15.5.14

Sanidade pública - FERROL- 14 maio-2014




Mobilizacións no Hospital Arquitecto Marcide da área sanitaria de Ferrol este 14 de maio.







--
---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol




 

Reivindicacións dos traballadores do Naval



O naval pasea as súas reivindicacións

pola ría de Ferrol

Traballadores dos estaleiros secundan unha marcha a pé por catro municipios para «desmontar os globos sonda» para o sector

Escrito por:
Ferrol  15 de maio de 2014                                            
          
PROPIAS       
ADVERTISEMENT
Os traballadores do naval ferrolán iniciaron ás doce da mañá unha camiñada que lles levará por catro municipios da ría para mostrar á cidadanía as súas reivindicacións e criticar publicamente os «globos sonda» para o sector, que se concretaron nas últimas semanas con anuncios para a fabricación de varios buques que aínda non teñen data de inicio.
 Os operarios partiron da antiga Bazán e reuniranse cos da antiga Astano en Fene, desde onde continuarán a marcha por Neda e Narón, onde xantarán. Posteriormente, iniciarán o regreso a Ferrol pola estrada de Castela.
 
Ataviados con camisetas reivindicativas de carga de traballo e a maioría protexidos do sol con viseras -algún incluso con paraugas- os operarios reclaman que o Goberno fixe o arranque da obra do Buque de Acción Marítima (BAM) prometido pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e que a dirección de Navantia informe sobre as posibilidades de novos encargos, como os dous barcos butaneros de Repsol.
 
Ignacio Naveiras, portavoz do comité de Navantia Ferrol, cualificou de «lastimoso e penoso» o papel dos responsables da compañía pública, apartados dos anuncios públicos dos posibles contratos.
 

- La Voz de Galicia.-


Centro Comercial sen recepcionar e irregular.-


O edificio de Porta Nova está sen

recepcionar despois de 20 anos.

O alcalde alude a «problemas urbanísticos»

para os que busca solución.

Escrito por:
rocío pita parada
ferrol / a voz  15 de maio de 2014                                            
          



Iniciadas as obras de urxencia. A firma Hiperdeco comezou a colocar apontoamentos laterais para asegurar as paredes adxacentes á máis danada, desprendida parcialmente. A demolición cortando o muro exterior que dá á avenida de Viveiro custará 30.000 euros e prevese que finalice en días. Despois haberá que actuar en todo o perímetro, por un importe total de 326.000 euros. césar toimil
ADVERTISEMENT
Os problemas crecen no centro comercial Porta Nova. Case vinte anos despois da súa apertura, o edificio municipal está sen recepcionar polo Concello. É dicir, o Concello nunca chegou a realizar o trámite de verificación para comprobar se o inmoble se executou ou non de acordo ao recollido no proxecto e aos requirimentos municipais. Así o confirmaron fontes de goberno local e admitíao tácitamente o alcalde, José Manuel Rey: «Sei que hai problemas urbanísticos. Entendo que non está recepcionado». Con todo, o rexedor non soubo concretar cales son eses obstáculos nin por que no seu momento -o centro comercial comezouse a construír en 1994 e abriuse en novembro de 1995- a administración local non chegou a recibir a obra dun edificio municipal. Pero si asegurou que o seu equipo «está a traballar» para resolvelo.
 
Esta circunstancia non impediu que en todo este tempo o Concello teña actuado libremente nun edificio da súa titularidade. Preguntado sobre se o Concello reclamará responsabilidades por defectos construtivos no inmoble, tras o derrubamento parcial dunha fachada o pasado martes, argumentou que «non é a cuestión máis importante pedir responsabilidades por algo que se produciu hai anos».
 
Algunhas fontes aluden a que o centro comercial se atopa nunha situación urbanística «irregular» e «fóra de ordenación» con respecto ao plan especial que permitiu a construción da praza, do centro comercial e do aparcadoiro subterráneo na parcela que ocupaba o estadio Manuel Rivera. Estes problemas bloquearían sacar de novo a concesión a xestión de Porta Nova, rescatada polo actual goberno local.
 
Con todo, o concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, nega calquera irregularidade. E defende que o edificio cumpre co plan especial e o PXOM. «O único problema que hai é construtivo», defendeu en referencia ás deficiencias no muro exterior da fachada.
 
No entanto, sinalou que para intentar revitalizar o centro comercial proponse un novo deseño e unha posible remodelación dos espazos para aumentar a superficie, sempre ata o límite permitido, que podería requirir a modificación de volumes e unha modificación do plan xeral. Aínda que «se altere ou non a superficie, o máis lóxico é modificar o plan especial», dixo o edil.
 Evia incidiu en que o interior do edificio non corre risco algún.

