a
                                                   
participar na final estatal do certame Ciencia en Acción –convocado entre outros organismos polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)–, que terá lugar do 3 ao 5 de outubro en CosmoCaixa, Barcelona.

   O equipo da UDC, coordinado pola directora da OIX, Ana Jesús López Díaz, e no que tamén participaron os bolseiros Alba Queija, Alexandra Vila e Diego Rodríguez, consistiu na creción dunha páxina web titulada "En procura da igualdade" na que se volcou todo o material elaborado con motivo da exposición "As mulleres nas bibliotecas da UDC", na  que se ofrecía unha achega ao traballo desenvolvido por mulleres en diferentes áreas e profesións coa finalidade de visibilizalas.

   O traballo foi seleccionado na categoría de "Ciencia, Ingeniería  Valores". Na cita de Barcelona, o grupo da institución académica herculina terá que defender o seu proxecto xunto co resto de participantes. Todos loitarán por ser o elixido para acceder á fase europea do certame, a celebrar o vindeiro ano en Londres.
 


 





 
                                     
 

 

8.7.14

Foto Alén de Ancos.- Inferniñofolk-2014.-



INFERNIÑOFOLK-2014
 


Actuación do Grupo de música folk ALÉN de ANCOS no Centro Cultural Carvalho Calero este pasado 28 de xuño de 2014


 


 
 
 
 

1.7.14

Obras Centro Comercial .-


O Concello dá catro meses de prazo

para repor as fachadas de Porta Nova

A xunta de goberno deu onte luz verde ao proxecto básico e de execución e ao plan de seguridade

         
Na foto, tomada onte, vista do centro Porta Nova. anxo manso
ADVERTISEMENT
O Concello de Ferrol completará as obras de urxencia no centro comercial Porta Nova cunha reposición de fachadas da instalación de titularidade municipal, construída hai vinte anos. A xunta de goberno deu onte luz verde ao proxecto básico e de execución e ao plan de seguridade e saúde para acometer os traballos, declarados de urxencia, «e cos que se porá fin á falta de mantemento e conservación que presenta ou centro practicamente dende a súa apertura».
O proxecto completará os traballos de urxencia realizados xa en maio polo desprendemento de parte da fachada e que consistiron en desmontar a folla exterior da parede do centro que está orientada á avenida de Viveiro.
Solución «rápida»
 
O edil de Urbanismo, Guillermo Evia, explicou que os traballos aprobados onte suporán, basicamente, a retirada das follas exteriores da fachada de Porta Nova substituíndoas por paneis de aluminio, unha solución que o concelleiro considera a máis rápida, limpa e estética.
O Concello destinará 374.374 euros a estas tarefas, que teñen un prazo de execución de catro meses. Deste xeito, o goberno municipal sinala que garante «a seguridade do centro comercial do Inferniño» e segue adiante coa súa iniciativa «para relanzar estas instalacións, para conseguir que sexan un punto de dinamización do barrio de Ensanche A».
 
Desde o Concello conclúese sinalando que «cómpre lembrar que ou executivo local ten dado pasos para retirar a xestión de Porta Nova ao seu concesionario, así como para recuperar os locais baleiros de actividade».
 
- La Voz de Galicia.-