- La Voz de Galicia.-


-- 

14.5.14

Derrubamento no Centro Comercial.

 
 
 
Derrumbe no centro comercial Porta Nova.-
 
 
  Dende a Asociación veciñal O Rosario- Inferniño expresamos  a nosa preocupación ante o derrubamento exterior da parede lateral da Avda. de Vivero do Centro Comercial Porta Nova.

 Esta Asociación vecinal ven a denunciar dende hai máis de 7 anos a mala xestión deste centro comercial por parte das concesionarias máis a despreocupación e desidia da maioría dos gobernos municiapais.

   Pensamos que xa no ano 1994 houbo unha moi mala xestión pola adxudicación das obras a empresa GEPERSA responsable desta construcción, a cal foi rescatada con posterioridade e posterior adxudicación a concesión a empresa FESUCO, encargada desde o ano 1999 da xestión deste espazo comercial integrado por máis dunha vintena de establecementos, a cal acabou en concurso de acreedores e posterior RESCATE da concesión tal e como demandábamos públicamente ao Concello de Ferrol con débedas de 500.000 € .

Nos sumamos as denuncias socias e demandamos do concello de Ferrol que interveña  e realice os estudos urbanísticos pertinentes sobre este edificio e actúe en concecuencia ante o risco de máis derrubamentos.

Esperamos que o goberno local responda con unha resolución responsable e faga os estudos necesarios e contrastados que valoren  a verdadeira situación real deste centro comercial e actúe en consecuencia.


Saúdos


a directiva .- 



--

Obra Teatro Calavera.- O Reino dos fantoches -

 
 
 
- LETRAS GALEGAS -
 
- Grupo Teatro CALAVERA -
 
- O REINO dos FANTOCHES -
 

 
Obra infantil de teatro " O Reino dos fantoches" este pasado
venres, día 9 de maio no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Saúdos .-
 
 
 

6.5.14

" O REINO DOS FANTOCHES" - TEATRO CALAVERA .-


 
 
- LETRAS GALEGAS - 2014 - 
 

Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, celebra un ano máis as LETRAS GALEGAS que este ano homenaxea ao escritor Xosé M. Díaz Castro. Convidamos ao público infantil e as súas familias a una función de Teatro para nen@s "O REINO DOS FANTOCHES", da compañía  "CALAVERA" no salón de actos do Centro Cultural Municipal Carvalho Calero este vindeiro Venres, día 9 de maio, ás 19 horas.
 

INFORMACIÓN DO ESPECTÁCULO ' O REINO DOS FANTOCHES'

 
  DO GRUPO: TEATRO CALAVERA
     

Duración aproximada da actuación   -  50 Minutos.                 
     

 
Sinopse:
Atención! Moita atención! Porque agora mesmo vai dar comezo a representación. Ssshhhhh! Quedos todos, caladiños, ssshhh! Cos ollos postos aquí. Pois vai dar comezo a historia xamais contada dun Rei Farfantón e dunha Princesa moi fachendosa que, por culpa das súas fantochadas foron perder o tesouro real quedando na máis absoluta pobreza... Pero non vos preocupedes porque Pecas, o tesoureiro xeneral, levará a cabo unha aventura desesperada para salvar o tesouro, e atravesará os bosques guiado polos fermosos cantos dunha Fada... Con moito gusto, desexando que vos guste, preséntovos a nosa obra: O Reino dos Fantoches!

 

 
 
NESTE ESPECTÁCULO PARTICIPAN: JOSE LUÍS LÓPEZ "SACHA", ÓSCAR RODRÍGUEZ, IRENE AMADOR, RAÚL GONZÁLEZ, LUIS G. RAMOS E MARIÁN REI.

 
    -  Breve historial do grupo -
   
 
Teatro Calavera nace en 2013 dentro da Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, co obxectivo de investigar a redor da narración oral e teatro destinado ao público máis novo. Procura ofrecer espectáculos versátiles que se adapten á maior parte dos espazos. Os espectáculos teñen por costume ser de creación colectiva, buscando temas que axuden ás nenas e aos nenos na súa educación, estimulando valores positivos (igualdade, traballo en equipo...)
Apostamos pola aprendizaxe a través do xogo, da acción e do humor.
Tamén buscamos a interacción co público, animando a que as nenas e os nenos se expresen e participen levados pola fantasía.
 
 
-------
 
 
- Xosé María Díaz Castro .-
 
O Homenaxeado das Letras Galegas-2014, Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989) , poeta de Os Vilares de Parga , Guitiriz  -  Lugo -
 
 

 

- Saúdos .-